viernes, 29 de febrero de 2008

Ruta pola costa

Non hai boas olas, non hai vento... hai que pensar nalgunha alternativa. No lugar de facer kilómetros en balde buscando olas... porque non facelos en bici? Parece que nos ferve o cu.

A cuestión é moverse, facer algo diferente, fuxir da rutina, despexarse, disfrutar do deporte, facer traballar a ese corazonciño e a eses pulmóns, sentirse vivos... sentirse vivos na Costa da Morte

Collimos as bicis, despertamos ás pernas e recordámoslles que a posición de sentado, non é a natural. ¿A onde imos? sexa a onde sexa, que sexa cara o mar.

Saímos dende Cee, e fumos dirección a Rostro. Dámonos conta do primeiro detalle: O depender cada vez máis das máquinas, fai que teñamos unha mal percepción do entorno. Non nos fixamos nas pedazo de costas que subimos tódolos días co coche, ata que temos que pedalealas...¿Pero esta costa sempre foi así de pendiente?? mimáa!

Nas costas arriba, a David e a min, ó ir "de tranquis", danos tempo a ir charlando, a fixarnos nas cousas, árbores, regatos, prados, muros de pedra, animais pequenos e...

Photobucket
Unha árbore que literalmente se estaba zampando unha chapa das que delimitan os cotos.
Para sacarlle a foto tivemos que facer algún que outro numerito jeje
Photobucket

Unha vez chegamos a Rostro, mentres íamos pola pista paralela á praia, deunos unha toleirada das nosas e dixemos, ó próximo camiño collemolo cara a praia, sexa como sexa. Acabamos indo a todo trapo por un camiño pequeniño, polo medio dun pinar con baches e montañas de pirlo. chegamos a un lugar sen saída e David nun pronto de adrenalina, liberdade e frenesí, seguiu pedaleando entre uns coleiros mentres cantaba: "entre os coleiros lalala entre os coleiros lalala" ata que se lle enterrou a roda de adiante e deu un pinchacarneiro para adiante en menos do que canta un galo. jajaja. Eu casi caio tamén pero do ataque de risa que me deu

Despois, fumos bordeando os cantís de Rostro dirección Fisterra. É increíble o impresionante que é ese cacho de costa e o pouco que o visitamos.

Quedámonos un bo rato contemplando o mar.
Photobucket
David

Seguimos bordeando a costa por camiños máis acondicionados para quads que bicis, con pedras, aera, baches, herba...e sen deixar de disfrutar da paisaxe, chegamos a Arnela.

Despois decidimos ir a esas antenas que se ven á dereita dende Mar de Fora. Subimos unha desas costas que che fan replantear moitas cousas:

-aaii quen estivera montado nun quad/moto/coche/cabalo/cousa con motor
-aaii quen nos mandaría... co ben que se está no sofá
-mecagoen ...2·%&$/·()$/·%
-la madre que me../&$%$·%$%/(
-¿que o deporte é sano?? creo que me vai a dar un chungo!!

Aínda que nos decíamos cousas para motivarnos e acelerar a subida:

-DONUTS DONUTS DONUTS
-CHULETÓN CHULETÓN CHULETÓN

Unha vez arriba, non te arrepintes de nada... Volvimos a disfrutar dunha perspectiva de Mar de Fora e do cabo Fisterra pouco habitual
Photobucket
Hai momentos nos que estou no mar, engaiolado pola maxia dunha praia virxe, ou no monte, onde a natureza me susurra unha das súas mellores melodías, nos que penso que aínda que me remontara 600 anos atrás no tempo, ese momento sería exactamente igual. Nada cambiaría.

Aí arriba, despois de ir un bo rato polo monte, houbo un momento no que o silencio era sobrecolledor. Bueno, minto... pero o único que se escoitaba era froito da natureza. So se sentía o ruxir do mar de fondo e o mecer das árbores polo vento. Nada era artifical nin humano. A armonía do momento so era interrumpida polo estalar das polas baixo os nosos pés. Chegamos a un lugar no que, antes, había un monte espeso onde os raios de sol tiñan dificil acceso; agora é un campo de paus e ramallos con troncos carbonizados. Unha paisaxe desoladora. Un monte sen vida.

Á natureza costaralle anos volver a recuperarse, pero farao, sempre que lle deixemos.

