viernes, 6 de julio de 2007

Parindo unha táboa

Como ben me dixo Mesi: "tes un blog surfeiro que non fala de surf" xD
E ten toda a razón do mundo!
Como estou aquí atrapado en Lugo e non podo surfear, non podo falar das olas que pillei, nin colgar fotos do baño de hoxe, pero si que vou a intentar colgar máis entradas relacionadas co título do blog.

Poñería un montón de fotos preciosas que atopo pola rede, e incluso en outros blogs, pero como pode haber problemas cos dereitos de autor e esas cousas... supoño que recurrirei a fotos e videos "libres" colgados en páxinas do estilo de "youtube". Como por exemplo nesta entrada:

Informo a tódolos lectores de que Mesi e eu xa temos nas nosas casas un par de foams cada un para comezar a facernos as nosas táboas de surf! (para os profanos na materia decir que o foam é como un cacho de corcho grande)

Eu teño pensado facer unha retro fish 6`2, e unha táboa corta adaptada ó meu tamaño e peso (como son tirando a grandiño esta short será unha 6´10 máis ou menos). Aínda que para ser o primeiro intento, conformareime con facer algo que flote.

O primeiro que vamos a ter que facer cos foams (despois de facer a plantilla da táboa que queremos) é o que se mostra no seguinte vídeo:

Tallado:



"Pintación" :)

Despois de darlle a forma que queremos, pintámola. Como é posible que a primeira táboa vaia directa ó contenedor de basura, podemos facer algo simple como o que aparece no seguinte video: que se podería resumir en -táboa -cinta -spray -quitar cinta (lo breve y corto, dos veces corto. Non é? ;)



e cando a pintura estea seca temos que laminala.

Laminado:

Poñemos dúas capas por riba e unha por baixo...pero como unha imaxe vale máis que mil palabras, e un vídeo máis que catro mil triquicientas...Aquí mostro un video largo pero moi bo e con boa música, dividido en 3 partes debido o seu tamaño.





Os logos dos dados que vedes que pon antes dunha capa de fibra tamén son un opción no lugar de pintar a táboa. Estes pódense facer co ordenador e só hai que imprimilos nun papel especial. Colocamos estos logos entre capa e capa de fibra, e ó botarlle a resina por encima o papel vólvese transparente.

Unha vez laminada, xa poderíamos ir á auga coa táboa, pero para correxir imperfeccións e deixala ben niquelada, dámoslle outra capa de resina que se chama engrose

Engrose:

Para facer o engrose, emprégase unha resina con parafina (a sex wax non eh!) para que cando lixemos as imperfeccións non se embote a lixa. Despois de lixar o engrose queda un aspecto feo,como borroso ou rascado, e para darlle un bo acabado dámoslle unha última capa de resina para deixala brillante (no caso de que non queiramos deixala mate aforrando algo de peso).



Visto así, non parece un proceso moi complexo verdade?
Hai moita información por internet por se a alguén lle interese o tema. Unha páxina moi boa é a de Maesitos.com, na que explica moi ben tódolos procesos e ten un foro bastante activo onde xa está case todo dito sobre o asunto.

Si xa é alucinante o surf por si solo, non quero pensar na sensación que ten que dar estar surfeando unha ola cun artefacto creado por ti mesmo... debe de ser algo tremendo. Evidentemente isto non se fai para aforrar cartos, porque entre ferramentas, material, gastos de envío etc.. compensaría comprar unha táboa baratiña de segunda man. Inda que con un pouco de práctica, e coas ferramentaas compradas, podemos chegar a facernos unha táboa por uns 110 euros máis ou menos.

Isto faise unicamente polo propio disfrute de crear algo, por aficción. Tallar, pintar, laminar... a min, ata me gusta o olor que deixa a resina. (A miña nai tamén lle facía gracia este olor, ata que empecei a facer os amaños das táboas onde tende a roupa, impregnándoa toda deste olor tan simpático jeje :)

Teño unhas ganas tremendas de chegar a casa e empezar a tallar (ou a destrozar) esas marabillas de corcho...

