martes, 29 de diciembre de 2009

Pero que majos!

jajaja, que agradable sorpresa cando me atopei isto navegando pola rede blogueira...
PREME AQUÍ
Con amigos así da gusto!

E xa postos, un comentario de Fer que me fixo gracia :) ....
"Ferdoesaro:Son quentiñas, grandiñas de carallo, paresen de boa calidá, bo presio, e o mellor e que son exclusivas e bonitas como elas solas!!! de q falo??"

Alégrome moito de que vos gusten! O que máis me enorgullece é que vexo que os que teñen a sudadera (polo menos por Corcubión) non a quitan de encima! e eu tampouco claro jeje

Que teñades un moi bo día

lunes, 28 de diciembre de 2009

Escapada a Valgrande Pajares

Aquí vai unha entrada vaga, sen procesar ningunha foto nin nada, comento por riba.

Quedamos as 6 da mañá toda a tropa (Danix, Orozco, Marcos, Pol, Pil, Monk, Ramón e eu) en Coruña para colocar tablas e esquís na baca e tirar millas

Photobucket
Danix non aguantaba coas ganas e xa quixo sentir as gafas de ventisca mentres conducía. As caras dos/das que nos atendían nos peaxes eran un poema. E por se lles quedaba algunha duda sobre a nosa cordura, asomábame eu polo lado do conductor e matizaba alegremente: Imos á nevee!!!

Uns conducindo e charlando, e outros aproveitando o tempo doutra maneira jeje
Photobucket

En canto a alguén lle asomase a babilla, aí estaba eu para cazalo todo jeje
Photobucket
(os que sacamos fotos só saímos se atopamos algún espelliño que senon...)

En canto chegamos despois dunhas 3:30 h de viaxe, vestímonos a todo meter...
Photobucket
Cada un ideaba a súa maneira para non mollarse os pés

Esta cámara viu as montañas de lonxe, non me atrevín a subir á pista con ela por se me emocionaba nalgunha baixada e ocorría algúnha desgracia.
Photobucket
Pero si que sacamos fotos e videos co mobil, así que xa subirei algo máis se teño tempo.
As 5, ao acabar a sesión...
Photobucket
famentos (non comimos por aproveitar a neve ata o peche das pistas) mortos de cansancio...fumos para o albergue que tíñamos reservado sen parar de pensar en un bo chuletón para repoñer forzas.

-La cocina no abre hasta las 8:30
-NOOOOOOOOOO......!!!!!

A base de bolsas de patacas fritas e despistándonos un pouco con chistes e algunha partida
Photobucket
fixemos tempo ata a hora da cena.

Despois, directos para cama.
Photobucket
Habitacións con 20 literas que chegaban de sobra para durmir como pedras.
Outros retrasamo un pouco máis a durmida...
Photobucket
Photobucket
Photobucket
Anque non o pareza, so empreguei exposicións de 2 e 3 minutos... pero co teleobxectivo apuntando cara o sur, o rastro das estrelas era maior.
Ao abrir e ao cerrar o obturador, debe de entrar un exceso de luz qeu provoca eses "puntos gordos" de luz ao comezo e ao final do rastro das estrelas. Non sei se se deberá ao movemento do espello. Se alguén o sabe, que comparta sabiduría :)

O día seguinte tivemos unhas condicións de visibilidade perfecta, e a neve en moi bo estado tamén, con zonas de forapistas cubertas de neve totalmente polvo.

Como o luns daban chuvias para toda a península, aínda que alí fose neve, sabíamos que non ía a haber visibilidade ningunha así que o domingo volvimos para casa denoite. Caeunos unha nevada do copón no camiño, pero chegamos moi bien. Cansados, contentos e satisfeitos

Apertas!!

A miña irmansiña preferida

Hai xente que detesta estas datas por múltiples motivos: compromisos, hipocresías, consumismo desmesurado... Pero, se non empregamos como escusa estes días...cando nos xuntamos todos?
Photobucket
Aquí a miña irmansiña, fotografiada aproveitando un raiolo de luz que entraba pola porta da miña avoa

Apertas e a pasalo ben!

viernes, 25 de diciembre de 2009

Do deserto á neve!