Nós, pegámonos dende alí un baixadón polo monte ata casi o instituto de Mar de Fora. Unha baixada tan larga que non aguantaba coas pernas de ir tanto tempo de pe na bici amortiguando baches e pedras. Chegamos a fis, repoñemos enerxías cun bocata e bollería e volvemos para casa.

Un dos maiores placeres do día? chegar a casa, pegarse unha ducha e derrumbarse no sofá cun sorriso na cara de satisfacción persoal despois desos 35 kilómetros tan machacóns :)

Unha aperta!

CARPE DIEM
CARPE MARE

lunes, 25 de febrero de 2008

Artículo no Correo Gallego

Onte no xornal "El Correo Gallego" saíu un artículo sobre o club de surf "os tombos" (clubsurfostombos.blogspot.com) e sobre a limpeza que fixemos en Nemiña

Photobucket

O noso obxectivo é que se publique tamén na Voz de Galicia e outros xornais para que se divulgue a noticia e así contar co maior número de persoas posible na seguinte limpeza

se vos interesa pegádelle un vistazo na seguinte dirección: http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=130&idNoticia=268868

Bricosurf

O venres fun visitar a Chus (chusmasurfboards.blogspot.com).
Alucinei co seu taller, e coas 5000 tablas e proxectos de tablas que alí había.

Tiña pendiente recoller material que pedimos conxuntamente para aforrarnos gastos de envío (microbalon, resina, catalizador e parafina) pero ademáis deso, recollín tanta información sobre fabricación e reparación de táboas que me saía polas orellas.

este finde púxenme mans a obra. Sei que sería máis fácil mandar a amañar as táboas a Tito de Coruña, ou a Chus, pero quero aprender a facelo eu para aforrarme viaxes, abaratar costes... e por que me gusta.

Comecei coa wat say 8`2. Fixéraseme unha burbulla de unhas dúas cuartas de superficie, é dicir, separouse a fibra do foam e ó quentarse o aire que había no medio inflaba ata que un día rebentou.
Fai tempo deslaminei a fibra que estaba despegada e deixeina a secar unha temporada.

antes de amañar

Este finde collina, e comprobei que había moito foam malo. É dicir, a espuma estaba reblandecida e amarillenta. E así non se pode enfibrar xa que se acabaría despegando a fibra xunto co foam malo, do foam bo. Non sei si me explico.

Polo tanto púxenme a lixar ata chegar a un foam branco e duro. Como a transición a un foam de calidade era bastante gradual, non sabía moi ben cando parar de lixar, pero noteino ben cando ó dar pequenos golpes cos dedos no foam, sonaba a táboa en vez de... non sei... sonaba "toc toc" no lugar de "fup fup", jejeje. Ademáis, tamén tiven que quitar fibra que estaba despegada.

Ó final quedoume esto
a medio amañar
Photobucket

Agora, segundo o que me recomendou Chus, para volver a deixar a táboa nivelada, teño que botarlle espuma de poliuretano, desta que se vende en sprays, e despois lixar. Si alguén coñece outra solución será benvida, xa que a resina igual come esta espuma. Teño que facer unha proba antes.

E a seguinte en ser curada é esta xoia miña que vai xenial, pero sobre todo en olas grandes. É unha 7,5 á que lle rompín unha quilla

Photobucket

a quilla que lle arranquei, que fora feita por min, deixou unha base de resina tremenda que era imposible de lixar. Así que collín o rotaflex con moito medo e coidadiño e comecei deixar a zona da quilla ben nivelada. Emocioneime co ben que me estaba quedando e comecei a perder medo e a darlle brío nos movementos ata que tiven un par de descuidos.jeje.
Photobucket

Agora teño que facer mezcla de resina con microbalon para cubrir os furadiños, lixar, laminar, e despois poñer outra quilla que fixen (cando a atope, que non sei onde a puxen)

Por certo, na viaxe a Muros, aproveitei para pegarme un bo baño en Area Maior (nas dunas de louro) pero non sen antes pegar un vistazo ó Faro

Photobucket
Photobucket
que non me convenceu porque había 15 corcheiros que non paraban de coller olas e uns cuantos cambiándose... ademais na orilla saía cada tubo, que me fixo temer pola única táboa que me queda enteira, así que pasei e disfrutei de bo baño en boa compañía en Louro.

