martes, 31 de julio de 2007

Dia 29 Nemiña

Despois do baño do Sábado, ben documentado por Dani no seu blog(http://surfinglifebydani.blogspot.com/2007/07/nemia-micro-waves.html) Volvín a Nemiña pola mañá, cos amigos de Coruña (Dani, Alex, Rops...e compañía) que pasaban por aquí de surfari galego.
Cando chegamos, vimos que estaba moi moi pequeno. Parecer parecía que había 3 cuartas de ola. Eles tiraron para Soesto (non sei como lles iría) pero Samu, Salvia e eu quedamos porque tíñamos comilona en casa e era demasiado tute ir a soesto para un bañiño de unha hora.

Ó principio entrei coas aletas de body e coa cámara, para sacar unhas fotiñas e "facer o arroás" (surfear a ola por debaixo da superficie)

Aquí cacei a Salviña esperando a tan querida e odiada "a de atrás!".
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Eu intentaba sacarlle fotos a algún tubiño pero con estas olas tan pequeniñas érame dificil
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Canto pagaríades por ir nesta parede se tivese dous metriños e medio?
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Preséntovos a Salvia. Jefaza mundial. Con 22 aniños recién cumpridos e xa é funcionaria!!! Sacou praza de profe de infantil, o seu soño. Nada más y nada menos que un 9,3 nas oposicións! Necesario para sacar plaza sen puntos de interino
(No meu caso, xa fixen as contas, e alégrome de non ter estudiado demasiado, xa que inda que sacara o 10 non tiña plaza..pss que inxustiza)
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

e ó meu cuñado, Samu. Un crack. en 5 días xa se poñía de pe na ola antes de que rompera en barra con tamaño de 3 cuartos de porta ou máis.
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Despois de estar coa cámara, collín o tablón e fomos eu e Samu ata o medio da praia, que saía unha esquerdiña moi xeitosa de 80 cm que abría sempre. E algunha era rápida! pero desto non teño fotos... jeje

Un abrazo!

sábado, 28 de julio de 2007

Surf na costa da morte

Se tedes fotos de baños desta zona, e queredes publicalas aquí, mandádemas por correo a carpediemsempre@hotmail.com ou subídeas á rede e mandádeme a url.
Felipee! xa sabes! que sei que tes bastantes!jejej
un Saludo e graciñas de antemán

Dia 25: Nemiña e LImóns

Xa sei, ando algo atrasado. Fagamos como se hoxe fose día 25 deste mes :)

Bueno, pois hoxe pensei que en Rostro habería un baño decente, xa que a dirección de vento que se esperaba ía a ser suoreste frouxiño. Pero tan suave era a brisa, que estaba mellor en Nemiña que en Rostro. Estaba máis pequeniño, pero máis bonito.
Para aforrar quilómetros, tempo, gasolina e CO2 no aire, fomos ata lires (eu e o meu cuñao que xa está todo enganchado ó surf) e cruzamos o río para non dar toda a volta.(parece mentira que hoxe en día, para cruzar un río haxa que facer como uns 8 km).
Ben, pois ó final ó único que se puido aproveitar foron unhas oliñas de menos de media porta, pero que como a textura da auga parecía aceite do lisa que estaba, había soliño, e bo ambiente... pois mereceu a pena.

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Despois, pola tarde, fumos tomar algo ó camping de Estorde, que é dos pais de Rosi, e para rematar a tarde non se nos ocurre mellor cousa que probar frutos moi verdes e limóns, e sacarnos fotos cos caretos resultantes:


Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
mmmm que ricoo
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

miércoles, 25 de julio de 2007

Martes: Nemiña e Fotos nocturnas

Bueno, estos días ando a mil por hora, facendo todo o que quería facer mentres estudiaba en lugo, e non me queda tempo nin para ir o baño..jeje pido disculpas ós que visitades o blog a miúdo por non actualizalo tódolos días como tiña pensado.

Teño pendiente facer unha entrada con fotos da feira medieval de Corcubión de este finde, de antonte que fumos a montar a cabalo e de algún baño, como o de onte en nemiña, onde meu pai se animou a desafialas olas! jeje