Bueno, meus... marcho a rebozarme. Esta vez non en montañas de mar brancas, senon en mares brancos de montaña.
Un finde en Pajares cos amigos onde espero pegarme uns bos leñazos, sacar algunha que outra foto, rir, rir e rir.
Photobucket
A este paso non colgo as entradas de Marrocos na vida...
Unha aperta!

Espabilemos! que a vida son dous días e xa pasou un!

jueves, 24 de diciembre de 2009

Sudaderas! chalecos!.. bueno, bonito, barato!

Imos adiante!

Cando decidín facer sudadeiras para os "catro amigos" que seguen o blog, nin se me pasou pola cabeza que ía a chegar a este punto (130 pedidos en menos de un mes!), pero xa que a cousa parece que avanza, decidín intentar facer as cousas ben.

A semana pasada rexistrei a marca "surf costa da morte" co seguinte logo
Photobucket
A partir de agora, os deseños que saque, sexan como sexan, levarán ese logo en miniatura nalgún lado da prenda como distintivo, cual cocodrilo de lacoste, pero con máis clase jajaja

Hoxe saltei o muro do veciño para disfrutar do seu estudio de fotografía que ten montado en casa, con flashes profesionais, paraugas reflectores...etc e ademais de aprender un par de trucos aproveitamos para sacarnos unhas fotos coas sudaderas e algunhas das cores que están saíndo
Photobucket

Aquí temos a yaiza posando cunha sudadera último modelo ;) anticipándose á moda que arrasará no mundo enteiro este inverno xD
Photobucket

Roberto, cazador cazado cunha sudadeira azul marino zafiro. Vaia xoias de cámaras que ten o condenado.
Photobucket
Photobucket

Tamén fixen un chaleco con un montón de bolsillos pola parte dianteira (moi de fotógrafo:) que non quito de encima
Photobucket

Debido ao coste do rexistro da marca que teño que intentar amortizar e do choio que me deron estes pedidos (envíos, pagos, impagos, quedadas, chamadas, tallas que non serven...etc), tal e como avisei, decidín dar por rematada a "oferta de lanzamento" e as sudaderas e chalecos pasan a costar 30 €

Ademais, se pretendo que algunhas tendas (como Raz a partir da semana que ven) vendan algunha sudadera miña, non podo pretender facerlles a competencia cun precio tan ridículamente barato.

Ademais das sudaderas, podedes escoller calquer tipo de prenda nos seguintes catálogos e eu adapto este primeiro deseño da mellor forma posible, facendo un precio do máis económico. Só tedes que consultarmo.
VALENTO
ZIRAKETAN

En fin, elaborei un informe que, se cubrides, introducirame automáticamente os datos do pedido nunha ficha de excel para levalo todo coa mellor organización posible

Cubrides todo, dádeslle a enviar e listo.

Se escolledes a opción para que vos envíe a sudadera a casa, contade con uns 7 euriños máis. Fai un bo regalo de nadal! ;)

Unha aperta a todos!!
Que o pasedes moi ben nestes días, e noutros tamén. Os días de festa e os de non festa. Sede felices en xeral, sabedes que sempre volo digo. Non vos esquezades de sorrir

FELIZ INVERNO!!!
:*

lunes, 21 de diciembre de 2009

Orillerote en Montalvo

Por un encargo retomei unha das fotos que procesara e publicara mal e a rastro aquí no blog fai un par de meses.

Fora un día de olas orilleras e cañeras nesta praia pontevedresa, a onde me acerquei (gracias ás pinzas de Dani) nun descansiño entre mural e mural.

Nunha das fotos máis tuberas que colleu Albino mentres estaba eu alí presente foi a seguinte. E de tódalas fotos que tirei nesa secuencia, esta é a que máis me gusta.
A orixinal é esta
Photobucket

A destrozada por min cando a publiquei no blog...esta birria
Photobucket

Aquí a correxida
Photobucket

E finalmente, un procesado un tanto agresivo pero qeu me gusta como queda
Photobucket

Teño un problemiña co photoshop que non sei como solucionar. Resulta que a saturación e a temperatura da cor dunha foto non é a mesma no programa que fora del. Por exemplo, eu case qeu teño qeu ver a foto así de saturada no photoshop...
Photobucket
para que ao gardala nunha carpeta e abrila con calquer outro programa a vexa máis ou menos normal. A alguén máis lle pasa? ou é cousa da bruxería desta casa?

