jueves, 28 de junio de 2007

Xogando coas olas

Mirade o video que me acaba de pasar David.

É en Zarautz, pero si fose Fisterra, Muxía ou algún sitio de por aquí tede por seguro que eses dous seríamos David e eu... jejej, co que nos mola facer esas toleiradas...

Xa nos imaxino:

- Mira David vaia olas...
-Si tio...
- Molaba poñerse aí eh..
-jeje... ui..tas pensando o mesmo ca min?
- si, jeje
- Vamos?
- Va!
- si vas ti vou eu!
- vamos, pero así en gallumbos!
- jejeje (este "jejeje" xa sería David polo aire)
-Iujuuuuu (e este eu)

Alguén dixo que a vida non se mide nin en días, nin anos, nin décadas, se non que se mide por momentos vividos. E estes, valen moito a pena. Cando a indecisión se apodera de min nestes momentos, penso: que faría se morrese pasadomañá? e sempre me acabo decantando pola opción menos típica.
(eso si, esta estratexia non vale para cousas como facer tonterías co coche, ou outro tipo de cuestións que si que fan probable que se achegue a túa hora, ou peor, a hora de outro)
un abrazo a todos e...
CARPE DIEM!

Tortazo

Outro dos deportes que me flipa, o snowboard.
Déixovos aquí un video no que me pego unha pequena torta, posiblemente causa da miña actual debilidade mental.

miércoles, 27 de junio de 2007

Un baño

(Recomendo poñer música)

Hoxe non vai a ser un baño típico. Encántanme os días nos que facemos surf cinco amigos, onde as risas e as bromas están á orde do día. Onde charlamos e rimos sentados nas nosas sillas mentres nos bebemos unha cocacola fresca mirando ó mar, e despois surfeamos sen tensións, sen máis que pensar que remontar e surfear unha ola mentres os outros te animan, onde a compañía é tan grata e te sintes tan agusto que desexarías que ese momento non se acabe nunca.

Pero hoxe non. Hoxe vou ó mar só.

Todo comeza mentres gardo o material no coche, táboas, traxe, un par de inventos por se acaso, parafina, escarpíns...e listo. Son as 9:15 da mañá, seguro que non collo nada de vento. Unha pequena emoción xa comeza a percorrelo corpo, como se fora adrenalina, pero máis suaviña.

Non estou de acordo co diccionario cando di que surfear é deslizarse por unha onda cunha táboa, porque nese momento, cando estou reclinando os asientos do coche para colocar as táboas, xa me da a sensación de que estou empezando a facer surf, ou máis ben, a sentilo.

Poño boa música, pecho os ollos, e respiro profundo para ulir como o olor da parafina e do neopreno comeza a darlle vida ó momento, mentres sinto como esa canción que tanto me gusta comeza a dibuxar un sorriso na miña cara.

Poño primeira e arranco. Parece como se o estómago non dise dixerido ese zumo de alegría e adrenalina que empezo a notar...

A música, fai que se activen os meus sentidos. Doume conta de tódalas sensacións que normalmente poden pasar desapercibidas, que nos axudan a sentir que estamos vivos. O tacto, por exemplo, está olvidado. Baixo a ventanilla, e permito que sexa a miña man a que comece a surfear as correntes de aire. Para ela, o tubo, está detras do retrovisor. Cada vez o aire opón máis resistencia á miña man, pero aguanto cos dedos pechados....paf! merda, un mosquito.... Dame a risa a min solo, no coche, e penso na xente que me vexa dende fora.. que pensarán? Que estou tolo? Pode ser..ó pensar iso inda me da máis a risa.. un compoñente máis para ese zumo. ¿Como podo sentirme máis contento dende que un desafortunado insecto voador se estampa contra a miña man? Non o sei. Pero síntome ben, e un sorriso queda tatuado na miña cara.

Xa se ve o mar pero a praia inda non, ten boa pinta...

Perfecto, hai baño en Nemiña. Algo máis de unha “porta” (medida de olas internacional). Miro por se hai algunha corriente rara antes de baixarme do coche. Moi ben, un canal axudarame na remontada, e un pico de dereitas e esquerdas rompe bastante ben. Non hai nada de vento. A textura do mar está como o aceite.

Saio do coche e respiro fondo. Encántame ese olor a salitre, olor a mar que se mistura co das algas.... faime sentir.. a gusto. Ademáis, unha especie de néboa de salitre cubre as olas da praia ata un pouco máis alá do pico. O sol fai que esa néboa de salitre teña un resplandor branco que case lastima, pero un minutiño mirando e as pupilas xa están acostumadas. Abro as portas do coche para seguir escoitando a Luar na Lubre.