Unha aperta!

jueves, 21 de febrero de 2008

Baño de Domingo en Rostro

O finde pasado, a verdade é que foi bastante completiño a nivel "surfístico".
A tarde do Venres bañazo en Mar de fora con esquerdas boas e 4 gatos na auga.
O sábado pola mañá bañazo en Nemiña: completamente glassy, ordenado, 2 metriños reais pero con forza, algún tubiño e algún que outro sifón. Na auga éramos unhas 15 ou 20 persoas. Entre as que estaba Evaristo e un rapaz de barbas... ¿enrique? non recordo, síntoo, dous rapaces de Viveiro que coñecían a Jose, David, Riss, e toda esta panda.. mándolles un saúdo dende aquí a todos.
Sábado pola tarde descanso (aínda que en mar de fora quedaban boas olas pero con bastante xente)
Sábado pola noite paella para 10 en Nemiña ata as 2..moi bo ambiente, risas, fogata, risas, arroz, churrasco, charlas, autocaravanas...

e o Domingo pola mañá, un bañiño pequeniño pero mooi divertido en Rostro. Onde tiven o gusto de coñecer a Maika Boquete, que nos estivo sacando fotos, e ó mozo Juan.
Estas son unhas das fotos que nos sacou. Tedes máis e mellores no seu blog maikaboquete.blogspot.com
Mesi pa dereita e Alberto pa esquerda
mesi e alberto
Mario antes do takeoff
mario
Mesi disfrutando e Suso animando
mesi surfeando sentado
Graciñas de novo polas fotos Maika
WWW.MAIKABOQUETE.BLOGSPOT.COM

Unha aperta!

Sigo con amaños fotográficos...

Se tedes algunha foto que vos gusta pero á cal lle quitaríades algo...mandádema jeje
Pásoo como un enano nesto de amañar fotos

Hai que recordar gardar sempre a foto orixinal, para non esquecernos da realidade. Xa nos pasa moi a miúdo na vida real, na que sempre recordamos todo máis grande e máis bonito, como para que nos pase cunhas das poucas probas obxectivas que temos de como foi o pasado.

A foto orixinal que me permitín destrozar é esta na que Salvia e eu descansábamos un ratiño do traballo da escola de wind e vela de Gandía (un saúdo para todos) no 2003. Mimá, como pasa o tempo.

orixinal

Pois ben, decidín quitarlle o caseto de atrás, e poñerlle o ceo que tiña noutra foto. E, de paso... ¿nunca vos imaxinastes como seríades cos ollos doutra cor? pois aí está Salvia cos ollos marróns e eu azuis
Photobucket
Nótase moito que estamos "plantados" nun fondo azul e penso que é pola luz que nos ilumina a nós, xa que na orixinal estábamos debaixo de un toldo...e suponse que ó aire libre deberíamos de ter máis luz. Aínda que na segunda parece que o sol está máis ben detrás de nós, polo que deberíamos de estar a contraluz...non sei, admítense consellos, suxerencias...Aquí estamos para aprender.


Un saúdo!

martes, 19 de febrero de 2008

"o papel terma do que lle poñen"

É unha frase que soe dicir a miña avoa e da que me acordo bastantes veces.
Ela dicíaa referíndose maiormente ós xornais, pero penso que hoxe en día é extrapolable a calquer medio no que se poidan publicar textos, fotos ou videos.

Non é que acabe de descubrir que non só as noticias se poden modificar, pero o que non sabía era que as fotos se podían retocar tan facilmente. Aínda onte meu pai me dixo medio rindo: "acabas de descubrir o photoshop Rubén? jeje". A verdade é que sabía da súa existencia dende que naceu, pero nunca me propuxera "fedellar" nel ata agora. Pensaba que era moi complexo, so apto para profesionais. Pero que va! está ó alcance de calquera. Sobretodo coa axuda de centos de tutoriais que hai en youtube.

Eu aínda son un novato neste tema, pero xa se poden facer cousas que poden "colar".
Acordádesvos do pedazo de aéreo de Jose na Machacona?

