miércoles, 31 de octubre de 2007

Inconvintes do kite

O día de hoxe transcorreu coa grata compaña de dani, de surfinglifebydani.
Veu a comer, e despois andivemos por aí de cháchara e sacando fotos ata chegar á praia de destino

as olas non eran a 8ª marabilla, xa que cerraban bastante, pero a medida que subía a marea parecía que se ían adecentando.

De todo isto, se queredes fotos teredes que ir ó seu blog, pois eu non teño nada :).
Así que aproveito a entrada para colgar unha foto de zoilo e o seu "arañazo" que lle fixen coa cometa ó caer intentando unha maniobra.

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

E tamén vos deixo un video de cousiñas guachis que nos poden pasar se practicamos kite.

Educando a educadores

Por primeira vez, escapo do monotema, para colgar un video que está máis relacionado coa miña profesión que coas miñas aficcións.
Non só vai dirixido a educadores e a pais, se non a toda persoa que directa ou indirectamente, está educando. É dicir, todo o mundo.


trátase de D. Emilio Calatayud Pérez, pai e xuíz de menores dun pobo de Granada.

martes, 30 de octubre de 2007

Rostro... Rostrón

O baño de onte resúmese nunha palabra... "Buff!"

Andábamos todo o comboi do club "os tombos" dunha praia para a outra, buscando algo... que non había. Buscábamos.. o que coñecemos por "un baño de domingo", é dicir, algo tranquiliño, relaxado, pequeno... en definitiva, un baño no que non haxa que facer grandes esforzos.

Peeeero, non o había. O máis parecido a eso era Nemiña, e rompía en barra e algo tendido. Consecuencias da marea alta.

Polo tanto, Mesi, David e eu, decidimos tirar para Rostro, que estaba grande pero parecía practicable. Os ruxidos dalgunha serie facían que pouco a pouco lle déramos a volta ó traxe máis despaciño...

"iremos a Nemiña?" era a pregunta que en realidade quería decir... ei, esto está moi grande, imos pa casa.

David dixo unha cousa que motivou: "eu si dou remontado xa me dou cun canto nos dentes". Todo un mérito polo pouco tempo que leva facendo surf, pero mostra do valor que adquiriu pillando olas dende os 13 anos (de cando facíamos body). Como dicíamos, "hoxe é o bautizo de David" jejej

Estos días, aínda que non se faga gran cousa, penso que é sano entrar á auga, para ir perdendo o medo, e a acostumarse a ir estirando os nosos límites psicolóxicos con respecto ó tamaño das olas.

Unha vez remontamos, e pasamos uns bos tombos que parecían montañas, acercámonos a unha dereita que parecía que abría de vez en cando máis ou menos no medio da praia.
Nunha das series que entraron, tiven a sorte de estar no sitio e momento adecuado para remar unha das grandes. Remei a tope e collina. Baixadón. Casi se me clava a punta da táboa pero por sorte safei. baixo a todo trapo torcendo cara a dereita. Unha sección levántase tremenda e dudo de si intentar apurala, polo que sigo recto cara a orilla pero torcendo levemente cara a parede. despois duns segundos nesta traxectoria... a sección cae dende alá arriba, dende uns 2 metros (reais) por encima da miña cabeza como minimísimo.

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
(nótase que non tiña moito tempo para debuxiños non? jej) Ás veces penso que me pasei co tamaño da ola, e outras vecs penso que me quedei corto...non che sei

Nestas ocasións, o tamaño é moi difícil de percibir, pero polo que comentábamos david, mesi e eu... terían a altura de dúas portas como minimísimo...algún dixo 2 e media. Cando as tíñamos diante, non andábamos pensando en collelo metro, sinon en correr e intentar que non nos cazaran, pero por detrás (unha vez pasado o apuro) medían máis de unha porta seguro.

En definitiva, o baño, a excepción desta ola, resúmese da seguinte maneira: entramos ó medio do mar, e agora.... a ver como saímos!

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Mesi mirando as olas nas que nos acabábamos de meter. Ata parece un home serio e todo

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Comboi "os tombos" mirando o mar

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

E á noite, visita á Tei e ó seu novo can "Ringo". Un mastín español que pode chegar a pesar 100 kilos. cousiña mais linda...
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Tor, non te olvidaremos :)

unha aperta!

domingo, 28 de octubre de 2007

MARE NOSTRUM

"El mediterráneo: un mar cerrado, sin subidas ni bajadas de las mareas, pero con rincones hermosos entre el hormigón que devasta nuestra costa.