A modo de anécdota... comentar que experimentando con esta foto probei a ampliar a resolución da mesma ata acadar os 6m de ancho. Evidentemente a nitidez non mellorou pero desapareceu o pixelado. Algo así como as camariñas compactas que teñen unhas ópticas maliñas pero como poñen 8 megapixels a xente xa pensa que sacan fotos boas.
E ao eliminar o ruido de color notei unha melloría incluso despois reducíndoa. Vamos, que creo que a eliminación de ruído de color se fixo mellor gracias a tela ampliado tan esaxeradamente. Ao mellor estou equivocado, pero foi a impresión que me deu.

pd. Non, non acabei coas entradas de Marruecos, aínda quedan as pouquiñas fotos de olas que temos, pero é que entre pitos e flautas.....flautas e pitos

viernes, 18 de diciembre de 2009

Bendito swell do suroeste

Bendita auga morna
Bendito Suso que quedou fóra sacando fotos
Bendito mar
Bendita textura da auga
Benditas pedriñas que dan forma á auga
Photobucket
Aaaaaaaaméeeeeeeennnn

miércoles, 16 de diciembre de 2009

celóuseme o mar...

...por ir surfear ao extranxeiro. Debeuse sentir menospreciado, infravalorado... e quixo recibirnos co mellor dos seus baños para que nos deramos conta de que aquí... somos queridos polo mar.
Photobucket

Photobucket

lunes, 14 de diciembre de 2009

Sudaderas surfcostadamorte en Raz

Moi boas!

Preséntovos a primeira prenda da marca surfcostadamorte.
Photobucket(esta vaime un pouco grande que é a XXL)
Oferta de lanzamento: 20 € ata o luns 21 de decembro. Os encargos a partir do luns costarán 30.
Sudadera de bolsillo e capucha con grabado en vinilo textil (queda xenial, con bo contraste de color e non cuartea co tempo)

Moitos dos que encargastes sudadera vivides en Coruña ou arredores. Para facilitar a entrega e aforrarvos os gastos de envió (son uns 7 euros), os que aquí me avisedes teredes a partir do venres as vosas sudaderas na tenda de surf Raz.
Photobucket

Photobucket

Por se alguén non sabe onde está: Rúa Fernando Macías nº 16
Photobucket

Dependendo da aceptación que teñan estas sudaderas xunto coas camisetas en distintas tendas de Cee e Coruña comezarei a intentar distribuílas por máis sitios. (Para iso me paguei o rexistro que non é moco de pavo). Así que se aínda non te decidiches... aviso que é posible que máis adiante aumente un pouco o precio. Xa que esta é a primeira tandada de lanzamento, de proba :)

AVISADE NESTA ENTRADA TODOS OS QUE QUEIRADES QUE VOS DEIXE A SUDADERA EN RAZ
Unha aperta a todos!

sábado, 12 de diciembre de 2009

As sudaderas están listas!

Quedaron moi chulas!
Ao final fixemos a impresión en vinilo textil que queda moito mellor, dura máis, non cuartea nin se suavizan as cores.
Os que tíñades unha sudadera encargada e queirades que se vos envíe por correo (canarias incluído;) enviádeme un correo a carpediemsempre@hotmail.com indicando a vosa dirección e xa vos conto como facemos o do pago.
E o resto, pois xa podemos facer por quedar.

Morocco: Kilómetros e nocturnas

Con estas pintazas comezábamos a conducir.
Photobucket
Polas noites facía un frío considerable, e a medida que avanzaba a mañá as prendas ían voando hacia a parte traseira da furgo ata quedar en bañador e chancletas. Era un contraste de temperatura que se facía máis notorio canto máis ao sur.

Turnándonos ao volante comezamos a nosa travesía.
Rumbo sur, rumbo sáhara...sin rumbo.