O martes fumos a Nemiña toda a familia, e o meu pai animouse a desafialas olas! O que pasa que era un día moi feo para empezar. Costaba algo remontar e na orilla as espumas non paraban de chegar e eran grandiñas. Pero si señor, téñoo convencido para volver a intentalo coas condicións oportunas. Jeje, si señor, case 50 aniños pero por dentro está feito un chabal.
Aí onde o vedes, cando eu facía body (e miña irmá tamén) aproveitou que miña irmá xa estaba cansada e colleulle a táboa, as aletas, e para dentro. Eu estaba algo preocupado por el porque as olas eran de máis de unha porta de tamaño, e había xente na auga. meteuse ata o pico sen problemas, e cando veu unha serie grande...eu fun mar a dentro e el aínda non dera chegado. Pasaron dous olotes, e eu esperando a ver si o vía pasar para atrás... (pensando: cazárono, cazárono..) e derrepente escoito: ¡iujuuu, uejeeeeee! jaaja, a súa primeira ola e a súa primeira parede ó mesmo tempo! Colleu un dereitón decente na súa primeira ola, jeje, a ver cantos poden dicir iso. antes eu explicáralle que se podía cantear coa táboa, dirixila, e colleuno á primeira.
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Eu metinme co 8,2. Por certo, vouno rebautizar. Para os amigos é o "tóterreno".Sigo encantado con el. E o baño pintaba tal que así:
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Non era gran cousa pero saían algunhas soltas de vez en cando moi chulas. (collín unha dereita que cando pensei que se me cerrara, miro para atrás e abríraseme de esquerdas; seguina e ó acabar volveu a abrir de dereitas, coas coñas fun dende o pico ata case a orilla jeje)


E pola noite, fun con Tei e Rosi a dar unha volta, e puxémonos a experimentar coa súa nova cámara de fotos. É unha dixital de 6mpx. Nada que ver co material fotográfico que se gastan expertos como Dani, Awakate...etc pero para levar no bolso tódolos días está guay. Puxémonos a buscar sitios chulos para intentar sacar algunha foto decente. E este foi o resultado:

Penso que atopamos o sitio e o momento adecuado, pero faltanos a técnica, o coñecemento, e o material necesario para sacar fotos decentes.
Gustaríame ver que fotos sacarían Dani, aWaKate, os de Contraola... vamos, tódolos compañeiros de blog que son uns auténticos artistas coa cámara.

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Se quería facer unha exposición de 5 segundos, tiña que andar mirando polo menú para ver que "modo" se me acercaba máis ó que quería, que si o nocturno, que si o de posta de sol, ou o de fogos artificiais.
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Ah! tamén temos que dicir na nosa defensa que non tíñamos trípode! jeje, imáxinádevos, exposicións de 5 ou 6 segundos e sen trípode. Nada que non se poida solucionar aguantando a respiración para non moverse e apoiándonos na baca do coche ou nalgún muro.

Unha aperta!

domingo, 22 de julio de 2007

Nemiña 0,7 m??

Boas!
Cando as esperanzas de coller olas xa estaban perdidas, cando windguru marcaba 0,7 de ola sendo que sempre marca de máis... decidimos ir a Nemiña pero como domingueros totales. Levamos unhas raquetas, toalla para tumbarse na area... e esas cousas que soe levar a xente cando vai a praia. A min, ségueseme facendo rarísimo ir a praia sen intención de facer nada.
Peeero, por se as moscas, deume por meter o equipo de kite no coche, (non fora ser que houbera vento)... e... por se acaso, levei "o bicho" o tablon 8,2 por se asomaba algunha ondulación de 20 cm e batir o record de ola pequena batido por tony o verán pasado jejej(un saúdo!). E tamén, por se acaso, levei a cámara coa carcasa acuática. (ó final sempre vou co coche cargado ata arriba)

E ó final, inda me botei unhas risas co meu amigo Ignacio, de Corcubión, pillando micro olas e sacándonos fotos mutuamente na auga.

A primeira coña foi a seguinte:
Ó principio, eu entrei coa cámara para sacarlle fotos a el, pero como me olvidara as aletas de body no coche, e non podía nadar ben porque tiña a cámara na man, decidimos ir ata o pico remando os dous no tablón. Eu intentaba colaborar co brazo que me quedaba libre, o que facía que nos desviáramos para un lado, nos desequilibráramos... e o peor de todo, que a miña cara quedaba a unha altura do seu corpo que podía levar á confusión sobre o que realmente estábamos facendo jajaj (estábamos remando!)

A estampa en cuestión era a seguinte



Pero isto non é todo. Este "show" provocou as risas duns rapaciños que estaban collendo alí unhas oliñas. Pero a risa non era proporcional á sitación que estabamos provocando...pero comprendímolo todo máis adiante. Cando chegamos ó pico, ó baixarnos da táboa, xa cansados dos ataques de risa e da remada sin control que non tiña nin xeito nin maneira... comprobo que, non só facía pe, se non que a auga me daba pola cintura!. En fin, estivemos facendo un rato o ridículo cando eu podía ir andando ata o pico perfectamente jeje, pero que nos quiten lo bailao.

Este é Ignacio
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
(chicas... tranquilas todas que tiene novia!jeje :)

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Cólgovos aquí un video de Nacho pillando unha oliña co meu bicho.



Unha aperta a todos!

viernes, 20 de julio de 2007

Primeiro día!

Moi boas!