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Un mar lejos de sus hermanos mayores; esos océanos. Con vientos térmicos constantes por las altas presiones, ideal para la práctica de Windsurf y kite.

Aunque algunos queremos ir más alá, pretendemos buscar olas y de hecho las encontramos. El viento no siempre favorece la formación de paredes optimas tubulares pero existen rompientes de agua, lejos de lo que muchos piensan acerca de esto…

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

La frecuencia de olas no es la que deseamos, a veces es desesperante (Como ocurrió en la primavera del 2007) pero desde el verano hasta este otoño, estamos teniendo olas todas las semanas.

El surf aquí es menos serio que en el norte, los picos de los spots masificados son muchas veces, un caos.

Aunque las risas por lo pronto no me han abandonado nunca…siempre se grita, hay mofe del que no pilla ni papa, del que se llevó el revolcón más grande, y muchas veces de la madre de cualquiera para seguir la linea de la burla.

Gracias Rubén por todas esas vibraciones que nos han acompañado siempre al agua contigo, por esas demostraciones de habilidad en el mediterraneo, por las olas de aquí y de alá, por los años que nos llevas acompañando a recorrer la Costa da Morte, por esas noches bajo los cielos de Fisterra, Rostro, Ferrolterra, Foz… por esa magia que acompaña a los que nos han acogido siempre bien entre sus picos.

PURA VIDA y buenas olas!

Saludos desde el paralelo 40º

Ferdy"


En fin, sen comentarios... moitísimas gracias Ferdy!!
Galicia espéravos cos brazos abertos...

viernes, 26 de octubre de 2007

En busca de vento

Ó igual que ás veces se percorre a costa en busca de boas olas, hoxe fixemos o mesmo pero buscando un bo sitio para facer kite.
chegamos ata camariñas, atopando sitios moi bonitos que nunca viramos.
Sempre o digo, se chegamos a pagar un pastón para ir a algún sitio e vísemos un sitio así, diríamos: valeu a pena. E temos cantidade de sitios chulísimos ó lado de casa que nin sabemos que existen

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

e ó final acabamos facendo kite en Muxía, na praia de espiñeirido e navegábamos ata o espigón, acabando a sesión na praíña que hai na entrada de muxía, pegando saltiños nunha microlagoa que se formou coa marea alta. A auga estaba completamente plana, era unha auténtica gozada. O malo que so había uns 25 metros de ancho e os saltos había que facelos no medio para non ter ningún tipo de susto, verdade David? jeje. A xente alucinaba. Vese que non é un deporte moi visto aínda por esta zona, que coche que nos vía coche que paraba a mirar. Xente grabando, móbiles, xente asomada ás ventás..Vamos, que houbo público. Cousa que lle encanta a uns que me sei eu :)

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Un saúdo!

Nemiña 0 - Kite 1

Boas

Onte fumos a Nemiña pensando que habería boas olas, e "habir" habías, pero de 40 centímetros.
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
había que comprar unha máquina para encollernos ata medir 15 cm... xa molaba

A alternativa, era facer kite, pero tivemos que esperar un rato en Nemiña porque a Aitor lle quedaron as chaves dentro do coche jeje.
Retrato de Andrea (moza de Nacho)
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Intentei face o mesmo con Nacho, pero é imposible. É un home demasiado serio :)
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket


Había vento nordés, así que tocou facer kite en Muxía.. pero desto non hai fotos.
Mellor, porque casi asesino a un compañeiro coas lineas da miña cometa... jujuju

Un apraso

miércoles, 24 de octubre de 2007

Bañazo con golfiños

Hoxe foi tremendo

Fun á praia co meu amigo tolo Ignacio, sobre as 3 para coller a marea alta. Non pintaba mal de todo, pero parecía que as olas non tocaban ben o fondo. As que o facían, eran bonitas.