Collo o traxe e empezo a darlle a volta, inda está frío e algo húmedo, pero non pasa nada, Lorenzo xa está aí para suavizalo todo. Comezan a marcarse unhas liñas, entra unha serie ó lonxe. Esas olas, que veñen navegando dende centos de quilómetros, rematan a viaxe deixando unha boa dereita, e o seu son destaca sobre o do mar. Está máis grande do que parecía.

Non sinto medo, pero miro arredor por se hai algún pescador, por se acaso. Nunca se sabe cando vas a estar en apuros. Nada, non hai ninguén. Poño o traxe, quito a táboa da funda, invento, e doulle algo de parafina á táboa.

-“bos días!” -saúdame un vello acompañado de sete vacas

-“bos días!” –respondo

- “non haberá moito mar oh!”

-“ que va oh, está ben, está ben..”

-“ten coidado oh, que o mar é un ladrón” – el segue ó seu e eu ó meu.

Os maiores sempre din que o mar é un ladrón, porque se leva o que non é seu. Incluídas vidas de familiares. Resulta normal que os que máis necesitan do mar para vivir, menos o aprecian.

Xa estou listo, pecho o coche, escondo a chave, e corro ata a orilla. A area inda está fría.

A adrenalina empeza a facer estragos no meu interior, collo carrerilla e lánzome á auga por encima dunha espuma. A inercia chégame para avanzar uns cuantos metros e antes de quedarme parado sigo remando. A auga está algo fría pero da igual. Sen darme conta os meus pés vanse levantando para evitar o contacto coa auga, pero ese frío, fai que se me contraian tódolos músculos do corpo e traduzo toda esa emoción e enerxía que tiña no interior nunha remada forte e potente. Nestes momentos síntome como un toro, fago o primeiro pato, e sigo remando forte. Esta enerxía, chegoume ata a metade da remontada, onde comezo a baixar algo o ritmo e a remar dunha forma algo máis económica e cos movementos máis harmónicos.

De repente unha serie asoma coa intención de cazarme. É máis de unha porta de alta, será porta e media...poño o turbo e empezo a remar con forza.. vou moi xusto, pero igual paso..

Ó chegar ó alto dunha das olas vexo un par de liñas brancas. As crestas desas olas xa teñen o labio fervendo, querendo lanzarse... sigo remando con forza porque confío en chegar a tempo. Ui, estou a uns 20 metros da ola e parece que non quere esperar por min. Chegou o momento da decisión: Asumo que me vai a cazar, reláxome e solto a táboa para bucear, prepárome para facer un pato potente, ou arríscome e sigo remando como un tolo. Non hai moito tempo para pensar, pero imaxinar o fría que debe de estar a auga a 2 ou 3 m de profundidade fai que siga remando. Agora só hai dúas posibilidades, que a ola no seu punto máximo de potencia me cace cansado e sen tempo para facer un pato, ou que me dea tempo a atravesar a parede de auga antes de romper.

Si que chego. Nestes momentos parece que o tempo se ralentiza, dou dúas brazadas subindo pola parede da ola. Nesta última fracción de segundo vexo como o labio da ola se lanza por encima de min...ssshhhhh.. e aproveito para mirar para arriba e ver o tubo mentres afundo a punta da táboa na ola para atravesala. Pasei sen problemas. Noto que tiña ganas de un baño así, con un pouco de acción.

Chego ó pico mentres me acunan as olas, séntome na táboa, suspiro e miro á praia para tomar algún punto de referencia. Estou bastante lonxe. Pero sentirme seguro e confiado, tan lonxe da terra, no medio do mar, fai que me sinta ...non sei, moi ben. Párome a pensar, e dame a sensación de que parece case imposible que sexa unha casualidade que a ola me deixara pasar xusto por debaixo dos seus brazos. Ás veces dame a impresión de que a natureza nos regala cousas, e non nos damos conta. E se non son regalos, que máis da? é como se o fosen. Que diferencia hai? A forma en que vemos as cousas é máis importante do que cremos.

O feito de estar só, na auga, é moito máis diferente que facer surf con xente. As olas son todas túas, a praia é túa.

Sénteste algo insignificante ante tanto poder, ante a inmensidade do océano, e ó mesmo tempo o rei, por poder disfrutar, vacilar, esquivar, e dominar algo tan grande e tan potente. Pensar que unha ola que podería afundir un barco é fonte de disfrute dos surfistas, é algo que me impresiona.