Hoxe comecei cos cursos de surf!
Teño a un rapaz moi riquiño de 10 anos (Chámase Nuno, bonito nome) e o luns súmanseme outros dous, un de 10 e outro de 12. Ademáis, me parece que xa teño convencido ó pai e ó irmá de Nuno para que comecen o Luns tamén jeje.
Hoxe, ademáis de Nuno, tamén estivo conmigo na auga o meu cuñado, Samu, que non o fixo nada mal. Só foi un día a surfear o verán pasado, e este é o segundo. Consigueu levantarse unhas 15 veces!

O pequeno, tal e como me advertiu o pai, é moi habilidoso. En "cero coma" xa manexaba o tablón 9,2. Dábao xirado bastante rápido para coller as olas, cousa que parece simple, pero non o é tanto cando o corpo que move o tablón pesa 35 quiliños.
Consigueu levantarse o primeiro día!
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

E aquí temos ó meu cuñao!
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Con 35 quilos de peso, un tablón 9,2, e micro olas (perfectas para o primeiro día) esta é outra alternativa ó "take of":

Esperar levantado...
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

E arrancar! jajaj, aprendeu a cantear e todo!
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Ou moi bo é el, ou moi bo son eu! jajaja , é broma!

Veña, un saludo a todos e a animárseme, que ata teño convencido ó meu pai para empezar a aprender. Xa me preguntou.. e un traxe deses costa moito? jejeje, xa lle picou o gusanillo do surf, xa ten "hopupu"!

Unha aperta!

PD. Ah! por certo! nas oposicións saquei un 6,7!

jueves, 19 de julio de 2007

Escola lista!

Moi boas a todos!

Por fin! xa estou liberado por completo dos exames das oposicións de educación física! Balance? as dúas primeiras probas bastante ben, e a terceira... un pouco máis regular...Pero en xeral ben. Agora toca esperar pola nota, que solo me servirá para saber que posición terei nas listas de interinos...xa que a plaza é matemáticamente imposible conseguila inda que sacara un 10 (que vai ser que non).
A miña moza en cambio un 9,32! alucinante! por agora a mellor de todo o seu tribunal. Qué fará una rapaza tan lista comigo? jaja, creo que non sabe onde se mete. Me parece que o futuro que me espera é ser amo de casa e surfeiro jejej, non pinta mal :)

Por agora Samu (o mozo de miña irmá) e Salvia, axudáronme a desempaquetar tódalas táboas de surf. Montamos as quillas, colocamos inventos e deixámolas listas para estrenar.
Pedín 10 táboas, dúas 9,2 seis 7,10 e dúas 6,8. Teñen unha pinta increíble
Son marca NSP (new surf project). O que tiña oído destas táboas era que eran moi pesadas... para nada. Serían as primeiras táboas que saíron. Estas son MOI lixeiras. Son de Pvc (como as bic de plástico) pero é un plástico moito máis duro e máis lixeiro. As bic, inda que sexan duras, abóianse fácil. Só vos digo que o tablón 9,2 que é impresionante pesa menos que a miña 8,2. E veñen equipadas con grip, invento, quillas, destornillador, un chaveiro e unha pegata.

As tablas son estas
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Os tablóns non me cabían na foto, jeje
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

E esta é a escola en cuestión, con chiringuito de xelados incluído.
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Hala! queda inaugurada oficialmente a escola, así que xa sabedes, si sabedes de alguén que queira aprender, e que se mova ata a costa da morte (de Nemiña a Louro concretamente) que se poña en contacto comigo ou me mande un correo.
655 578 544
carpediemsempre@hotmail.com
(Rubén Prieto)

martes, 17 de julio de 2007

Escola de surf

Boas!

A partir de pasado mañá xa me poño a currar ó 100%; teño o último exame da oposición e xa quedo liberado.
Volvo a copiar unha parte da primeira entrada que fixen no blog pero con algunha modificación.

Este verán na praia de carnota estaremos dando cursos de surf e kitesurf. É unha escola creada por Abel Lago, coñecido por ser un dos mellores kitesurfers do mundo.
Estaremos na parte máis ó sur da praia de carnota, onde teremos unha barraca para gardar o material, un chiringuito, e boa música para asegurar o mellor ambiente. Ademais, é onde se soen quedar as autocaravanas, polo que se asegura un moi bo rollo durante o día e a noite.

No que respecta ó Surf, que é a "miña sección" :) ofreceremos todo o material necesario para a súa práctica: taboas de tódalas medidas para adaptarnos a tódolos pesos e idades(dende tablóns 9,2 ata táboas 6,8 para perfeccionamento ou para os máis pequenos), inventos, parafina e traxes de neopreno.
Os monitores serán surfistas e profesores de educación física, para transmitir da mellor maneira posible todo o que rodea a este marabilloso mundo do surf. Serán cursos de 8 horas, (prorrogables no caso de baixos resultados) por só 80 €. (preguntar no concello de Muros e Carnota porque é posible que financien a metade do curso, polo que costarían só 40 €)

Os cursos en principio son en Carnota, pero se non houbera olas, poderíamos movernos ata as praias onde as condicións sexan as mellores posibles.