Seguro que a viaxe se nos fixo máis corta que a este home que se debeu quedar sen gasolina no medio do deserto. O que se ven chamando "un marron".
Photobucket
Ás veces, despois de un par de horas conducindo sin ver máis que carretera e deserto...atopábaste un señoriño sentado nunha pedra. Lóxicamente pensábamos que nos acercábamos a algunha poboación, pero, despois seguias conducindo outras dúas horas e cando, derrepente, te acordabas do homiño que viras 200 km atrás, pensabas: que carallo estaría facendo alí?

Photobucket
Fixemos unha parada cando atopamos un supermercado e compramos 40 litros de auga e comida para a viaxe. Xa non nos facía falta nada máis.

Paramos a durmir nun sitio que controlaba Alberto. Alí coñecimos a este rapaz que se dedica a levar de viaxe á xente por Africa adiante por un módico precio na súa furgo 4x4.
Photobucket
F/8 ISO 100 605 Segundos de exposición
Esta foto foi feita completamente de noite. Polo rastro das estrelas xa se ve que foi feita cunha exposición larga, pero había un exceso de luz por parte da lúa chea que me impedía facer un tipo de foto que tiña en mente.
Despois volvimos a coincidir con eles 600 km máis abaixo :)

Cociñamos un polo nunhas brasas (é a primeira vez que vin facer un lume sen medo incendiar un monte) e cando todos se foron para cama... eu fun a ver se cazaba algunha foto do entorno
Photobucket
Creo que nunca sentín tanta "soidade?". Non sei cal é a palabra adecuada. Estábamos tan afastados de todo...
Funme do campamento base bordeando a costa. Non moi lonxe, coa cámara e o trípode, sen linterna, camiñando acompañado da luz que me regalaba a lúa chea. Comecei a meterme polo medio dunhas pedras para intentar buscar un encuadre adecuado. Aí xa había zonas máis escuras. Era inevitable imaxinar que te ías a atopar con algo ou alguén despois da seguinte pedra, pero era unha sensación que me gustaba. Como cando de pequeno non podías deixar de mirar esa porta do armario que quedara medio entreaberta permitindo "non ver" o que hai dentro. Gústame de vez en cando buscar situacións que normalmente darían un pouco de medo para comprobar que non o sinto. E se o sinto, pois a disfrutar. É unha sensación irracional, un xogo mental, segregas adrenalina, é un experimento con teu corpo e cabeza.
Cando me vin escondido tras unha pedra, a miles de kilómetros de casa, a escuras, nunha zona desértica, cun silencio que fala...Pensei: que guay, non teño medo...Pero a palabra apareceu :) Foron momentos moi bonitos

Photobucket

Photobucket

Continuará...

viernes, 11 de diciembre de 2009

Marrocos: chegada...e toma de decisión

Comezamos a viaxe collendo un avión de Madrid a Casablanca. Por alí cerca esperaríamos a Alberto e Susana que saíran un día antes ca nós co seu superfurgón preparado artesanalmente polo dono. Non lle falta detalle.

Chegados ao aeroporto marroquí... primeira tarefa: alquilar coche para os 10 días de viaxe. Víñamos pensando en coller a cousa máis barata posible, pero o máis barato era o Dacia Logan e costábanos uns 400 € e unha kangoo 500 e algo. Lembrei iso de que nesta terra todo era negociable, e intenteino con ese señor encorbatado que nos abordou polo aeroporto co saúdo de: -coche?coche?. Debíamos de ter cara de "son español estou máis perdido que un pulpo nun taller, necesito coche e non sei nin donde nin como pedilo"

Por sorte aquel señor falaba tan mal o inglés coma min, por iso nos entendíamos bastante ben. Eu falaba francinglish. 80% inglés, e as palabras que sabía en francés soltábaas. Para quen non o sepa o francés e o árabe son as linguas cooficiais en Marrocos

Comecei a regatear co señor ata conseguir a kangoo por 260 euros e un día de regalo. Vamos, que nos saíu a 13 euros coche/día/persoa. E diesel! que alí está a medio euro o litro.