(esta foto pasouma Jose, o que está no aire, pero se aparece por aquí o fotógrafo, que non sei quen é, que avise e facémoslle toda a publicidade que se merece; e se lle parece mal que publique a súa foto orixinal, coa correspondente modificación que me mande un correo a carpediemsempre@hotmail.com e retíroa inmediatamente)
Photobucket

Pois aquí vai a versión con efectos especiais
Photobucket

Non fai falla collela lupa para ver defectos, pero, con máis coñecementos, práctica e sen facer cousas tan esaxeradas , non credes que mirando a foto rápidamente podería pasar por boa?

Estas cousas fan que teñamos que dudar de todo o que vexamos ou escoitemos.
Pero penso que, as trucaxes que máis perxudican, son as dos corpos femininos. Porque xogan coa saúde mental e física de moita xente nova.

É sabido que a maior parte das rapazas que saen nas revistas, sobretodo en anuncios, están máis que retocadas. Sen imperfeccións na pel, sen celulitis, con máis peito, menos cu, menos brazos, sen poros nin pelos na pel, ollos con cores sobrenaturais...
E despois vemos na mesma revista unha reportaxe sobre a anorexia en España.

Como non se van a comer o tarro as rapazas si se miran ó espello e se comparan con persoas que nin se quera existen?? En fin, penso que é un tema bastante serio, e, ó igual que comezan a poñer límites de "delgadez" nas pasarelas, tamén deberían de controlar as fotos que saen nalgunhas revistas.

Con estos programiñas, podense facer bellezóns a partir da nada. Pero a min saiume a vena destructora e cólgovos esta foto de Mesi e eu no Carrumeiro, na Ría de Corcubión. Para dar un pequeno toque de humor :)
Photobucket
jeje mirade como Mesi presume de dedo gordo jeje
(se a alguén lle parece de mal gusto, que me avise e quítoa inmediatamente)

viernes, 15 de febrero de 2008

A ola do delito (reeditado)

Marcos xa me pasou as fotos do baño de mar de fora no que me rompeu a táboa irrompible NSP.

É unha gozada ter un amigo sacando fotos no momento máis oportuno.
Esta é a ola que me parteu a táboa en dous anaquiños...

Photobucket

A verdade é que a visión que tiven do tubo antes de caer, fixo que o centrifugado zannusi e a rotura da táboa merecesen a pena.

jijiji

(avisei nos comentarios cando publiquei a entrada, pero como hai xente que non os lee, dígoo aquí: que é todo broma ehh! que a foto está máis trucada que a famosa de fraga http://www.canalphotoshop.com/tutosforos/noticias/fraga2.jpg)

domingo, 10 de febrero de 2008

Rostro 8 e 9 de Febreiro

Onte posiblemente fose un dos días nos que máis xente vin en Rostro. Seríamos unhas 15 persoas para un so pico pero que bombeaba dereitas e esquerdas.
O baño non estivo nada mal. Estaba glassy, olas de metro e medio (reais) unhas máis e outras menos e remontada fácil.

Brais pasoume uns fotogramas que quitou das grabacións que nos fixo a súa nai.
Aquí está el rompendo a superficie cristalina da ola
Photobucket


O pico que se levantaba de vez en cando
Photobucket

E tamén me pasou unha secuencia dun minifloater. Eu readaptándome á 6,3 que non a vexo moi cómoda con 90 kilos encima jeje

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Na auga estábamos casi todos os de aquí: Mesi, Suso, Felipe, Rueda, David, Brais, Uxío, Bruno, Julián...(non sei si me deixo algún)

Tamén estaba Docal, un rapaz de Cariño, que o destinaron de profe para Fisterra ata Xuño; E uns rapaces de Vigo (os que teñen un mastín napolitano)que veñen con campers. Doulles as gracias dende aquí porque tiveron o detalle de recoller algo de chapapote ó saír da auga. O can que teñen é un bicharraco pero non tanto coma este outro mastín napolitano, o máis grande do mundo:
Photobucket
(o can é o da dereita, dígoo porque a foto pode levar á confusión jeje)


Pero gustoume maís o baño de antonte. As olas rompían algo mellor, sobre todo as dereitas, e estaba algo máis grande. E éramos 3 na auga. Ó mellor tamén me gustou porque non parei de coller olas e onte aínda que había boas olas, non foi o meu día. Non vos pasa ás veces?
Este é Felipe
Photobucket
Aquí temos a Uxío
Photobucket
Rueda
Photobucket
E eu
Photobucket

Estas fotos foron sacadas antonte por Manuel, Rebeca e Uxío, Graciñas!

unha aperta!

sábado, 9 de febrero de 2008

Un día no paraíso

Hai veces que, aínda que sexamos conscientes do paraíso no que vivimos, non o disfrutamos como tal.