A velocidade á que nos poñemos o traxe de neopreno é indirectamente proporcional ó mollado que esté. E cambiámonos moooooi despacio (chorreaban)

xa cando nos estábamos colocando os inventos, vimos unha olaza perfecta. Tería casi unha porta de tamaño, e rompeu con un tubo perfecto durante uns 4 ou 5 segundos. Segundos nos que eu berreaba ¡sifón!, ¡sifón!, sifón! ata que o fixo.

despois deso corrimos a toda mecha para a auga.
O mar estaba totalmente ordenado e máis glassy que unha piscina sen estrenar. de vez en cando viñan unhas oliñas decentes, pero morrían no canal, perdendo bastante forza. Forza que foron recuperando a medida que ía baixando a marea.

As olas, cada vez mellor e mellor, con tamaño máximo de unha porta. pero non volvimos a ver ningunha como a do sifón.

A sorpresa, foi a visita dos golfiños.
Achegáronse ó pico onde estaba eu, e eran ENORMES, acercáronse a máis non poder. Viñan surfeando as olas e deixábanas xusto cando as ía a coller eu (alguén lles debería de ensinar as normas de localismos e preferencias, eles son os primeiros surfistas da historia). Aínda que nunha ola, vin unha sombra por debaixo que supuxen que sería un deles. Só me asustei cando ía a facer o pato nunha parede na que un golfiño se dirixía a toda caña cara min. (como chocara conmigo... eu non sei si quedaría enteiro)

Foi impresionante. Xúrovos que había un que parecía un ballenato, debía de pesar 300 quilos polo menos. Está ignacio de testículo :)

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Seguimos collendo dereitas bastante boas durante un rato (xa coa compañía de Rueda), pero cando se acercaba a hora de ter que ir a estudiar, esperei a última ola. (esa que tarda tanto en chegar.. se é mala...porque é mala e non vale, e si é boa... porque queres outra desas)
Esperando esperando, por fin collín unha que, debeu ser a máis parecida a esa olaza que víramos dende a orilla antes de entrar.
Rompeu rapidísima e con moita forza. Agacheime un pelín, clavei a man na parede para frenar un pouco... e a disfrutar do espectáculo. Un cilindro perfecto me perseguía, intentando abrazarme e conseguindo taparme por encima (non completamente). Co frenesí do momento o cerebro non me deu como para buscar outras técnicas de frenado que non fosen clavar a man na parede. O ruido...atronador, sonaba a oco, e os meus berridos gays (xa sabedes de cales falo, todos fixemos algún) soaban a eco, como nunha habitación baleira.

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Un día para lembrar

Unha aperta

martes, 23 de octubre de 2007

Tubazos

A sensación de percorrer un tubo polo seu interior, é indescriptible. Pero este video penso que é dos que mellor mostran o que se pode ver dende aí dentro. Supoño que a maior parte de vos xa o vistes, pero eu nunca me canso de velo.

Hala, lembrade sempre que reproduzades un video no blog, apagar a música para non tolear. E neste video en concreto, ide á cociña e colocade unha taciña debaixo da boca. Que despois non quero reclamacións por portátiles estropeados a causa das babas

Hoxe, bo baño con Dani, de surfinlifebydani.blogspot. toda a praia para nós..

Un saúdo!

lunes, 22 de octubre de 2007

Domingo... bañazo

Como berreaba Aitor descojonándose de risa... as olas do Domingo ían a estar en contra do botellón jaja
En parte tiña razón. A predicción de Windguru decía que pola mañá, apenas habería vento, e pola tarde ía a estar máis de oeste.

Así que ás 10.00 da mañá xa me estaba soando o despertador, a pesar de deitarme 5 horas antes (vantaxes de non beber, jeje).

Poñemos rumbo a unha das miñas praias favoritas. Fun con david (deiví) que xa está enganchado ó deporte por completo. Está aprendendo a velocidade de vértigo. Para demostralo están estas fotos, con aproximadamente 10 baños de experiencia.

David agarrando canto (totalmente necesario nalgunhas olas de hoxe)
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
David todo contento despois dunha das súas mellores sesións de surf xunto coa do sábado (na que colleríamos unhas 35 olas cada un!) ¿ou equivócome David?

Este son eu
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Ei carballeira!
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

El ía mellor de espaldas, nas esquerdas (cousa rara, penso que é influencia do kite) e eu ía mellor nas dereitas, así que non había problema na elección das olas jeje...