Os horarios son completamente flexibles. ainda que, por experiencia, sei que debido ó mono que produce este deporte, acabaremos flexibilizándonos ós horarios da natureza (mareas, oleaxe...)

Bueno, isto é todo. Para máis información ou para propoñer algo chamade ó 655 578 544 ou enviade un correo a carpediemsempre@hotmail.com ou a info@lagocompany.com

lunes, 16 de julio de 2007

Bañazo con tablaza

Moi boas a todos

Este finde pegámonos unha escapadiña a miña casa, xa que chegou miña irmá de Sevilla co seu marido (diola, aínda non me acostumo a esta palabra macho, jeje) e pasamos un finde en familia. Ademáis puidemos disfrutar dunha pedazo obra de teatro na que actuaban os meus pais (entre outros amigos/as).

Non fora coa intención de ir ó mar, nin mirara windguru nin nada, pero unha chamada de Aitor...("Rostro bonito bonito, cero de viento y buen tamaño") fixo que, como din na miña casa, parecese un león engaiolado (dando voltas dun lado para o outro pola casa, dudando, se ir ó mar, ou cumprir co compromiso familiar que eu mesmo me propuxen, mirando ó reloxo...calculando o tempo...) Nada, decidido. Collín o coche e larguei para rostro pitando.

Collín a táboa corta (unha 6`3") e máis unha nova adquisición, un "tablón" 8`2" con moito volumen e un pouco máis de rocker que un longboard convencional. É unha tabla moi curiosa; a min encántame porque me fai a función de longboard (máis ou menos o 85% de comportamento similar) e ó mesmo tempo, se a ola se pon algo máis oca, non se me clava tanto a punta, e é algo máis manexable (un 20% máis manexable que un long pura raza). Compreillo a Suso, que llo comprou a Dani de Coruña, que á súa vez llo comprou a sabedios, o mismo sabedios que comprou esta táboa de 4ª man, jeje. Non sei cales foron tódolos seus donos, pero estaría curioso sabelo. Por todo isto, e máis por que foi partida á metade (arreglada por Tito) foi unha adquisición bastante barata.

Cando chego a Rostro, chegoume con mirar segundo e medio ó mar. Xa fun correndo a cambiarme, e, inda que as olas valían perfectamente para táboa corta, tiña curiosidade por comprobar como funcionaba o bicho este con olas de máis de unha porta. Polo tanto, coa taboa corta nun brazo e o "bicho" (hala, xa está bautizado o "long")noutro brazo, corro ata a area e clavo a pequena na area.


Aitor xa estaba na auga, e recibeume co mellor saludo que se pode dar "¡están cojonudaass!" jeje. Ataco á primeira ola e sorprendinme moi gratamente cando, con un par de brazadas, xa iba a toda velocidade. Levántome, e comecei a coller un montón de velocidade. Como corren estes bichos!! Sabía que corrían máis que as normais, pero non tanto! solo os probara en oliñas "pequenas" onde é evidente que non se afunden como unha short, e planean con maior velocidade; ou mellor dito, planean.
E o mellor de todo, colocándose ben atrás na táboa, xira bastante.

Gracias ó bicho pillei bastantes olas; Nos primeiros 40 minutos non se esperaba no pico máis de 1 minuto para coller a seguinte ola. Unha gozada. E claro, na auga, Aitor e eu solos; e ós 20 minutos de entrar eu, chegou Mesi... mellor aínda (Risas garantizadas).
Houbo moitas olas (ó principio con Aitor e despois con Mesi) que eran en plan:
"- cal queres a dereita ou a esquerda?"
"- Yo la izquierda mismo"
"- vale, pois eu a dereita!"
Picos perfectos abrindo para os dous lados coa textura do mar completamente lisa. Foron baixando de tamaño a medida que pasaba o tempo.
Había tempo que non pillaba un baño así. Bastante tempo.

O vendaval é o que ten. Os "surfeiros de mentira" non van á praia porque chove, e ademáis non teñen quen os vexa nin quen lles saque fotos, e o resto dos surfistas quedan na súa zona porque o que máis e o que menos temos cerca un par de praias que funcionen con sur. Traba parece ser que tamén estivo ben.

Esta é unha foto que saquei co mobil ó sair, polo que o tamaño xa tiña baixado algo e non se ve nada. De feito, xuraría que cando a saquei estaba ou mesi ou aitor diante da ola e non se ve.

