viernes, 26 de septiembre de 2008

"O botón das boas nuites"

Así lle chamou Suso Tudor ó sol, cando este se despedía de nós adoptando unha forma algo peculiar.

Foi un día bonito. Moi bonito. E o seu final... de película

Como xa che anunciei antonte, onte repetín praia. Sabía que iba a estar máis pequeno, pero prometía igualmente. En canto cheguei, dinme conta de que non estaba equivocado. Unha ola permetiulle a un tabloneiro ir cara a dereita e a un corcheiro entubarse na esquerda.

Fun correndo cara a auga como de costume e cando entrei comentáronme algo que ocorre moi poucas veces na vida! atento que esto poucas veces vas a escoitar que pasara. Dixéronme:
-"acabas de entrar en el mejor momento, hasta ahora estaba revuelto, mal de viento y rompiendo en barra...ahora se está poniendo muy bonito".... Alucina!! a ti algunha vez che pasou tal cousa? porque o 99,999% das veces é o contrario!
Eu, para facerme o interesante, ocultei a miña cara de asombro e respondín: mmmsi, xa o tiña máis ou menos previsto, por iso vin a esta hora jejeje (é groma)

As olas terían pouquiño máis de 1,5 m reais. Pero rompía moooi ben. un pico deixaba esquerdas que abrían perfectamente e che deixaban no canal para remontar sen mollalo pelo. Na auga, xa éramos máis que antonte. Por alí andaban Chus, (o amigo),Marcos, Uxío, Felipe, Chiki de Foz, Diego de Coruña, un tabloneiro, e ó final do día chegou Suso Tudor.

Dada a calidade das olas, prometinme non saír da auga ata que literalmente non puidese sacalos brazos da auga para remar...e foi máis ou menos así. Ó final do baño quedábamos na auga Suso, Diego e eu.

A guinda do día foi a posta de sol. O sol, a medida que se afundía no mar, iba adoptando unhas formas moi curiosas. Suso: "É o botón das boas nuites!"...tal cual

Photobucket

A foto roubeilla a awakate e photoshopeei o sol ata darlle a forma da que vos falaba. Ademáis daba a casualidade de que tamén éramos tres na auga. Cando o sol estaba desaparecendo, uns golfiños deron por celebralo fin do día saltando por diante dos últimos raios de sol...creando unha estampa de película...

Unha aperta!

miércoles, 24 de septiembre de 2008

BAÑAZO en "paiplain de fora"

Onte tocou bañazo con maiúsculas.

Despois de miralas condicións meteorolóxicas...o baño, prometer xa prometía, pero cando me chamou Carlos de Camelle e me di: "Rubén, xa teño o traxe posto, von pa ajua que esto está mui ben"...non tardei nin 3 segundos en ter os bártulos no coche e estar arrancando para a praia de "alí fora". Carlos é destos que cando di que un baño está ben... podes estar seguro de que está ben. Téñoo na axenda do mobil como un dos "fiables" no tocante ás olas jeje

En canto cheguei á praia, vin unha ola a lo "puerto escondido" na parte esquerda da praia rompendo de dereitas e esquerdas larguíísima. Como poucas veces se ve nese lado da praia. Estaba grandiño e con vento off-shore. As olas color verde claro debido á colocación do sol (detrás das olas).

E na parte dereita da praia seguía rompendo esa esquerda que poucas veces nos abandona. Vamos, que collín a cámara, tirei dúas fotos sin esperar nin un segundo, collín a táboa e corrín a todo trapo ata a praia. Tiña medo de que ó baixar a marea se desfasase.

Photobucket

Saían esquerdas que me recordaron a Pipeline! e non é coña. Dígoo, primeiro polos tubos que caían, e segundo pola forma que tiña o labio ó caer. A ola enroscábase cunha forza tremenda, pero antes de caer subía bastante. É difícil de explicar. É como se en lugar de lanzarse o labio cara adiante e abaixo, se lanzase cara arriba e adiante...dando a sensación de que tiña un labio gordísimo.

Ó principio compartín uns 15 minutos de baño con Carlos, pero despois tivo que irse e quedei só nese pico aproximadamente unha hora. No pico da esquerda da praia, había 4 surfistas, e non me explicaba que facían alí tendo un pico tan bo ó lado do canal...total.. que me acabou picando a curiosidade e fun ata alí non fora ser que estiveran pillando olas aínda mellores. Alí estaba pana e uns colegas... a resposta era que non querían moito tamaño, e alí rompía algo máis pequeno. Vamos, que ó final volvín ó outro pico a coller esquerdolos eu solo e despois con Docal e a moza (Silvia?dios..que merda de memoria).

Peeeeero... a verdade sexa dita. Como me dixo non sei quen (Perry?eu e a miña memoria) agradécese algo de "sinceridade blogueira". Polo que che vou contar que non era todo flores.