Moitas gracias a "Cecilia do panadeiro" polas fotos! jeje

Un abraso a todos!

viernes, 19 de octubre de 2007

Como facer un floater

Boas!
Atopei unha serie de videos que creo que son bastante interesantes para aprender ou depurar a nosa técnica.
Debería comezar polo "take of" pero vou a colgar este no que podemos ver perfectamente todo tipo de floaters

Despois colgarei un video para aprender chino, e poder entender o que di :)

Por certo, a min fastídiame bastante ter que andar todo o tempo con anglicismos nos nosos deporte. En windsurf xa é esaxerado: "rompín o footstrap ó intentar o duck jibe por culpa do choppy" e en surf a min o que máis me fastidia é o do take off ou ter que decir: "fixen o take off algo tarde en backside e no botom turn collín inercia pa facer o rentry floater."
Podíamos "galeguizar" algunhas palabras.. veña, a propoñer traduccións todo cristo!

miércoles, 17 de octubre de 2007

Hoxe... Rostro

Hoxe, despois de comer, pegueime unha escapada a Rostro para surfear unha horiña e despois estudiar ben fresquiño.

pensaba que a marea ía a estar demasiado baixa, pero nada mais chegar vin unhas dereitas que xunto co pouco tempo do que dispoñía, foron factores decisorios para que o seguinte xesto despois de quitar o cinturón de seguridade, fose quitar o cinto do pantalón.

Estaba completamente só

O tamaño era máis ou menos o meu preferido (unha porta e pico as máis grandes)

e na textura do mar notábase que horas antes estivera o vento case oeste porque estaba algo revolto, pero cara o medio da praia, a textura do mar íase alisando..e finalmente quedouse un suroeste suaviño que lle pegaba ben.

Había bastante corriente que te desplazaba do pico, e xa é dificil dabondo situarse ben cando estás só na auga con algo de tamaño como para que che dificulten a tarefa. Ademáis, cara a esquerda da praia, a corrente tiraba cara a esquerda, e cara o centro da praia, tiraba para a dereita. Un lío.

Como sigo sen cámara, vou a facer como kyle xy pero a lo cutre, jeje. Vou a intentar plasmar imaxes que teño na cachola.

Seguro que moitos dos lectores do blog, que fan surf, algunha temporada trataron de facer un diario cos días de surf, anotando cousas como o tamaño das olas, o vento, os compañeiros, definindo as olas... pois eu nunca o fixen. Moitas veces me apeteceu pero son moi vago. O que facía eu era, cando estaba na universidade, nas asignaturas que me aburrían moito, facía dibuxos das "fotos mentais" do baño e só anotaba o día e o lugar. E con iso solía acordarme do baño.

Hoxe deume por facelo outra vez para ensinarvos dúas cousas:

despois de esperar un bo anaco pola serie sentado na táboa... sen darme conta a corrente desprazoume cara o medio da praia, onde as olas son máis grandes e fortes.
Bueno, pois caeu a uns 30 m de min unha serie, que a pesar de estarmos no quinto pino, sacou area do fondo, levantouse un barrote todo marrón, e fixo un tubo como unha casa cun labio máis gordo que a miña mesiña de noite!
Foi algo tal que así (o monigote púxeno eu para que vexades a proporción)
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Despois desa ola prometinme a min mesmo:"como vexa outra desas... marcho pacasa"

e a outra cousa rara foi a seguinte: indo de camiño hacia o pico que sacaba algunha dereita, cadroume de casualidade unha esquerda. Destas olas que as colles como quen non quere a cousa para avanzar uns metros paralelo á praia, e ó final se levanta un olote. Pois ben, levantouseme tan rápido e sorprenderonme tanto tantas seccións tan seguidas..tan. que xa non sabía nin que facer na ola. Limiteime a correr para adiante. Ó final, ía a caer unha boa sección por diante, pero calculei que non cabería no tubo, polo que me decantei por intentar un floater. Subín con demasiada forza para arriba, e cando ía por encima do tubo, nun intento desesperado de correxilo erro e volver para abaixo, inclineime hacia abaixo tanto que me acabei apoiando coa man. ó final non o conseguín. Quedeime detrás da ola, pero foi unha sensación para gardar no serebelo.
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Xa vedes, ós que estamos aprendendo calquer cousa nos chama a atención.
E prefíroo, porque me acordo de cando empezaba a facer windsurf, e o día que planeaba coa táboa... era o máis feliz da miña vida. E agora, o día que non se planea un 50 % do baño... é unha merda.Ou non, amigos windsurfistas?