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

e nesta cacei a Mesi ó final da ola.
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Veña Mesi, que te recuperes pronto... vaia agujetas que tes que ter... non tódolos días se está na auga 3 horas e media ehh jajja

Un saludo a todos!

jueves, 12 de julio de 2007

As normas "non escritas"

Moi boas!
Hoxe atopei este artículo en internet, onde se enumeran 10 normas do noso deporte.
Parece ser que é unha traducción dun texto en inglés, polo que terá faltas de "horticultura"... Asi que, cando teña tempo, traducireino ó galego ou correxirei as faltas de expresión (aínda que eu tampouco ando moi fino no tema). En fin, acabará sendo tarefa de miña nai... jejeje

Eu penso que responden bastante ó que nos pode decir sentido común, e aínda que parece que o surf é un dos poucos "deportes" nos que non hai normas, considero que moitas das que aquí se presentan son necesarias para marcar os límites da nosa liberdade; Recordando que, no surf, a tua liberdade remata onde comeza a do outro

Copio aquí as "normas do surf" coa intención de que dedes o voso punto de vista (as fotos saqueinas de photobucket:

1- ESPERA TU TURNO : Si alguien ha estado esperando por más tiempo que tú, él o ella, tienen prioridad por la próxima ola. Generalmente el surfista que esté remando más cerca del "Inside" o del "Pico", tiene el derecho a pillarla. Una vez cogidala ola, es sólo de él (pero si la rema y no consigue tomarla, no puede pretender ir en busca de la próxima ola también, tuvo su oportunidad y la perdió. Ahora deberá dejar pasar algunas olas, como cortesía hacia el resto de los surfistas que lo dejaron tener su oportunidad). Intenta dejar una ola a alguien cada día de surf. Es la mejor forma de hacer amistades y convertirte de a poco en "Local", un miembro reconocido del "Lineup". Si una ola viene y no es tu turno, di algo como "Es tuya amigo", o "Tu tomas la primera, yo la próxima". Sonríe y saluda a los surfistas y aprueba sus buenas olas, después de todo estamos todos en el agua para divertirnos, mientras todos respeten su turno el Surf será divertido.

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket (si no surf, ata esperar é bonito!)

2- EL SURFISTA QUE ESTA MAS ADENTRO TIENE DERECHO A CORRER LA OLA : Una vez que el surfista esta parado, corriendo desde adentro, tiene derecho a seguir. Algunas veces esto puede parecer injusto, si el surfista en cuestión no esperó su turno. Sin embargo algunos surfistas sienten que tienen ese derecho a la ola, por tener más conocimiento de la playa y sus olas, y haberse ubicado en el lugar y tiempo indicado. Esto hace que haya dos grupos de surfistas. Los mas experimentados y arriesgados, que toman las olas muy cerca de las rocas o en situaciones críticas, y los menos experimentados que la esperan más abajo. En todos los casos cada grupo deberá observar el orden en que van tomando, y dando turnos entre ellos. Si tomas una ola y después te das cuenta que alguien venia corriéndola, sal lo antes posible de ella.

3- NO TOMES LA OLA DE OTRO : Una ola, un surfista. Es muy peligroso que haya más de un surfista por ola. Cuando remes una ola, siempre mira hacia adentro antes de tomarla, en caso de que alguien la haya tomado antes que tú. Aún cuando pienses "no lo va a lograr", déjale tener su oportunidad de intentarlo. Tu siempre podrás tomar la siguiente. Tomar la ola de otro es el pecado más grande en el Surf, no hay excusa para hacerlo, NUNCA !!!!

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

4- NO CULEBREAR : Si alguien tiene enfrente una ola y es su turno, no se la remes por adentro reclamando la ola fuera de turno. Esto no es permitido ni en competencias ni en estilo libre. Sé paciente, espera tu turno, al igual que todos en el agua. No seas ambicioso, juega limpio.

5- COMPARTE LAS OLAS : Si dos surfistas están remando una ola que va a romper para ambos lados, trata de compartirla. Si es posible grítale "Yo voy para la izquierda, tu para la derecha". Si tu remas una ola y te das cuenta que no llegas, grítale al próximo surfista delante de ti, para que la reme y la pueda surfear. La cortesía te será devuelta luego, se creará amistad y más olas serán disfrutadas.

6- MANTENTE FUERA DEL ALCANCE DE OTRO SURFISTA : Cuando estés entrando al agua, rema alejado de la zona donde se esté haciendo Surf. Si te parece que te vas a chocar contra un surfista que viene corriendo la ola, no remes hacia la parte no rota de la ola, porque te pondrás en su camino. Rema por detrás de él y pincha la ola, te tomará más tiempo, pero será más seguro. Deja la cara de la ola para el surfista (pero igual es su obligación esquivarte, porque casi siempre tiene más maniobrabilidad que tú).
Cuando vengas surfeando la ola y veas que te vas a chocar contra alguien que viene remando, evítale a toda costa, aún si tienes que salir de la ola. No tomes riesgos innecesarios. Si rompes la tabla de alguien, discúlpate inmediatamente y ofrece pagar el arreglo. Tu nunca sabes, puedes hacer un nuevo amigo, o podría llegar a tener una linda hermana.