É como se volvéramos ás nosas raíces, como se volvésemos a ser un elemento máis da natureza, que flúe e actúa con ela, e non en contra, como facemos hoxe en día.

Parece que ven unha boa serie, a medida que se achega doume conta de que debería de remar cara a praia se quixese coller a primeira ola... polo que decido esperar no sitio, sentado na táboa, porque inda non vexo como ven a de atrás. Túmbome na táboa e prepárome porque a primeira ola levantouse máis do que esperaba, podería tela collido. Comezo a remar intuitivamente mar a dentro, e cando supero a primeira ola, despois de dar unhas 4 brazadas cara arriba, diviso dende aí arriba que a seguinte ola ven máis grande e posiblemente rompa antes. Remo cara ela pero sen présa, dame a sensación de que a podo pillar ben. Exacto, ela avanza cara min, e eu cara ela.

Toneladas de auga empezan a coller forma, enderezándose ata acadar a altura de un segundo piso máis ou menos, porta e media... chego onda ela, doume a volta rapidamente e mirando cara a praia empezo a remar. Dou as 3 primeiras remadas e a ola xa chegou onda min, elevándome uns dous metros, un par de remadas máis e xa estou case arriba. Xa noto como a ola me empuxa como se me collera un camión, e noto unha aceleración que fai que avance á mesma velocidade que a ola. Nese momento, o corazón empeza a palpitar máis rápido. Chega un dos momentos máis cruciais. A sensación que me invade nese mesmo momento, poderíase comparar coa gravidade cero, como se chegásemos ó alto no barco vikingo e chegase a hora de volver a baixar.

Nese xusto momento, no máis alto da ola, póñome de pe o máis rápido posible. A perspectiva volve a cambiar. Á altura da ola, agora teño que sumarlle a miña. Dende aí arriba, saco unha foto mental, vexo como o mar está ós meus pes, e en cuestión de segundos me precipitarei por esa baixada. Comezo a baixar a toda velocidade, o que fai que sinta como o vento me pega na cara coa suficiente forza como para apartarme o pelo mollado da cara.

A adrenalina que descargas nese momento é tanta que non sabes como exteriorizala, non sabes si berrar.. ou .. berrar.. ou calar e concentrarte en non caer. Neses momentos, a gloria, está moi cerquiña do pequeno inferno (centrifugado zanusi), e canto máis cerca se está do peligro, máis grande é a sensación de euforia. Despois da baixada, empezo a facer o xiro na parte baixa da ola cara a parede que se abre á dereita, encarándoa de fronte; levo tanta velocidade que teño que facer forza coas pernas para que a forza centrífuga non me sente na táboa, e inclinarme tanto para facer o xiro que me invita a acariciar a auga coa man cerca da miña cara. A táboa vólvese nerviosa, empezo a subir pola parede e fago un xiro para volver a baixar. A falta de vento e a textura da auga glassy fai que a táboa faga dibuxos na parede da ola como un coitelo quente na mantequilla. Cabalgando a ola con velocidade, disfrutando de cada xiro, vendo como avanzas cunha masa de auga tan grande...sentíndoo todo, o aire que pega na cara e mans, o ruído que fai a ola mentres te persigue, a inercia, a velocidade, as continuas aceleracións, baixadas e subidas...

Nese momento, sinto como si estivera bailando coa ola. Hai unha perfecta harmonía entre ela e eu. Sen darme conta, os meus brazos comezan a abrirse, como se a emoción non coupera dentro de min e tivese que facerme máis grande para soportala, como si quixera voar e me dou conta de que o estou conseguindo. A beleza do momento é tan grande e intensa que se volve insoportable, como se pequenas descargas eléctricas invadisen, o diafragma, os pulmóns e o corazón.