Un abrazo, boas ondass, e a conservalo espiritu do principiante!

martes, 16 de octubre de 2007

Videos de surf

Moi boas

A partir de agora colgarei de vez en cando este tipo de videos. teñen unha calidade moi superior ós de youtube.
Manual de instruccións: dalle a play, e olvídate do blog (tarda bastante en cargar), segue navegando por internet e cando te volvas a acordar ben a mirar como vai. Como o formato do video non me cabe no blog, cando o vaias a ver, fai doble click no video para velo a pantalla completa



Mimadriña que medo!
eu xuro que teño visto Rostro con ese tamaño e sacando dereitóns con sifonazos... pero a ver quen é o guapo que se mete. Porque cando rompe tan grande poucas veces está ordenado. Ó mellor caeche un barrote enriba que fai que te acordes nos familiares dos inventores do surf.

E unha vez vin Nemiña tan grande que so había un pico no medio e medio da praia, de esquerdas e dereitas. tería unhas 2 portas e media ou 3 de altura, e rompía perfecto. Pero eu estaba so, tería uns 17 anos e non me atrevín a meterme. (ademais, penso que se miña nai me vise dudar de si meterme ou non ese día, me soltaría semejante colleja, que me medraría o pescozo medio metro jej)

Unha aperta!

martes, 9 de octubre de 2007

Furacan kite escola

Señores, preséntovos a escola que acaba de crear Zoilo.
Zoilo é monitor de kitesurf internacional (IKO) e imparte clases de kite en Galicia. É un espectáculo velo navegar.
Así que, quen queira aprender a facer kitesurf na costa da morte.. xa sabe, a contactar con Zoilo.

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
enlace á páxina que está en construcción www.furacan.com

Unha aperta e sorte na tua nova aventura!

Slater vs Aramburu

Teño o privilexio e o orgullo de presentarvos unhas fotazas feitas por Maika Boquete da manga realizada en Francia na que se enfrontaron Aritz Aramburu e o mismísimo Kelly Slater.

Slater
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Responde Aramburu
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Slater de novo
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Aritz polo aire
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

e para dentro
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Cut back como unha casa para rematar cun floater
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Aritz de novo
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Tito, empeza a temblar, porque como corresponsal, traballame moito mellor esta rapaza de Coruña que ti. jajaja, así que por eso che mando ahora para Texas, a ver si te motivas algo e aprendes de Maika.

Agora sen coñas, moitisimas gracias a Maika Boquete por ofrecerme estas fotazas

Un abraso!

lunes, 8 de octubre de 2007

Galicia Calidade

Esta praia xa non é o que era
Moitos seguro que xa saben de que praia se trata polo rider, pero tranquilos, estas fotos son de fai bastante tempo e os fondos xa non están como deberían.
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Parece mentira que os fondos poidan afectar tanto á forma e calidade da ola. Eu, a verdade, teño as miñas dudas con respecto a que factor é o que máis afecta ós fondos. En principio todos confiamos nos grandes temporais para que removan o fondo e o deixen como nos queremos... pero moitas veces os fondos quedan perfectos dun mes para outro sen haber ningún temporal por medio. As fortes chuvias penso que tamén afectan bastante ó medrar eses regatos e ríos que arrastran sedimentos ata as praias. E as mareas vivas? Eu creo que as infravaloramos...

Seguro que todos pensamos algunha vez a virguería de ola que poderíamos facer se nos deixaran unha máquina pala nunha praia en marea baixa con mareas vivas jejeje... Porque non? quizaves algún día dende algunha asociación surfeira local

jeje

unha abraso!

viernes, 5 de octubre de 2007

Surf na Costa da Morte

Moi boas!

Por fin teño interneet!
atopei un cd con fotos que me pasou ****. Deixoumas coa condición de que non dixera nin donde son nin quen é el jeje.. xa sabedes como son estas cousas, quen ten cu ten medo á masificación.

Pero bueno, eu creo que o rapaz, inda que non compita, é bastante coñecido, e quen o coñeza, xa pode supoñer máis ou menos que praias son :)

esta é unha secuencia dun tubazo que se fai, rematándo cun 360 aéreo... vamos... o normal
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

impresionante.

E este é o irmán

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Unha aperta!