7- ENSEÑA A LOS NOVATOS : Si ves un aprendiz o alguien que aún no conoce las reglas, dale un par de consejos amistosos. Tal vez muéstrale cual es el lugar más seguro para aprender, o explícale alguna de las reglas más importantes. Anímalo a que disfrute estar en el agua. Luego déjalo tomar una ola, lo vas a dejar de cara y te hará sentir feliz a ti también. Transmite el espíritu ´Aloha` de compartir las olas a las próximas generaciones (de pronto cuando tú seas un veterano surfista, algún chico te dejará una ola algún día).

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

8- NO SEAS PREJUICIOSO : Todos los surfistas tienen el mismo derecho de compartir las olas. En el Surf no hay lugar a prejuicios. No prejuzgues a nadie basándote en su sexo, apariencia, bronceado, su forma de surfear, su color, raza o religión. Duke Kahanamoku, el famoso Hawaiano que introdujo el Surf al mundo, eligió a una mujer como su primer discípulo en Australia. Todo surfista merece tu respeto, siempre que sigan las reglas.

9- NO VIOLENTARSE : Nunca tires tu tabla hacia alguien que se halla metido en tu ola. Eso es agresión, un crimen aún peor que tomar la ola de otro. Nunca le pegues a alguien que te haya tomado la ola. Es mejor enseñarle al surfista lo que hizo mal. El resto de los surfistas te apoyará. Si el ofensor continúa con su actitud, solo rema alejándote hacia un lugar que puedas surfear en paz. Haz respetar tus derechos, pero no dejes que la ignorancia de otro te fuerce a violentarte, la violencia es el arma de los ignorantes. Mantén el respeto, y el 99% de los surfistas correctos en el agua te respetará a ti. No vale la pena violentarse por ninguna ola.

10- CONOCE TUS LIMITACIONES : Si eres principiante nunca hagas surf en un área con "crowd", es decir, con mucha gente. Mira algún lugar con menos gente donde podrás tomar muchas más olas. Toma alguna clase, compra un libro de Surf para principiantes y practica antes en la orilla y lejos de los bañistas. Si eres un surfista intermedio, piensa dos veces antes de entrar en un día grande. Puede ser peligroso para ti y para los demás. Es mejor encontrar un lugar donde rompa más chico y con menos gente y en donde demostrarás mejor tus habilidades. No dejes que otros te convenzan en meterte cuando esté grande.

11- HAY MAS DE 10 REGLAS : Estate preparado para aprender más del Surf todos los días. Cómo cuidar de los demás en los días de olas grandes, cuidar nuestro medio ambiente que tanto amamos, cuidar de nuestro océano, pero principalmente, trata a los otros surfistas como si fueran tus hermanos. Trata a todos en el agua como si fuesen tus amigos y pronto se convertirán en ellos.

miércoles, 11 de julio de 2007

O mar e o vento

Vaia combinación.

O vento é o noso motor.O mar, a nosa carretera
O vento convértese nas nosas ás e o mar no noso ceo
O vento e o mar, unidos... liberdade en estado puro.

Realmente, cando podemos deslizarnos, saltar, voar e correr polo mar aproveitándonos destes dous elementos, destas dúas forzas, sentimos como se dunha vez por todas, liberásemos a aguia que tíñamos encarcelada nas nosas costelas

domingo, 8 de julio de 2007

PORCOS EN NEMIÑA

Tremendo! Hoxe en Nemiña éramos bastantes, polo que tivemos que aparcar os coches por un lado e polo outro pola pista hacia arriba.
Estábamos unhas 10 persoas, cambiándonos, coas táboas por alí, as toallas (evidentemente sen molestar a ninguén) e... ¡un tio que marchaba cunha autocaravana sun traveler costa arriba, empezou a vaciar o deposito de augas grises tan pancho!
Iba a dous por hora e vaciando o depósito deixando un rego de auga que cheiraba a cristo bendito, e mollándonos as táboas e toallas que tivéramos pousadas polo chan.
Desde ese momento si queríamos pasar dun lado a outro da pista tíñamos que saltar o rego de auga que deixou.

indignante!

A AUTOCARAVANA EN CUESTIÓN TIÑA MATRÍCULA DGV ERA UNHA SUN TRAVELER E A MATRÍCULA CREO QUE ERA 2079 DGV (DA LETRA ESTOU SEGURO)
Si alguén que os coñeza está lendo isto, que lle diga de parte miña e moi educadamente, que son uns auténticos PORCOS!

hai que ser sinvergonzas. ¿que lles costaría vacialo depósito 100 m máis arriba? Non, tivo que facelo alí, diante nosa manchándonos e salpicándonos todo.

Chegan a facelo en Ferrol e rompían a autocaravana en mil cachos a pedradas. Pero no, en Nemiña no, como en Nemiña hay muy buen rollo, y los locales son muy majos... que les den por ... En fin, cando mellor se portan uns peor os tratan. E eu que pensaba en facer un cartel de Benvida, e de bo rollo na praia de Nemiña...

viernes, 6 de julio de 2007

Parindo unha táboa

Como ben me dixo Mesi: "tes un blog surfeiro que non fala de surf" xD
E ten toda a razón do mundo!
Como estou aquí atrapado en Lugo e non podo surfear, non podo falar das olas que pillei, nin colgar fotos do baño de hoxe, pero si que vou a intentar colgar máis entradas relacionadas co título do blog.