Dame a sensación de que a ola me está sorrindo... Parece incrible que algo inerte, me estea proporcionando tanto pracer. Neses momentos sentes como se a ola cobrase vida. A parede comeza a levantarse, a facerse máis rápida, e póñome a correr por ela, subindo e baixando como un aleteo de delfín para axudarme a coller máis velocidade. Os reflexos do sol na parede da ola e ese color turquesa que está adquirindo a medida que avanzo con ela fai que teña unha apariencia máis agradable. Cada vez a parede ponse máis vertical, parece que me vai a regalar algo... a táboa téñoa ben cravada na parede, estou erguido case totalmente e toco a superficie da ola coa man a 30 cm da miña cara... dios, parece que quere entubar.... unha sección vai a romper por diante... encóllome un pouco... manteño unha traxectoria recta, e de repente unha sección de uns 4 m lánzase por diante de min... .... todo vai a cámara lenta, os raios de sol atravesan o labio, ese teito desta habitación de auga que xira ó meu arredor. O ruído é atronador, pero non se oe nada. Teño espacio para estar totalmente erguido e cos brazos abertos, pero non o fago. Vexo como a saída do tubo está cada vez máis cerca. Un tubo redondo estase grabando nas miñas retinas. Collo aire por se caio, pero de repente saio por ese furado, mentres un pequeno sifón me sopra na nuca...a adrenalina xa non se pode conter dentro de min e pego un berro... saio da ola coas mans na cabeza, e déixome caer na auga de espaldas...

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Nese momento era dono e escravo do mar.

martes, 26 de junio de 2007

Cola de la Rana

Así nos chamaban en Corcubión.
Todo foi porque cando tíñamos entre 15 e 19 anos, un local que estaba na praia de Quenxe, que fora un bar chamado "Cola de la rana", pasou a ser a nosa 2ª vivenda.
Empezamos a xuntarnos unha serie de amigos e contaxiámonos os deportes que practicaba cada un como si de unha enfermidade vírica se tratara: David (que o coñecín patinando) facía windsurf dende os 9 anos e eu body e algo de vela. Entre el e Tini (a nai) animáronme a facer windsurf e eu arrastreino ó mundo das olas. Despois sumáronse a practicar os dous deportes (windsurf e body) Ignacio, Covas, Arturo, Teigas...comezando así a medrar unha gran pandilla.

Este chegou a ser o noso "quiver" windsurfístico :) e inda faltaba material eh..
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Estes somos David, eu e Tei respectivamente
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Os donos do local, que tiñan un bar xusto enriba, estaban encantados porque lles ambientábamos a praia e de vez en cando facíamoslles algún favor para pagarlles de algunha maneira o "alquiler" gratuito do local. Tamén acondicionamos o local como dios manda, pintámolo, e fixemos algunha que outra chapuciña. Eu aproveitei o cemento fresco que sobrou nunha das pequenas "obras" que fixéramos para facer este intento de serea.

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Se non tíñamos nin vento nin olas, facíamos algo o tonto
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Estes somos Alberto e eu, por orde de arriba a abaixo jaja

Se estábamos aburridos, sempre se podía facer un pequeno furado na area, pero Tei emocionouse e así acabou o conto
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Por certo, aqui o rapaz, Teigas, ó que considero sen dúbida como un dos mellores amigos, non se vos parece a un famoso e gran surfista? (Pandiani non fai surf eh)
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

En fin, foi unha época moi bonita que me gusta recordar e revivir por momentos.
Supoño que case todos tivemos uns anos así, nos que todo eran risas e non existían os problemas. Pero o tempo pasa, todos medramos e maduramos, uns dunha maneira e outros doutra, uns vanse, outros quedan, uns traballan, outros estudian, uns teñen fillos, outros son... e sin poder evitalo, o tempo pasa deixándoo todo atrás. O único que nos deixa no presente son os recordos. Así que hai que darlles o valor que se merecen, e anotalos, grabalos, fotografialos, o que sexa.. pero teñen que quedar. Porque si non, cando teñamos moitos anos, solo teremos eso, anos. Moraleja, non fumedes demasiada marihuana porque provoca amnesia e ... e non sei que máis enfermidades.
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Un abrazo

domingo, 24 de junio de 2007

Primeiro exame feitooo!

Por fin! un ano enteiro esperando este momento!
Onte fixemos o exame de 25 temas das oposicións. Para o que non estea ó tanto, eu prepároas para mestre especialista en Educación física e Salvia para mestra de infantil.

Agora quédanos outra proba na que temos que defender unha programación (un traballo que tivemos que elaborar dunhas 80 follas na que programamos un curso enteiro), e unha unidade didáctica, que é como un "tema" dos 15 que temos preparados para desenvolver ó longo do curso. É dicir, 50 minutos falando sin parar e intentando non aburrir ós tribunais.
Pero para esta última non temos que estudiar tanto como o que estudiamos para a de onte. Para que vos fagades unha idea cólgovos unhas fotos dos "tochazos" que nos tivemos que chapar. Por certo, non é palla eh! eses son os RESUMOS dos 25 temas.

