jueves, 30 de agosto de 2007

Viaxe a San Isidro día 4

Xa queda menos. Imos no cuarto día e só queda o 5º. Cando tiña o video enteiro feito (tódolos días xuntos) estaba mellor, máis afinado a nivel de edición. Agora a música non empeza xusto cando a min me gustaría, nin co volumen axeitado...os subtítulos ás veces entran cedo... algunhas secuencias de fotos estaban pensadas para que foran ó ritmo da música... etecé etecé...(neste video pon día 3 e despois dia 4, pero dinme conta unha vez que estaba feito..) pero como agora o estou rompendo en "cachos" e non teño moito tempo, estouno facendo un pouco máis á "baicheboa", xa que nun principio me levara moito tempo, e agora teño máis ben pouco.
(espero que miña nai non lea isto porque si non diríame:" ai si? tiñas moito tempo cando estabas en lugo estudiando e agora no verán non tes tempo? ben paki! plas!) jejej

Viaxe a San Isidro día 3

Aquí está o 3º día da viaxe.
Acordádevos de pausar a música do blog, no cadro branco á esquerda, que si non ides tolear.
Neste video hai cachos largos de carretera, pero merecen a pena so para escoitar as "muvis" que di dani :) jeje


Unha aperta

miércoles, 29 de agosto de 2007

Viaxe a San Isidro día 2

esto vai marchando, recuperei o video do 2º día e a ver si dou subido o do 3º, porque dura máis de 10 minutos e non podo subilo a youtube.


Un saúdo especial a Danix, Orozco, Alex, Eva e Moncho!

lunes, 27 de agosto de 2007

Viaxe ás illas Cíes

Moi boas a todos!

Este fin de semana, aproveitei para facer unha pequena pero preciosa viaxe ás illas Cíes. Onde está a (según non sei que asociación) a praia máis bonita do mundo.
Cólgovos unhas fotos. Quíxenvos colgar máis fotos onte á noite pero coa tronada que caeu non nos atrevimos a ter ningún tipo de aparato eléctrico enchufado. Caeu unha granizada en fisterra na que os granizos eran do tamaño dunha pelota de pimpom. Sen esaxerar absolutamente nada. unha landra (bellota) era a metade do granizo. Bueno, ó que ía.

Unha vez en Vigo, collimos un barco para ás Cíes. Cando chegamos ó porto alegreime ó ver esta nave intergaláctica. Nunca fora en avión e pensei que chegara o meu primeiro vóo supersónico... eu estaba todo ilusinado, pero ó final resultou ser un barco. Solo ía pola auga... que baixón xD
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Aquí temos a primeira visual da praia dende o barco. Para ser unha illa, máis masificada do que me esperaba, pero moi bonita.
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Aquí temos de novo o "interprais" unha vez feita a aterrizaxe
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

o camping, estaba a 1 km do porto onde che deixa a nave, así que si ves moi cargado, como era o noso caso, recomendo ser pillo e buscar uns carriños que había por aí para transportar tódalas mochilas ata o camping. Eu non fun dos pillos; tocoume sudar :)
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Nun restaurante dixéronme que si ía antes de que se puxera o sol, non tería que facer cola para cear, pero que se ía despois... que me preparara. A min sorprendeume a precisión da camarera no seu coñecemento do comportamento dos turistas...pero pronto o entendín todo.
A posta de sol, era unha atracción máis para os visitantes. Na súa maioría viron poucas veces poñerse o sol polo mar.
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

esta é a mesma foto pero con algo máis de contraste e saturación
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

aquí vemos a todo o mundo sentado disfrutando do espectáculo
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

ó fondo temos a cidade de Vigo
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

aquí, salvia e eu estivemos nun sitio, no que si saías da auga e seguias en liña recta, volvías a entrar na auga...vamos, unha mobida.
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Hai un pequeno lago que sube e baixa xunto coa marea. Curioso
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

a erosión fixo que se fora toda a area/terra no que medrou este pino, quedando esta xaula de raíces
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

O sábado, que foi o día que puidemos aproveitar por completo, decidimos facer rutas para ver toda a illa, xa que para disfrutar de playa xa tíñamos as nosas que non teñen nada que envidiar sinceramente.
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Non se podía prender lume en toda a illa (normal) ¿sería por iso que este pino rebosaba piñas?:)
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Despois dunha pequena camiñata chegamos ó alto do príncipe
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