Ó canal tiña moitísima forza, deixábache no pico en 2 minutos mentres te sentabas na táboa, pero despois seguía empuxando cara o centro da praia e había que estar remando casi continuamente para estar "quieto" e ben situado no pico. Cousa complicada porque unhas series rompían nun punto, e outras máis grandes casi encima das pedras. En resumidas contas, que olas pilleinas e boas, pero tamén comín de lo lindo. Ó que coñeza a praia sabe a distancia que hai dende os coches ata as olas, e poderase facer unha pequena idea do que se cocía alí abaixo con esta foto

Photobucket

Comentoume un rapaz que nun dos "lavado-centrifugado" quedou espatarrado no fondo, alí atrás, no pico. E a min cazáronme un par que me recordaron ás lavadoras de Mundaka (véase entrada "barrika" jeje) Que violensia! e eso que non eran moi grandes, terían sobre 3 metros reais (porta e media), pero tiñan bastante forza.

Hoxe o baño foi máis tranquiliño e pequecho, pero xa o contarei mañá noutra entrada para non saturar :)

Un abrazo!

lunes, 22 de septiembre de 2008

Por Santiago de Compostela

Esta semana pasei uns días en Santiago de Compostela.
Aproveitei para arreglar uns papeis, pasar uns días con Nacho, traballar nun par de bromas en despedidas de solteiras (estase poñendo moi de moda) e saíndo algo de festa... porque non :)

Dando un paseo fixen un par de fotos e, como non había por onde collelas, aproveitei para experimentar co fotochóp

catedral santiago neons
Aquí podedes ver a catedral de santiago, de noite, iluminada cos neóns novos que lle puxeron, e reflexada nunha fonte que tiña un metro de diámetro

Photobucket
Aquí, poñendo en práctica a "teoría dos tercios" na composición da foto que me explicou Dani Almeida

E aquí unha da alameda tratando de dar un efecto antigo á foto.
alameda santiago antigua
Dani, é moi sinxelo. Crear nova capa, pintar cun pincel de spray de gran tamaño polas esquinas e cunha opacidade dun 30%.Listo!

Un saudiño!

martes, 16 de septiembre de 2008

7º e 8º día Barrika surf camp: La triangu e cumple

O xoves 14, o mar estaba algo revolto por culpa do vento norte. Así que me dediquei a sacarlles fotos ós compañeiros do caamp que estaban aprendendo.

Destacar a este corcheiro canario, que aprendeu en en menos do que cant aun galo a rematar o floter que está facendo na foto. Todo un crack. Despois deste floter un dos monitores solta: "Buenooo! este tio no vuelve a coger un body en su puta vidaaa!!!jajajaj!"


E pola tarde, fumos con Lurta Nicolas (o fundador do camp) e Jess unha monitora majísima, a buscar olas. Atompámolas en "La Triangular"
Estaba un pelínnnn tocado de vento pero non lle afectaba a forma da ola.

Rompían tamén uns 4 m reais, (metro e medio ou 2 dos vascos) pero estes facilíiiisimos. Unha ola que me encantou. Foi o mellor baño da viaxe (si, mellor que o de Mundaka)) porque solo estábamos nós na auga, non había ninguén máis" Collimos mil olas sin parar. Grandes e fáciles

Aquí un video da Triangu


Así estaba esta ola que rompe sobre unha lastra de pedra. A foto está sacada dende un sitio moi alto
Photobucket
Pero xa se ve o ben que rompe.

Foi un dos meus baños favoritos.

5º e 6º día barrika surfcamp: Mundaka impresionante

O mércores despertámonos con formiguiñas no estómago. Un maretón de 4 metros e pico estaba pegando xa na costa vasca.
Almorzamos a base de bien, Lurta prestoume o seu pincho 7,0 para estar ben armado á hora de intentar surfear MUndaka, e marchamos. Os cursillistas para Sope, coma sempre, e nós para a "OLA".

Mundaka, este día estaba cheíño de coches... non había un solo sitio para aparacar en ningún aparcamento do pobo, polo que me fixen un pequeno cálculo da xente que habería na auga e cheguei a conclusión de que o obxectivo do baño era "ir ver Mundaka dende a auga", e si pillaba algunha ola xa podía darme cun canto nos dentes. Ó final, aparquei máis cerca imposible. Xusto a uns metros de onde se salta á auga. Os que coñezan o sitio vanse a dar conta :)

 

Eu baixei do coche e xa fun directo a poñelo traxe. Nin se quera me asomei a ver como rompía. Ó final.... rompía grande :)

Descripción do baño de Mundaka:

Unhas 50 persoas na auga, que distribuídas nunha liña de uns 200 metros non se facía tan "espeso" como esperaba.
Rompían olas de un tamaño considerable 2m segundo os vascos, 4m reais, dúas portas, un 2º piso, chámalle X. Estaba grande de carallo. Ademais, a cuestión non era a altura da ola senon a anchura! algunhas eran tan anchas como altas. Había unha sección que sacaba un tubo que daba medo.