Poñería un montón de fotos preciosas que atopo pola rede, e incluso en outros blogs, pero como pode haber problemas cos dereitos de autor e esas cousas... supoño que recurrirei a fotos e videos "libres" colgados en páxinas do estilo de "youtube". Como por exemplo nesta entrada:

Informo a tódolos lectores de que Mesi e eu xa temos nas nosas casas un par de foams cada un para comezar a facernos as nosas táboas de surf! (para os profanos na materia decir que o foam é como un cacho de corcho grande)

Eu teño pensado facer unha retro fish 6`2, e unha táboa corta adaptada ó meu tamaño e peso (como son tirando a grandiño esta short será unha 6´10 máis ou menos). Aínda que para ser o primeiro intento, conformareime con facer algo que flote.

O primeiro que vamos a ter que facer cos foams (despois de facer a plantilla da táboa que queremos) é o que se mostra no seguinte vídeo:

Tallado:



"Pintación" :)

Despois de darlle a forma que queremos, pintámola. Como é posible que a primeira táboa vaia directa ó contenedor de basura, podemos facer algo simple como o que aparece no seguinte video: que se podería resumir en -táboa -cinta -spray -quitar cinta (lo breve y corto, dos veces corto. Non é? ;)



e cando a pintura estea seca temos que laminala.

Laminado:

Poñemos dúas capas por riba e unha por baixo...pero como unha imaxe vale máis que mil palabras, e un vídeo máis que catro mil triquicientas...Aquí mostro un video largo pero moi bo e con boa música, dividido en 3 partes debido o seu tamaño.





Os logos dos dados que vedes que pon antes dunha capa de fibra tamén son un opción no lugar de pintar a táboa. Estes pódense facer co ordenador e só hai que imprimilos nun papel especial. Colocamos estos logos entre capa e capa de fibra, e ó botarlle a resina por encima o papel vólvese transparente.

Unha vez laminada, xa poderíamos ir á auga coa táboa, pero para correxir imperfeccións e deixala ben niquelada, dámoslle outra capa de resina que se chama engrose

Engrose:

Para facer o engrose, emprégase unha resina con parafina (a sex wax non eh!) para que cando lixemos as imperfeccións non se embote a lixa. Despois de lixar o engrose queda un aspecto feo,como borroso ou rascado, e para darlle un bo acabado dámoslle unha última capa de resina para deixala brillante (no caso de que non queiramos deixala mate aforrando algo de peso).



Visto así, non parece un proceso moi complexo verdade?
Hai moita información por internet por se a alguén lle interese o tema. Unha páxina moi boa é a de Maesitos.com, na que explica moi ben tódolos procesos e ten un foro bastante activo onde xa está case todo dito sobre o asunto.

Si xa é alucinante o surf por si solo, non quero pensar na sensación que ten que dar estar surfeando unha ola cun artefacto creado por ti mesmo... debe de ser algo tremendo. Evidentemente isto non se fai para aforrar cartos, porque entre ferramentas, material, gastos de envío etc.. compensaría comprar unha táboa baratiña de segunda man. Inda que con un pouco de práctica, e coas ferramentaas compradas, podemos chegar a facernos unha táboa por uns 110 euros máis ou menos.

Isto faise unicamente polo propio disfrute de crear algo, por aficción. Tallar, pintar, laminar... a min, ata me gusta o olor que deixa a resina. (A miña nai tamén lle facía gracia este olor, ata que empecei a facer os amaños das táboas onde tende a roupa, impregnándoa toda deste olor tan simpático jeje :)

Teño unhas ganas tremendas de chegar a casa e empezar a tallar (ou a destrozar) esas marabillas de corcho...

Un saludo a todos!
Ah! e un saludo para Paulo (o brasileiro), que me comentou o meu "relacións púbicas" que cando pode nos fai unha visita dende Perú!

Tonteridas varias

Moi boas!
como estou aburrido, mañá teño unha das probas da oposición, e non teño vida social nin surfística... Póñovos un video que atopei navegando polos recordos na que estamos Dani e eu facendo o tonto (fai polo menos 3 anos)
é unha tontería de video.. pero en fin..."éche o que hai" (ou como diría unha repija "gaiega", "te és lo que hai muller".

miércoles, 4 de julio de 2007

Debuxos

Moi boas
Como as oposicións xa están rematando..."el pajarito tiene que despegar del nido"... e un ten que buscarse a vida como ben poida, cólgovos un encargo que me fixeron fai relativamente pouco :
Resulta que o pai de familia situado arriba á esquerda, morrera fai tempo, e o fillo de abaixo á dereita quixo regalarlle á nai un debuxo dos catro xuntos, xa que non tiñan nigunha foto "familiar". Aquí están as fotos colocadas ó lado de cada debuxo