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Ah! por certo, saíunos bastante ben ós dous. (Bueno, a Salvia saíulle mellor, pero iso é inevitable)
Mimá, non sabedes o ben que nos quedamos. Quitámonos unha boa lastra de enriba

jueves, 21 de junio de 2007

Olazas na Machacona

Este elemento que se mete onde sexa é David de Viveiro, tamén coñecido por Hubbard.
Este animaliño de casi dous metros de alto, cando a xente está berrando de medo, cando as olas tiran ós surfistas polos acantilados para arriba, cando nos tubos caben aparcados dous autobuses, cando roza cas aletas polas pedras.... está na súa salsa. Como me diría el:"me encanta Rubén, me encanta, inyección de adrenalina constante por mis venas...jajaja"

Aquí vos deixo unhas boas fotos del facéndose un "pequeno" tubo.
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
en tres palabras A-CO-JONANTE

e aquí temos a outro animaliño. Chámase Xose e vino facer unha vez un backflip que me deixou marcado. Agora estará descansado da súa viaxe ás Maldivas, de surfear 8 h diarias... mimaaa....en fin. sin comentarios
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
A este en cambio, si despois do baño da foto lle dixeras:"que? fixecheste algún tubo?" diríache:
"bueno...no se, algo cayó.. pero tampoco te creas eh.. nada del otro mundo... estuvo bien" É tan humilde o chabal que si che di que pillou un "bo tubo"... mima, debeu de ser en Jaws e esquivando a Laird Hamilton..jejej
Bos rapaces estos si señor.

Un abrazo!

Novas dende Exipto

Ola a todos,
O noso corresponsal de Exipto, Don Tito Ramos Pazos envíanos novas fotografías de calidade suprema dende a terra das pirámides.

Aquí vemos unha boa foto dunha posta entre "aólicos", ou como din aquí:"Os viraventos eses","girasoles", "muíños"...etc
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

e esta xa da máis medo
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Trátase dunha zona de minas, que ten as minas a estrenar... xa me entendedes. Non, si este Tito... valentía, talento...por algo o contratei.

miércoles, 20 de junio de 2007

Kitesurf en Carnota

Aquí temos a Abel Lago, un auténtico crack do kitesurf, e o jefazo mundial do kitesurf en olas. Tamén o creador da escola de surf e kitesurf da que falo na primeira entrada.
Tranquilamente podes estar falando con un amigo na praia, ó lado da auga, e chega este polo aire, pousa unha man na area, xira sobre si mesmo e diche: "que pasa maaaannn!" e volve polo aire á auga.





Estas fotos foron feitas en Carnota por Jose Guillén, amigo, windsurfista, kitesurfista e fotógrafo. Un rapaz que pode parecer moi formaliño mentres che atende amablemente na súa farmacia de Cee, pero que en canto pisa a area da praia mentres lle pega na nuca un vento de forza 5, sufre unha metamorfose no seu interior, na que se lle forma un cúmulo, unha pelota de enerxía e adrenalina tan grande que o desborda.
Un saludo!

martes, 19 de junio de 2007

Facendo o tonto en Nemiña

Na foto da entrada anterior, na que o chow chow se está preguntando que demo fago na auga (igual que vos preguntastes vos, supoño), aquí está a resposta.

Había sol, e non había outra cousa que facer. Así que fixen algo o tonto. As olas só daban para iso. E máis para intentar facer o pino na táboa. jejejej Pena dun tablón. Entonces si que se aproveitaría medianamente ben o día.

Pose de velocidade ultrasónica
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

E esta foto fíxena en Fisterra o mesmo día
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Rula

Ola a todos!

Preséntovos a Rula, Ruliña para os amigos. É a miña cadela. E é a cousa máis mimosa que debe de haber no mundo.
Non vos parece un peluche? jeje Non sei que tipo de relación hai normalmente entre un can e o seu dono.. pero a min paréceme que entre este animaliño e eu hai algo máis que unha amizade. jajjaja

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

E aquí a temos un par de anos despois
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

diosss, que maxestuosidade ejeje
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Esto é un can como dios manda.. e non que poño abaixo,

que parece un león enano. jejeje (é broma eh, que tamén me gusta. Dan ganas de introducirse nesa mata de pelo para averiguar como se ve o mundo desde aí).
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

(por se vos preguntábades quen é o que está na auga.. son eu. Xa o sei, hai que estar moi necesitado para meterse nesas condicións. Pero ... como dixo un que me sei eu: "en tiempo de guerra, cualquier agujero es trinchera" e non o dixo precisamente polas olas jojojejej)
Por certo, a foto fíxoa un bo amigo e compañeiro de mar. Chámase Carlos pero tamén o coñecen por Mesi. Un abrazo!

domingo, 17 de junio de 2007

Retoque ou non retoque?