Según os locais, non rompía ben de todo. Non era unha cremallera perfecta. A "armonía" da ola rompíase nunha sección que cerraba uns 20 metros cun tubazo coma unha casa. A xente pasaba a sección por debaixo cunha velocidade impresionante, e algún outro colgado, como "Zumo" (David bustamante) entraba no tubo todo estirado cos brazos levantados en plan...."a lo loco". Era unha sección imposible de atravesar por dentro do tubo.

Quitando esa parte, o resto da ola abría perfecto moitíiiisimos metros.
A profundidade que había na sección tubera era moi pouca, por momentos tocabas cos pes na area. Habería metro e medio cando a ola chupaba.

A min cazáronme dúas olas das grandes na súa sección máis potente. Levantóuseme diante unha parede marrón (levantaron moitísima area) e caeu un labiazo gordísimo uns 4 m diante de min. Pegoume a lavado/centrifugado/paliza acuática máis salvaje que levei nunca. Pero non o pasei mal porque tiña moito aire, estaba tranquilo, sabía o que me esperaba. En canto din sacado a cabeza, só me deu tempo a dar outra bocanada de aire rápidamente antes de ser papado pola seguinte... Foi unha experiencia agradable. jeje. Despois deso remontaba máis tranquilo, como coñecendo o peor que me podía pasar na auga e sabendo que son capaz de sobrevivir :)

Eu só collín UNHA ola dende o principio ata o final. Unha das grandes, e foi porque veu unha serie moi grande e a xente tirou mar a dentro para non ser cazado e eu esperei pola primeira. Era a miña única oportunidade. Sacando ese momento, ou roubabas unha ola ou non surfeabas.
Cando cheguei ó último tramo da ola (ata que rompeu en barra despois de mooooitos metros surfeando) dinme conta de que a última sección da ola estaba casi vacía. Había 5 enanos de uns 10 aniños surfeando 20.000 veces mellor ca min. E a ola tiña nesa sección uns 2,5 ou 3 rompendo perfecto e con seccións moi tuberas. Dende que me quedei nesa parte xa surfeei máis. (unhas 15 olas máis)

Esta foi a entrevista que lle fixen ó meu amigo Alex despois do baño :)


e a ola, para quen non a coñeza, é esta
.

Estivemos surfeando unhas 3 horas e pico. Acabamos tan rebentados que despois de comer, aínda sabendo que había boas olas en laredo, quedámonos nas hamacas durmindo. Dímolo día por rematado

Rematámolo día, pero non a noite ;)
Photobucket
Un bar hippierolo a pé de praia




3º e 4º día Barrika surf camp: Sopelana, Mundaka e taller de táboas

O 3º día o mar aumentara, fumos ata Sopelana, onde os compañeiros se iniciaban no surf, e despois de ver as olas tirámonos nos tamén na mesma praia, pero para un dos picos que había á esquerda. Foi un baño que me encantou. as 2 primeiras horas con unha ou dúas persoas na auga. Esquerdas e dereitas de 2m reais. Algunha larguíiiiisima.

Cando os compañeiros acabaron o curso, saímos da auga, pero cando nos enteramos de que os monitores se iban a botar onde estábamos nós, volvimos con eles para a auga. Outra horiña de baño que sentou xenial. Baño con 0 nudos de vento

Pola tarde o mar aumentou unha salvajada, e botámonos tamén en Sopelana pero aquelo era un revoltijo de manda cuidao. Remontar era casi imposible. Vimos ós monitores baixarse un olote de 4m como Manolo por su casa e cunha tabla enana (doble mérito).


Martes 12 (4º día)
Debido ó aumento de mar, decidimos tirar (por consello dos monitores) a Mundaka.
Como nos metimos mal por un cruce, fumos dar co pobo veciño de Mundaka, e uns policías moi amables leváronnos ata a famosísima ola.
Photobucket
Chovía a cántaros, por iso non sacamos ningunha foto da ola

Eu xa contaba con cienes y cienes de personas.. pero non. había UN tablonero. Namás.
As olas tampouco eran unha virguería, pero saían esquerdas de 1,5 a 2 m que abrían bastante ben e tiñan forza. Vamos, unha merdiña para ser Mundaka pero unha gozada de baño que non soe haber tódolos días. Ademáis, ó pouco de entrar, Alex e eu quedamos na auga completamente sós.


Pola tarde, como o mar non estaba para os recién bautizados no surf, despois de durmir unha siestiña despois de comer fumos a visitar o taller dun coñecido shaper (non me acordo do nome!!son o peor)

Photobucket

Despois visitamos un centro comercial para que algúns mataran o mono de comprar ropitas y prenditas de marquita... e despois para o surf camp, a descansar, cear, charlar, rir, tocar a aguitarra e durmir... (quen poida, que o día seguinte entraban 4 metros de ola!)