A min recordábame á rocha da película de Rei león :) o que pasa que en lugar de ter abaixo centos de cebras e búfalos, tiñas centolas herbas e pulpos
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Esta era a vista da illa dende alí. Podedes ver a lagoa á esquerda, a pasarela de pedra na que nos sentábamos á ver a posta de sol e o camping ó fondo
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Había sitios que parecían de película, e podías tirarte 10 minutos mirando aparvado
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Supoño que esto foi consecuencia do temporal este que houbo
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Neste lado da illa que visitamos pola mañá, tamén estaba o faro do peito
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Con respecto á limpeza da illa, a verdade é que está moi coidada. En toda a illa so atopei unha lata fora de lugar. Hai carteis por todas partes (En Vigo, no barco e en todas partes) de que non hai papeleras na illa, que tes que traerte a basura de volta á casa. En parte paréceme ben, é unha forma de concienciar á xente... pero hai persoas que tiran a lata por non ir ata o contenedor que está a 20 m e que polo tanto nin de coña van a facer o "esforzo" de aguantar coa lata/botella/merdiña na man toda a mañá no caso de que estean na outra punta da illa.
Eu diría que o ideal sería algo intermedio. Non plagar a illa de papeleras pero polo menos poñer un contenedor en cada punta da illa, ademáis do punto limpo que había no camping.
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Ó final, a xente parece que se porta como dios manda e a illa estaba limpa, pero por outro lado...
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Despois da camiñata tocou chapuzón nunha praia nudista que tiña a auga máis fría que a de Nemiña e tirámonos a descansar un ratiño.
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Había caliñas por todas partes
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Esta é a praia da Figueira (a nudista)
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Aquí está Salviña, toda morena e con cara de rapaciña. Quen diría que aí onde a ves xa é funcionaria e en dúas semanas comeza a traballar no colexo..
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Despois de comer durmimos unha siestiña. A min sempre me gustou durmir escoitando algunha gaivota, recórdame ó mar e paréceme relaxante. Pero nas illas hai miles de trillóns de gaivotas! e non paran de berrear, ó principio faiche gracia pero e que nin pola noite calan! que alguén experto no tema mo explique, por favor, que pasa? non durmen ou que?
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Tamén había carteis de que non podías deixar bolsas de basura ou comida fora das tendas porque as gaivotas collíanas, abríanas e zarrapiscaban todo. a nos pasounos, pero porque non pensei que se ían a meter dentro do toldiño da tenda para sacar unha bolsa! inda non sei como o fixeron...

Pola tarde fixemos as rutas da parte sur da illa. Pasamos por esta pequena praia
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Os iates... buf.. con cal te quedas? eu con un veleiro, seguro.
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Resulta que non poden vir ás Cíes así por que si. Teñen que pedir un permiso con 15 días de antelación, e hai un cupo limitado de barcos. En parte paréceme ben, pero un señoriño, dono dun bar, díxome que era un lío e non lle parecía ben, porque cada vez que el quería ir ó seu bar co seu barquiño para limpalo, arreglalo..etc tiña que pedir o permiso de marras con moita antelación e non sempre llo daban.

Despois de camiñar un bo rato... chegamos ó faro máis alto; o faro das Cíes
Había unha altura impresionante. Eran 175 m de altura
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Esta era a parte norte


e esta a parte sur


Ó volver ceamos no restaurante máis enxebre dos 3 que había na illa. A min gustábame, non sei, tiña o seu encanto.



Facían rutas en quad jeje
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

O día seguinte, o domingo, decidimos marchar antes de tempo porque o tempo non pintaba nada ben. Recollimos a tenda e cando marchábamos comezou a chover.
No barco onde íamos a escapar para Vigo, viña unha cantidade de xente tremenda a pasar o día nas Cies, coas neveras, sombrillas, toallas... e diluviaba. Meus pobres. As caras eran un poema. Os que máis sabían eran os máis maiores, que xa lles daba a risa. pero os mais novos traían unha cara de cabreo de manda cuidao. Decía unha "¡nos tendrían que haber avisado de que iba a llover antes de vendernos el billete!" jeje pero bueno, tiveron sorte que ó final clareou; sempre que non marcharan de volta no seguinte barco, si non si que lles ía dar mal..
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Xa baixo teito
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

E chegando a Vigo
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Bueno! pois isto é todo! dou por finalizada esta pequena reportaxe da escapada ás Cíes, espero que vos gustara.

Unha aperta a todos!

martes, 21 de agosto de 2007

viaxe a San isidro

Estou tratando de recuperar un video que editara e perdera este inverno por incompatibilidades persoais coa informática. Máis concretamente co programa moviemaker. A cuestión foi que fixen un video tan largo que non podía finalizar o proxecto, é dicir, convertilo nun arquivo de video normal e corriente.
Por iso estou partindo o video en cachos. Cada cacho correspóndese con un día dos da viaxe.
Ó mellor hai que esperar un día para ver o video, porque o colguei en youtube onte á noite.


próximamente irei colgando o resto dos días
Unha aperta e un saúdo!

viernes, 17 de agosto de 2007

video da escola

Moi boas
aproveitando un mifnuto que lle roubo ó día para coller o ordenata, cólgovos un video dun curso grabado e editado por Anxel

Moitas gracias!
e unha aperta a todos

miércoles, 15 de agosto de 2007

Descenso de Barranco

Moi boas!
Hoxe, debido ó temporal, non curro. Demasiado "jevis" as condicións para rapaces que acaban de empezar no surf; inda que hai algúns como Nico, que non lles da medo. Demostroumo onte ;)

Pois ben, como hoxe teño un ratiño, cólgovos dunha vez por todas unhas fotos que tiña ganas de que vírades. Como son moitas, e me iba a eternizar subíndoas, baixeilles algo a calidade, e eso que xa non era moi boa. Pido disculpas anticipadas.