Moi boas a todos!
Hoxe vouvos a poñer unhas fotos que fixen fai tempo en Mar de fóra e Lires. Pero vou a colgar as dúas versións: a retocada e a non retocada, coa intención de crear algo de "debate".

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

"Mar de fóra dende terra de dentro". Esta, foi sacada dende unha pequena cova que hai en Mar de Fora.

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

E esta é a mesma pero tras retocala un pouco co Picassa.

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

"Marea azul" Esta é en Lires. Marchaba escopeteao a buscar olas noutro sitio, e cando vin esa textura da auga e ese azul, non puiden evitar frenar, dar marcha atrás, e recoller na cámara esa "foto mental" que cacei sin querer mentres marchaba.

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

e esta, obviamente, é a retocada.

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

"Camiño ó fin da terra" Foi feita en Mar de Fóra. (mítica foto de liñas converxentes).

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

e a mesma tras un pequeno retoque.

Pois ben. Pode haber xente que esté en contra dos retoques fotográficos, pero habería que matizar un pouco máis na cuestión.

Antes, coas cámaras de carrete, parecía que non había estos problemas. Pero empregábanse (e empréganse) filtros que modifican a cor, polizadores (que alguén me corrixa si me confundo) que modifican os reflexos de luz, destellos, sobreexposicións...etc. todo isto (e máis) no momento de sacar a foto. E despois, no revelado, podíase tapar unha zona e outra non dando máis luz á zona descuberta... e infinidade de trucos que modifican o resultado final. Pero como non eran cámaras dixitais, nin se trataban co ordenador... non pasaba nada.

Agora, coas cámaras dixitais, podemos modificar o resultado no ordenador mediante un simple programiña (como as fotos de arriba), ou tamén podemos modificar a foto mentras a facemos. Se por exemplo, lle damos máis saturación ó color, se poñemos "modo" branco e negro, máis/menos contraste, +/- granulado... etc

Dito todo isto, antes de soltar a pregunta en cuestión, tamén me gustaría recordar que todos, ou casi todos, dixemos ou escoitamos algunha vez o seguinte:
- "Buaa! que fotaaazaaaaa!! si señoorr que artista!
- "si, quedou guay, pero retoqueina un güebo co Photoshop"
- "aaaaaahh, xa me parecía a min!

Estas fotos foron feitas fai máis de 2 anos, cunha cámara dixital "cutre", e hoxe en día hai cámaras que teñen funcións suficientes como para facer eses retoques no momento da foto.

A pregunta/debate en cuestión sería: "a partir de CANDO e COMO, se consideraría "trampa" unha modificación ou retoque da foto real?"

Eu penso que as fotos teñen dúas funcións:

-Nun principio, existiron para inmortalizar momentos. É dicir, para facer unha transcripción o máis real posible da realidade a un papel (ou calquer outro formato).
Eu cando lle saco unha foto a unha posta de sol, é porque quero que ese momento quede inmortalizado noutro sitio a parte de no meu recordo; para poder compartilo.
Digamos que considero que esa é unha das funcións das fotos. Agora ben, sin modificar nada do resultado! Se non, sería como si lle saco unha foto a un can, porque me parecía moi grande, e llo quero ensinar ós meus amigos, e o retoco en casa e o poño máis grande que un camión....Non estaría sendo fiel á realidade.

Peeeeeeeroo, hai fotos que non son fieis á realidade! como a de Lires!, que en realidade era un azul máis intenso. Co ordenador o que fixen nun 90 % foi aumentar o contraste para que as árbores quedaran negras. Porque pensei que quedaría máis bonito. Se tivera a cámara adecuada, podería facelo no momento (aumentando contraste, saturación....)

-E a outra función das fotografías, sería a función artística. Na que sacamos unha foto coa intención de facer unha composición bonita, agradable a vista, con cores atractivas. Como quen pinta un cadro. Como se fose para colgala no salón da nosa casa. Aquí, penso que as "normas", perden sentido. Pero no fondo, sigo crendo que ten máis mérito unha foto chula, cando as modificacións pertinentes para un bo resultado as fas no momento. (pero claro, hai que ter o material adecuado)

PARA OS QUE NON ENTENDAN NIN PAPA DE FOTOGRAFÍA NIN DE GALEGO AÍ VAI UN PARALELISMO:

