viernes, 11 de enero de 2008

Bañazo en Razo

Hoxe parecía día para ir a facer kite. Demasiado mar para esta zona pero tampouco o suficiente para algún recuncho, vento suroeste e chuvia "a pasto".

Peeero, un dos defectos máis grandes que ten o kite é que non eres independiente á hora de practicalo. Sempre necesitas alguén. A cometa pódese levantar un só, pero baixala.....tamén jeje pero so cando hai pouco vento. Cando hai moito vento, que pode ser o momento no que realmente necesitas baixar a cometa.... non hai forma de facelo (a non ser as que teñan quinta liña) ou eu polo menos non son capaz. A única forma para min é empregando o sistema de seguridade, pero é probable que a cometa empece a dar voltas e tes lío de liñas para dúas semanas. Pois bueno, a falta de acompañante e ...máis importante aínda, ante aviso de temporal e ventos de forza 8.... a idea do kite, queda abandonada.
(cando vexo próximas as palabras "kite" e "forza 8" son incapaz de non pensar tamén nun kitesurfista estampado no séptimo piso dun edificio próximo á praia)

Púxenme a mirar as webcams, e Razo tíñame boa pinta. E xusto cando estaba mirando a pantalla do ordeñador, os tios dun coche póñense os traxes, collen as táboas e corren para a auga. Así que eu fixen o mesmo pero corrín cara o coche.

Polo camiño estiven a punto de dar media volta arrepentido pola decisión... xa que me parecían moitos kilómetros (70) e saín moi tarde de casa. Así que estiven buscando para dar volta.... e buscando buscando... cheguei a Baio jeje. (chámase atención selectiva).

En canto cheguei á praia...dinme conta de que mereceron a pena os kilómetros. Para min foi un baño moi bo. Ó principio levaban moita auga ó estar a marea chea, pero despois foise quedando moi ben. na auga éramos 3 nun pico e 2 noutro. Juan de "Atako" (asociación de tamañeros koruñeses jajaj), Michi,Alex e Nacho. Un saúdo! e encantado de coñecervos.

O mar estaba ordenado, glassy, e unha brisa peinaba as olas á perfección. Dereitas e esquerdas.. as máis grandes sobre 2 metros e medio (reais) máis ou menos. Quedámonos os 5 ata a noite na auga. Saímos da auga concretamente ás 7.15. Literalmente non se vía nada. Eu a última ola que collín foi gracias a que viña rompendo de lonxe e dirixinme cara a parede da ola tomando como referencia a espuma, que era o único que se podía ver. Na ola, vía como subían pola parede as liñas dos reflexos das farolas...ata que me acabou tirando o labio porque non vin cando rompeu.Ía pola parede e derrepente.. pum! pabaixo jeje.

Ó saír da auga un cacaolat quentiño cos 4 novos amigos e pacasa


As olas parecíanse algo a estas (para o meu gusto eran mellores). Fotos sacadas por Bruno nunha praia de por aquí
Photobucket
Photobucket
Suso disfrutando
Photobucket
Mesi
Photobucket
Mesi e Felipe flipando mirando para un calderón. Mesi pensando:"ee.... o furado?" jajaja
Por certo, a "tabliña" que vedes ó lado do delfínido globicéfalo, é un 9 pes. :) aínda que eu o día que fun a esa praia nin o vin! (empanada que ten un)

(fotos do blog www.clubsurfostombos.blogspot.com)

Unha aperta a todos!

10 comentarios:

Tonylopex dijo...

Que buen baño tío, que envidia sana jeje! Lo del kite es una cosa que al igual que el windsurf me gustarí probar y sobre todo con la playa buena que tenemos aquí, san Jorge. Te la recomiendo.
Un saludo.

Maika Boquete dijo...