O 4 de agosto fumos a facer o descenso do río xallas. De monitores ían os nosos amigos David (o deivís dos comentarios), David (bato, tarzán, masapán..), e Alberto (malías, judias, judi para os amigos).

Pasámolo en grande, e a paisaxe que puidemos disfrutar, non se ve tódolos días.
Comezamos:
O descenso comeza dende o embalse, e remata na tan coñecida fervenza do río Xallas
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Equipados con traxes de buzo con reforzos, casco, chalecos e tenis vellos... chegamos á primeira poza
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Tivemos auga totalmente cristalina durante todo o descenso, e cunha temperatura ideal, nin frio nin calor, cero grados.
Aquí vemos a Tei remolcando a Rosi
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Pasamos por sitios que parecen escenarios dalgunha película de James Bond
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

E aquí o primeiro indicio de que este é un deporte de risco, jeje, unha pequena víbora veu a saudarnos o pouco de comezar. Aquí Bato (tarzán), salvándonos dos perigos. Pero unha idea nos rondaba ó resto... ¿por donde estaría a nai desta criatura?
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

chegou o primeiro saltiño decente. Aquí todos pensativos...
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
aquí david mostrándonos o seu dominio da situación :)
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Neste salto todos nos animamos a facer a voltereta
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Unhas saían ben e outras non tanto jeje
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Outro salto, este xa era voluntario, so subía quen quería.
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Aquí ó lado había outro máis alto, que é o do video


Jeje, e mirade aquí a David, co grande que é e metido nese furadiño
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Había moitos tobogáns que tiñan un saltiño no medio. Moi divertidos
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

A ver se atopades a cabeza de golfiño
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Esta vista era espectacular, había que saltar, e uns metros máis adiante facer o primeiro rapel
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Este creo que é o mesmo salto pero visto dende outro lado
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Dende aquí facíamos o rapel, e esta sensación de altura era moi similar á do salto do video (e que dende abaixo non parecía nada!)
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
uns baixaron por un sitio, e outro baixamos por outro
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Esta era a parte máis alta pero menos vertical da baixada
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Aquí estamos Tei, Rosi, Alba e eu, mostrando a nosa alegría por seguir vivos jeje
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Mentres esperábamos a que baixaran todos, disfrutamos deste salto
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Aquí levei un planchazo no peito de moito cuidao


unha das miles de fervenzas que vimos polo camiño
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Dende o aire podíase divisar, como uns compañeiros disfrutaban dun jacuzzi natural. E pensar que pagamos pastóns por unha bañeira con burbullas nun spa
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Pozas...
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Rochas...
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Este era un tobogán no que rematábamos caendo nunha poza. Pero no camiño, había un cabr***onazo (deivís, como non) que no camiño, agarrábache por unha perna e ibas o resto do camiño deslizándote, dando voltas totalmente descontrolado. Foron unhas risas. Sobretodo os careto da xente, como este meu jeje
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Aquí chegamos ó punto que máis impresionaba de todo o camiño. Mirábas para abaixo e pensabas: "mima, teño que baixar ata alí, colgado dunhas cordas; cordas que atan uns amigos que estan como cabras...jeje como mola"
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Alguén tiña que ser o primeiro. Aquí van Tei e Rosi
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Menos mal que as árbores non ten vértigo, porque si non esta moi mal o ten que estar pasando
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Aquí, Miguel, orgulloso de si mesmo e do que estaba facendo...berraba: "Holaaa!! soy Miguel, el hijo de Lola de Corcubióoonnn!!" jajaja
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Ultimo tramo da baixada
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
a partir de aquí xa daba igual.. seguir baixando ou saltar directamente
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Se vos fixades ben hai un puntiño no medio que é David, o último en baixar.
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Por fin chegamos...sans e salvos :) A paisaxe seguía sendo tremenda
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

E despois de tremenda aventura, ocorreuseme comentar: "¿imaxinades que despois de baixar todo esto caeramos aquí nesta pasarela?"... e en fracción de segundo xa están david e bato (monitores) colocándose para sacala foto :)
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Unha aperta a todos!