En que momento, una mujer deja de ser "natural"??
Cuando una mujer se retoca los pómulos, se añade pechonalidad, se hace una lipoescultura y liftins ke te cagasssss.... es natural??

unos dirían: "nooo, por que no es ella mismaaaa....no es naturaaall... no tiene méeritoooo!"

y yo contestaría: "Aaaah, y cuando tu mujer se pone tacones para hacer más esveltos los gemelos y piernas?, cuando se pone rimel para resaltar las pestañas?, cuando va al solarium para coger un moreno que no es suyo?, cuando se depila las piernas y sobacos? cuando se pone ese piercing tan bonito en la nariz?.......es natural?
¿que pasa? ¿que una mujer solo es bella cuando va con las melenas en los sobaquillos, bigote, sin lavar...porque así es natural, coomo la naturaleza cuando la trajo al mundo? mmmm yo creo que no. (también podríamos debatir si el simple hecho de ser guapos de forma natural tiene algún mérito! No hicimos nada para ser así... pero bueno, ya sería liar mucho la patata. Sigo por donde iba)

La pregunta es: ¿a partir de que momento resulta demasiado artificial la belleza en una mujer?... maquillaje? silicona?

Leí en un foro una vez, que las mujeres cuando se retocan un poquito están más guapas, y no dejan de ser ellas mismas.. y que con las fotos pasaba lo mismo. Que si las retocabas un poco, seguían manteniendo su esencia.

Hala, ahí queda eso.

Ahora quiero leer opiniones! venga, a animarse!

sábado, 16 de junio de 2007

El de ueik, uind y kait

Vaia par de tres!
Estes elementos son Manuel, Álvaro e Rocío respectivamente (talcualaparesen). Foron os meus compañeiros de "traballo" o verán pasado. As presentacións eran un chiste, porque cada un eramos monitores de un deporte, Manuel de Wakeboard, Álvaro de Kitesurf, Rocío de windsurf e eu de surf. Entonces en resumen presentábamonos : el de surf, el de wake, lade wind y el de kite, resultando unha presentación moi "yanki".

Aquí estábamos na nosa "oficina" "traballando". Vaia chollo! o camarero que acabou sendo como da familia bufaba cada vez que nos vía aí espatarraoss : "pero trabajaaad mecagoenlalechee! no os da vergüenza?!" jajaja, si señor. Un bo verán.

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket



Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Un abrazo rapaces, a ver si nos vemos este verán!

Os amigos

Os amigos son algo do máis valioso nas nosas vidas rapaces... De que vale todo o "material" e tódalas experiencias se non as podemos compartir e disfrutar cos amigos? Vamos, de que lle vale a Bill Gates un pedazo de yate de vinte mil millóns de metros de eslora si non ten os amigos que teño eu para disfrutalo?

a ver se este mundo se encamiña por onde se ten que encamiñar e empezamos a darlle importancia ó SER e non ó TER.

Cólgovos un video feito por Rosi que xa fala por si solo.



nota: Neste video son todos os que están pero non están todos os que son eh! fáltanme os de Lugo, Ferrol, Viveiro, Gandía...etc

Un abrazo a tódolos amigos/as!

Tito en Exipto!

Maanda carallo! Mira que gastamos saliva os da pandilla, dicindolle a Tito que salira de casa... que estaba tirando a vida polo retrete... que salira máis cos amigos...que vivira a vida.....

E ahoora! aí o tes, en Exipto! no seu peaso hotel con sus peaso piscinas.... pensando "mmmm... despues de Egipto voy pa los estados unidos".. e cobrando os seuss... piiiiii miles de euros...

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

outra máis

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

e outra

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

tamañaa piscina tioooooo! que envidia!

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
un abrazo amijooooo

viernes, 15 de junio de 2007

Mar de fóra

A praia de Mar de fóra, é coma os pementos de padrón. Unhas veces funciona e outras non. Ultimamente (nos últimos meses) esta funcionando bastante mal, incluso coas condicións idóneas. Ten moi mal os fondos.

Pero nesta foto estaba funcionando ben. Foi sacada no setembro do 2005, cando se viñeron uns amigos que fixemos en Gandía. Pilláramos boas olas naquela semana. Dende aquela, non fallan.

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

http://s139.photobucket.com/albums/q314/velajrande/?action=view&current=P1010451.jpg

Na ola está Jorge á dereita e eu á esquerda. Os dous cunhas poses algo amaneradas... pero que lle vamos a facer. É unha das poucas fotos que teño surfeando.