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Este foi o primeiro debuxo que fixen deste estilo, e regaleillo a Salvia (a miña moza) cando fixemos un ano xuntos. Que por certo, hoxe cumple 22 aniños. Felicidades Salvia!
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
feito a partir desta foto
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Este debuxo non conta, que foi feito ás prisas, en hora e media, ou así, feito pola mañá para regalarllo a Bato polo seu cumple. Pero cólgoo porque o atopei por aquí e máis para mandarlle un saúdo
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket


Xa sei que non é ningunha marabilla, nin son debuxos profesionais, pero unha cousa destas, co seu paspartú, o seu marco e tal... inda da o pego. E si a foto inicial é decente pode quedar un regaliño curioso.
Se queredes algo polo estilo escribídeme ó correo e falamos
Xa colgarei algún máis neste mesmo post. É que agora non os teño a man.

carpediemsempre@hotmail.com

lunes, 2 de julio de 2007

Festa de San Pedro!

A xente normalmente utiliza como elemento de referencia temporal, os nomes dos meses, días festivos, estacións do ano... en Corcubión non.
En Corcubión o tempo mídese así "3 meses antes de San Pedro", "O prestige foi fai 5 sampedros" "Cantos anos tes? teño 22 sampedros" "Que tal o exame das oposicións? non fun, coincidíame con san pedro"...etc (para que vos fagades unha idea)

A festa en cuestión, consiste en preparar un sitio para as tendas, outro para facer o lume, banquiños arredor...e pasar 2 días de acampada e festa rachada.

Poderíavos escribir 400 follas sobre a festa, e teño dous cds cheos de fotos (1,2 gb) así que tamé é dificil facer unha boa selección. Póñovos unhas ó chou.

Nesta inda estamos todos moi limpiños e está todo moi ben colocado, foi feita ó principio de todo
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Estas son as camisetas que levábamos os da panda
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

e a este punto soe chegar todo mundo
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
jajaja (por certo, na camiseta por diante pon "probaste la coca? save ijual ca pepsi" , que ninguén pense mal. Somos antidroga todos)
un saúdo a todos!

Por fiiiin.. Rostro!

Por fin!
Este finde baixe a casa despois de.. buf.. xa nin me acordo. Disfrutei na festa de San Pedro e collendo olas.
A pesar de que a festa de San Pedro (a mellor, e máis enxebre festa do mundo enteiro) duraba de Venres a domingo... pegueime unha escapada a rostro o sábado porque o mono que tiña non era normal.
As fotos son de moi mala calidade pero bueno..síntoo, é o que hai
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Estaban uns rapaces de Vigo que viñeran nunha autocaravana e dous coches, os que teñen un can de presa canario, e outro negro (e que os surfistas de Galicia coñecémonos case mellor polos cans que polas caras jajaja)

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Este can non paraba de ladrarme. Non sei por que; normalmente suelo caerlle ben ós cans :)

Cando entrei á auga, entraron dous conmigo (cans non, surfistas) pero fóronse para o medio da praia. Eu quedei no pico da esquerda porque pensei que ó baixar a marea e subir o mar como estaba subindo (maretón) quedaría algo decente. Estaría unha hora só no pico e despois veu outro rapaz.

As olas terían o tamaño dunha porta,e o pico non estaba moi definido, pero de vez en cando saía algunha moi boa. Pegueime bastantes leches, pero houbo unhas 4 ou 5 olas que me encantaron (desto que vas pegando miniberros mentras remontas despois de pillalas, e cunha sonrisa tan grande, que si chega a selo máis, uniríanse os extremos da boca por detrás da cabeza jeje)

Houbo unha esquerda que collín, que resultou ser bastante larga, e a alegría foi doble porque nunha sección que me caeu por diante duns 4 ou 5 metros, quiteime unha espinita que tiña clavada, unha asignatura pendente... porffin me saiu un floater de espaldas! era hora! pareceravos ridículo que me alegre por facer algo así...pero e que surfeando de espaldas son bastante patoso.

O rapaz que se meteu despois comigo, que aparece na segunda foto, fixose un tubo bastante bonito. Aínda mallaba o tio.. reentrys, tubo, xirazos, e casi acaba un 360.
Pero controla tanto que creo que o pasei mellor eu na auga que el.. coas olas que collín eu estaba mais feliz que un regaliz, máis agusto que un arbusto..
e cando lle din a noraboa polo tubo que se fixo diante miña (tubo co que eu estaría berreando media hora)díxome: bueno... no se... iba mal colocado..pss.. (vamos, como quen pisa unha merdiña). É normal que ó controlar.. te volvas máis esixente contigo mesmo.. pero creo que debemos intentar que non nos pase.

En fin.. un baño, aparentemente feo, con diluvio universal incluído, pero saín moi contento da auga.