Un saludo a todos!
Ah! e un saludo para Paulo (o brasileiro), que me comentou o meu "relacións púbicas" que cando pode nos fai unha visita dende Perú!

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Ru, é "Lo breve, si bueno, dos veces bueno" - Jejeje.. É que me fixo gracia.

Polo demais, moi instructivo o post, a ver qué sae dese foam!

Saudiños.

Rubén Prieto dijo...

jejeje xa o sabía ehhhh.. era por hacer la coña mujéé

cos restos de foam que sobren farei unha mini táboa para o teu pequeno/a jeje

saúdos

Anónimo dijo...

tede cuidado co cepillo,ten unha rodiña ke e pra comer mais ou menos jejeje.xa verei os resultados.unha aperta.

Rubén Prieto dijo...

jeje gracias polo aviso koko!
Era boa cousa que nos supervisaras ti mentres a tallábamos ves? a túa experiencia coa madeira seguro que nos axudaría.

o cepillo vou ter que pedilo prestado que non teño! vou ter que experimentar un pouco con el antes de botarlle a man á táboa :)

Xa nos darás o visto bo cando chegues!

Anónimo dijo...

Jejeje... cando lla remates, habémoslle sacar unha foto con ela e pola no blog!

Isabel Tomé dijo...

Eu digo sempre "lo bué si bre, dos veces bué" e xa podes poñerte coa lixadora fóra, que vas poñer todo perdido de "serrín" dese...
e dille a Mesi que estreamos o sábado 14 ás nove da noite no salón de actos do concello e repetimos o domingo á mesma hora.

iago dijo...

creo que tes algún concepto equívocado ruben...

- non podes pintar con esprai de bote o foam xa que polo xeral, estes esprais utilizan unha pintura a base de aceites, e despois tes un problema de agarre do poliester no foam, tes que empregar unha pintura con base de auga e un compresor. Se está laminada e rematada, si que podes pintar con esprai.

- como ben dis, a última capa, o "gloss", é unha capa de poliester parafinado, que nos permitira darlle un acabado fino e puidendo traballar sen que se embote a lixa, ahí e cando queda mate, pero sempre é recomendable darlle unha capa de barniz nitrocelulósico. é o que se lle conoce como "spray finish"; hai dous acabados o mate e o brillo... para o brillo sería un proceso de abrillantado e pulido e os acabados son verdadeiramente unha pasada.

se vas a empezar cun retro fish é que tes un par de pelotas, xa que non é nada doado shapear iso e canto menos laminala cola. Eu empezaría cun shape normaliño.

Te recomendo tamen utilizar resina de fotocurado, é moito mais sinxelo laminar con ela. (preguntalle o vendedor)

e terías que facerte cun cepillo que non teviese mordeduras no fio (que esté novo, vaia) e un cepillo manual pequeno... despois o resto podese suplir (non fai falta nin surform, nin drangonskin, nin nada mais que lixa)

e non recortes o outline con serra de calar, faino cun serrucho!!

sorte!

Rubén Prieto dijo...

gracias polas correccións Iago. A verdade e que non me parei moito nesta entrada. Chegou un punto no que vin que si me paraba en tódolos detalles necesarios para facer correctamente unha táboa... iba a quedar o triple de longa. Pensei en dar unhas pinceladas, para que a xente que non entenda nada do tema, se faga unha idea.

Por decir non digo nin que para laminar se debe de facer con resina de poliester no caso de foam de poliuretano e resina de epoxy cun foam de poliestireno...

Pero unha cousa é omitir determinados aspectos e outra é contalos mal.

Cando colguei o video non me din conta de que a táboa xa tiña quillas, polo que xa tiña que estar laminada.enton si que se pode usar spray como ben dis.

Con respecto á resina de fotocurado, xa teño feito algún amaño das táboas con el. É moi cómodo sobre todo se non estás en casa. (tipico golpazo cando estas surfeando por aí, de viaxe, xa que en unha horiña case está seco para volver a entrar á auga)
pero non sabía que era bo usar ese tipo de resina para facelas táboas enteiras.

Graciñas de novo polas matizacións
Un saúdo!