Onte foi un día moi bonito. Acerqueime a Rostro con Rueda, e ó principio parecía que non había nada de ola. un metriño e rompendo mal (gustábame máis como estaba Mar de Fora). Pero mentres esperábamos polos amigos disfrutando do soliño, as olas ían mellorando.

Decidimos pasear pola praia para ver mellor os picos, e disfrutar da paisaxe. Ver o monte salvaxe, case virxe, ó lado de pedazo areal, adornado acústicamente co susurro das espumas que morren na area... é algo que me relaxa e me transporta a outro mundo. Encántame. Un calorciño na caluga facía ese momento aínda máis agradable, e ver que as olas estaban mellorando, xa non vos conto. Son eses momentos que che fan dicir, ou mellor dito, pensar en alto: Esto é un paraíso.

Pero... algo tiña que fastidialo momento, xa que despois de mirar tanto para arriba e para os lados, comecei a mirar para abaixo. E solo o noso idioma o pode definir nunha soa frase: AAAII QUE CARALLO! (como ben di a camiseta de Rueda)

Photobucket

galletas e galletóns de chapapote parecían intentar colocarse debaixo das plantas dos nosos pes. Literalmente, había zonas nas que había que buscar sitio para colocalo pe. Sobretodo para colocalo eu, que non é que teña un pe pequeno precisamente.

Vimos unha especie de barrilete de plástico, e un cachiño dun casco, e comezamos a recoller o que a nosa alma aliada coa conciencia non nos permitía deixar alí. A impotencia de casi non poder transportar o recipiente cando xa tiña un peso considerable, fixo que so tivésemos que coller os galletóns máis gordos. Cando dicíamos, xa está, non podíamos evitar seguir parando a recoller.

Ó final, uns 20 kilos de chapapote recollidos en 20 minutos fixo que comezásemos a pensar que facer con eles.
- ¿e se os tiramos diante da porta do concello de Fisterra para que veñan a limpiar dunha vez?
- Ou tamén lanzarlle as galletas ás ventanas do concello...

Despois apareceu un tal "sentidiño" que coñecemos só de vista, e díxonos que mellor era facer un escrito, avisar polas boas, e despois xa virían os actos revolucionarios...

Si é que... vai a haber que esperar a que chegue o verán, e con el os turistas para que se poñan a limpiala praia. Claro, entonces, cando a xente ve a praia (no verán)
comproban que non hai chapapote, e nos seremos un surfistas tolos, egocéntricos, que queremos facernos famosos con continuas chamadas de atención sin fundamentación ningunha.

A seguinte praia en limpar, tiña que ser Rostro. Pero é moi grande, realmente necesitaríamos axuda de todos vós para facelo nunha mañá. Tíñamos que ser 30 ou 40 persoas como mínimo!. Posiblemente dispoñeríamos de Quad ou un tractor para transportar as bolsas. Entonces si que faríamos as cousas ben feitas. Con antelación faríamos publicidade nas radios, periódicos e tódolos blogs que quixérades colaborar. Incluso se me ocorre chamar á televisión de Galicia ou incluso ós de "españa directo" ou un programa destes.

É unha vergonza rapaces, que 6 anos despois do prestige estemos sufrindo as consecuencias... e nin se sepa, nin fagan NADA por solucionalo! si é que é normal, porque nin sequera nós nos queixamos! E si non o facemos nós, que somos os que disfrutamos da praia todo o ano, quen o vai a facer?

viernes, 8 de febrero de 2008

Kitesurf en Carnota

Fai uns días fumos a navegar a Carnota.
O vento estaba bastante ben, seríamos unhas 5 ou 6 persoas navegando, e estábase bastante a gusto.
Ó final o vento empezou a aumentar algo e a miña cometa de 12 m ás veces resistíase a ser dominada por un humano. Ou polo menos a ser dominada por min jeje. Houbo unhas cantas aterrizaxes forzosas, e tamén houbo navegadas pola area a toda velocidade co correspondente leñazo posterior jeje
Tini estaba grabando e cazounos algunha secuencia. Da algo de rabia que nunca teñamos grabados os saltos máis altos nin as mellores maniobras...xa que david fai maniobras espectaculares, sarita faise uns "ridlys?" de medo, e uns bos backloops, e eu uns leñazos dignos de "zapping" ou "surferosTV".