Hai tan bo rollo con estos rapaces na auga, que se disipan tódalas crispacións posibles co resto da xente, e a palabra "saltada" perde sentido. ¿Compartir unha ola? un placer! por favor, Faltaría máis.

Un pouco máis tarde, a natureza regalounos esta posta de sol

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Un abrazo a todos!

Arde lucus

Fai pouco, aquí en Lugo, foi o "Arde Lucus". Unha festa na que é tan común ver un romano en cabalo, como a un rapaz en bici. Mentras facíamos tempo na muralla romana para ver unha obra de teatro romana de romanos baixo a muralla romana, fixen esta foto tan romana cun ceo azul romano (valga la romanancia).

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

aquí unha foto da obra de teatro. Estivo moi ben, simpática e promovendo un maior respeto por este planeta no que estamos.

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

e finalmente unha foto da princesa Shena que andaba por alí tamén, dando un paseo.

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

As olas da costa da morte

Aquí unha mostra da calidade das olas que temos na costa da morte. Diríavos donde é, pero os meus amigos non me deixan. Xa sabedes como son estas tonterías.
De todas formas.... vóuvolo a poñer moi fácil. Se tedes moitas ganas de saber donde é, só vos digo que está a uns 10 minutos da miña casa e vivo en Vilanova (Cee)

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

A dereita ía con forza ata a mismísima orilla, con seccións nas que só había que esperar, e ir directos ó tubo. E a esquerda tamén empezaba con forza (vin a un tablonero pillar un bo tubo namais baixar a ola) pero morría no canal, como podedes ver. Esta era perfecta para os vagos. Collías a ola, e ala, xa estabas no canal que te volvía a deixar no pico. Esto foi no finde do 17 ó 19 de Marzo deste ano.

nota: non sempre está así eh!... xa me gustaría

jueves, 14 de junio de 2007

Salvia e eu

Aquí estamos de novo. Teño que aproveitar agora para actualizar este intento de blog, porque estou medio pachucho e teño máis tempo para facer cousas como esta. Cando estea ben (espero que mañá) teño que dedicar o 100% do tempo ó estudio (teño as oposicións á volta da esquina).

Colgo aquí unha foto que nos fixemos Salvia e eu en Gandía, no verán do 2005, no que nos escapamos para traballar como monitores na escola de GandíaSurf. (Un saludo a todos!)

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

miércoles, 13 de junio de 2007

Surf verán 06

Non sei se escribir en galego ou en castelán! cando teña algún lector de fóra de Galicia, ou mellor dito, cando teña algún lector... que me recomende. En principio parece que estou escribindo para min solo, polo tanto fágoo en galego.

Vou a experimentar a ver como funciona esto de colgar fotos e aproveito para colgar unha do verán pasado na que estamos "posando" tres rapazas e eu que viñeron facer o curso de surf. Supoño que non terei que especificar quen son eu!

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Cursos de Surf na costa da morte

Ola a todos!

Esta é a primeira entrada que fago, e inda non sei moi ben como funciona esto dos blogs, asi que pido paciencia polas cousas raras que poidades atopar.

Eu chámome Rubén Prieto Tomé, e creei este blog para compartir as miñas pasións. Principalmente o Surf, a fotografía, a ensinanza, e próximamente a creación de táboas de surf.

Por se alguén cae por aqui de casualidade, aproveito para facer publicidade:

Este verán na praia de carnota estaremos dando cursos de surf e kitesurf. É unha escola creada por Abel Lago, coñecido por ser un dos mellores kitesurfers do mundo.
Estaremos na parte máis ó sur da praia de carnota, onde teremos unha barraca para gardar o material, un chiringuito coas respectivas sombrillitas e tal, e boa música para segurar o mellor ambiente. Ademais, é onde se soen quedar as autocaravanas, polo que se asegura un moi bo rollo durante o día e a noite.

No que respecta ó Surf, que é a "miña sección" :) ofreceremos todo o material necesario para a súa práctica (taboas, inventos, parafina e traxes de neopreno), e os monitores serán surfistas e profesores de educación física, para transmitir da mellor maneira posible todo o que rodea a este marabilloso mundo do surf. Serán cursos de 8 horas, (prorrogables no caso de baixos resultados) por só 80 €.

Os horarios son completamente flexibles. inda que, por experiencia, sei que debido ó mono que produce este deporte, acabaremos flexibilizándonos ós horarios da natureza (mareas, oleaxe...)

Bueno, isto é todo. Para máis información chamade ó 655 578 544 ou enviade un correo a carpediemsempre@hotmail.com ou a info@lagocompany.com.