Os ATAKO...jajaja elexiches boa compaña, eu creo que os coñezo de algo... o meu mozo (Juancho) forma parte do "grupo de tolos eses". O que ti coñezeches foi Juan (Pixan)outro dos peixes gordos do grupo...
Agora un deles (Bubu)fixo tamén un blog, los-atako.blogspot.com. Tes que miralo, aínda non colgou case nada pero promete!sobretodo porque a maioría das fotos serán miñas...jiji
A ver entón cando coincidimos nos contigo...eh?
Unha aperta!
Maika

Rubén Prieto dijo...

Tony,tes razón, xa vin a xente navegar con wind en San jorge. Alí teño surfeado pero nunca fun a navegar...ten unha pintaza tremenda... si que tes unha xoia cerca si...Pois xa sabes, a darlle caña meu, que o kite apréndese moito máis rápido que o surf. Si tes 4 días bos xa estás navegando.

Maika: fixome gracia o de Atako jeje.. a Juan (Pixan) xa o coñecera en Mar de fora, de feito en razo recoñeceume el amin antes...en canto me viu díxome: "Fisterra!" jeje e despois caín da burra :) Visitarei o blog ese que me dis! e se as fotos son tuas.. vai a triunfar fijo :)
Cando veñades por aquí fijo que coincidimos,.. e si ides en plan a razo ou así e está guay.. pegade o toke! :)

un abraso!

Alex dijo...

ummm..las fotos del final son de Seaia?? tengo estado un par de veces con bastante mar y el derechon ocupa toda la playa, pero para mi por lo menos fue imposible pillar algo! Y es una pena, porque la verdad es que se veía un tubo acojonante...pro soy demasiado malo de espaldas y ese par de veces estaba muy rápido. Muy guapo el blog! Saudiños.

Rubén Prieto dijo...

Moitas gracias alex!
enlazo o teu blog dende o meu, o de nosonmolinos, que é o que ten unha temática máis surfeira :)

as fotos non son de Seaia, son de unha xoíña que temos por aquí. Pero teño moitísimas ganas de probar esa praia, faláronme moi ben dela.

Hai días como o que comentas que dan bastante rabia porque se ven olazas e ó mellor cóllense moi poucas ou ningunha das boas.. Pero ás veces so o espectáculo de velas xa casi merece a pena :)

Un saúdo!

^^AlMu^^ dijo...

olaa! no entiendo mucho lo q escribes... :)

bueno...molan mucho tus videos!!
vi los de break dance de hugoo!! :)
pon masss!! jeje!!

adios!

^^AlMu^^ dijo...

ola otra ves!!jeje
puedo hacerte una pregunta!??!


de donde sacas los videos de hugoo??

contesta xfavor!!

graciass!! :D

Rubén Prieto dijo...

Hola! bienvenida al blog almu!
los videos se los hice yo en gandía
un verano que fui a trabajar allí. lo vi en la calle bailando y me fui a hablar con el y eso. la voz que se escucha al final es la mia.
entonces no era famoso ni nadaa eh. pero me llamó la atención bailando :)
un saludo!

^^AlMu^^ dijo...

muxas gracias xcontestarr!

aun no se mui bien como va esto del blog...pero buenoo ire aprendiendoo con el tiempoo!!

jou..esq yo qeria bajarme videos de break dance de youtube y tmb de hugo...pero nose como se puede hacer!!

tu bailas break dance?

Rubén dijo...

de nada mujer..
esto de los blogs es un mundo por descubrir. son como unos espacios del mesenger pero algo más currados y que puede ver todo el mundo. las últimas entradas o posts que se publican se quedan arriba de todo, y los mas viejos se van bajando. si los kisieses ver todos tendrías que ir a donde pone archivo, y mirar mes por mes las diferentes entradas :)

entonces, si quieres guardar este blog en favoritos o algo para visitarme más a menudo....guarda esta dirección www.surfcostadamorte.blogspot.com porque así verás las últimas entradas que voy colgando.

ah!, yo no bailo break, pero me gusta y lo admiro. aunque no tendría tiempo para practicarlo, porque lo mio son los deportes de agua...como podras averiguar :)

un saludo y encantado de verte por aquí otra vez!