David sacando o pe da táboa nun salto


Sara saltando de forma moi controlada (15 aniños)


E eu facendo o que podo


A ver si merco dunha vez un arnés de kite, que o que uso é de wind e é prestado (tei, graciñas:) e quédame o gancho á altura da barbilla jeje


Un saúdo!

domingo, 3 de febrero de 2008

Limpeza de Nemiña

Para moitos, o surf é casi sinónimo de "quicksilver" ou "billabong", outros o primeiro que se lles pase pola cabeza é un día de sol, con rapazas en biquini e unha táboa de surf cravada na area para "fardar". Outros pensarán que o surf está directamente relacionado coa lei do máis forte para poder coller algunha ola entre malas caras e insultos de "locales"...

Pero outros moitos, cando pensamos en Surf, pensamos no mar, nas olas, na amizade, na "pandilla", na adrenalina, nos tubos, na diversión, nas risas, na natureza, e obviamente no coidado do medio no que disfrutamos.

O club de Surf Os Tombos, organizou para onte a limpeza dunha praia da costa da morte. A praia escollida foi Nemiña. Participamos unhas 20 persoas, e gustaríame agradecerlle a todos a súa participación, en especial ós que tiveron que vir dende máis lonxe (Ferrol, Coruña, Carballo...), e os que traballaron na súa organización para que todo fose como a seda.

Había bastante basura, pero non imaxinamos que recolleríamos tanta cantidade.
(As fotos firmadas por Pita, están feitas por el, obviamente, o resto son case todas de Bruno, e as peores son as miñas :) graciñas polas fotos)
Photobucket
Comezamos sobre as 10:30 e ó longo da mañá íase sumando máis xente
Photobucket

Aquí o menda, o único pringadillo que limpou "disfrazado" jeje. un cavernícola apañando chapapote
Photobucket
Recordades o que dicían no 2002? As praias están esplendorosas!
Photobucket

recoller a basura da praia foi o traballo máis lixeiro, o que costou máis foi traer tódalas bolsas que íbamos enchendo a medida que recorríamos a praia. Tivemos que facer varias viaxes para traelas todas. Esperemos que na próxima limpeza sexamos os suficientes como para traer tódalas bolsas dunha viaxe
Photobucket
Todo o que xuntamos
Photobucket

se as novas xeracións se educasen e convivisen con accións de este tipo, mellor nos iría a nós, e ó mundo que deixamos para os que veñan...
Photobucket
Aquí miña irmá, mostrándolle ó seu fillo o mar por primeira vez

A limpeza, que foi levada a cabo por un 95 % de surfistas, era interrumpida ás veces por berros como: -¡Mirade que dereita!
-¡Tubazooo!
-¡Aí ben a serie!¡A recoller rápido que hai que ir para a auga!
Photobucket

Ó acabar de limpar, pegámonos un baño. Ó saír xa ían pola 3ª tanda de churrasco. Que por certo, estaba boísimo (noraboa ós cociñeiros)
Photobucket

Despois do churrasco, algo de charla, e volta para a auga
Photobucket

E nada mellor para rematalo día que unha fogueira para quencer as mans mentres comentamolo día
Photobucket

En definitiva, un día perfecto. Un día no que as nosas conciencias quedaron case tan limpas como a praia

Unha aperta a todos!

PD Podedes ver máis fotos en www.maruxianorte.com e próximamente no blog do club (www.clubsurfostombos.blogspot.com)

viernes, 1 de febrero de 2008

O buscador jallejo máis cul

Xa temos o noso: JUJEL!

WWW.JUJEL.ES

Photobucket

Trátase de google pero en versión jalleja.
Nel podes encontrar frases como: o buscador máis sesi, busca "moi bien", Jalisia search, Mi má!..... e ademáis funsiona! jeje moi simpático si señor.

Graciñas a Maika que me informou da súa existencia! :)

Un abrasoo