Arrancamos para unha estación de servicio (que teñen mezquita para rezar) a esperar aos nosos compañeiros de viaxe. Presentación dos vehículos que nos levaron por máis de 3500 km por terras africanas:
Photobucket
Nos empaquetáramoslle a Alberto a tenda de campaña, pero nin a tocamos porque na kangoo, cos asentos traseiros reclinados o colchón hinchable cabía perfectamente así que durmimos comodísimamente no coche toda a viaxe. Máis seguro, menos frío, cómodo...e sin ter que montar tenda de cada vez (a´ñinda que acabamos escarallados das lumbares de tanto inflar o colchón co hinchador da cometa de kite).

Pois ben, a decisión tan difícil que tivemos que consultar coa almofada (chaqueta doblada) era a seguinte:

Pastilla azul...ou pastilla vermella?
Photobucket

-Irse para a zona de Agadir e Taghazout (5 horas de viaxe) onde están as ondas máis famosas, con máis probabilidades de surfear pero todo máis enfocado ao turismo europeo, surfshops, e un toque urbanita ou...
Photobucket

-Tirar millas cara o sur, hacia dakhla, deserto, en busca de olas en función das lineas que víamos no google hearth, con menos xente pero tendo qeu conducir 20? 30 horas por unha pista estreita como a que vai de Pereiriña a Nemiña nunha viaxe de 10 días.... O tema era algo así como aterrizar no aeroporto de santiago de Compostela e decidir ir ata Suíza en coche. Pero... eu na miña cabeza tiña esta imaxe
desierto,desert
e como a cabra tira ao monte, decidimos todos arriscarnos a baixar e que fose o que Poseidón quixese...

miércoles, 9 de diciembre de 2009

No aeroporto de Barajas...

... as 9 da mañá, sen durmir, cansados de conducir toda a noite...púxenme a matar o tempo intentando cazar expresións; non caras, expresións. Mentres Mesi amontonaba un par de mochilas e chaquetas para durmir un pouco, eu agazapábame tralas columnas como policía americano na esquina da rúa, co meu miniteleobxectivo intentando cazar literalmente a persoas mentres as que me vían, simplemente flipaban. Se ve que en Madrid non é moi común esconderse nas columnas dos aeroportos para sacar fotos... en fin.
Cacei a este rapaz inmerso totalmente na lectura do seu libro. Polo que se pode intuir con un final tenso e emocionante. Non vos dan ganas de mercalo?

Photobucket

Poucos días despois de ler a frase dun fotógrafo que dicía algo así como que el non quería cazar fotos, senon historias, sorprendeume gratamente o que pasou hoxe no facebook.

Colguei esta foto nesta "descoñecida" rede social, e unha amiga comezou espontaneamente a comentar co inicio dunha historia que esta foto lle suxeriu (eu, obviamente, seguín o rollo jeje):

Carolina
buuu buuu buu. Este é un soldado americano que vai axudar ó shara en busca dun mundo mellor, loitar polos dereitos americanos. Saliu da casa (de madeira, con xardín diante e ca bandeira colgando) e deixou a nai (con delantal e facendo tartas pa poñer na ventana) e ós seus irmáns pequenos na porta despedindoo. Es un hombre, dixo a nai cando el marchaba polo xardín ca mochila ó hombro

ah! o pai por supuesto morriu en vietnam

Rubén
jajjaja.... e padrastro, mirando como marchaba polo camiño do xardín coa sua mochila, soltou unha lágrima e sabendo que non era unha sensación recíproca, díxolle á muller que se sentía orgulloso de el. Ela tranquilizouno dicindolle que é cuestión de tempo que o recoñeza como a un pai... que ten qeu esperar máis anos... el asentiu e abrazáronse. O rapaz non volveu mirar atrás, subiuse no autobús e dende o seu asiento, cando case se perdían de vista, levantou a man levemente en forma de saúdo...

Carolina
(moita calor facía, todos se vían sudorosos e case sen brisa) Cando subíu ó autibús, amarelo e vello e se sentou, logo de despedirse, lembrouse de Sally. Facía un mes de cando a invitou ó baile do curso, unha mañá onda as taquillas do pasillo do instituto. Él só era una calquera e ela a xafa de animadoras. Ela só se burlou del porque o resto das animadoras estaban alí e el.....el........dou a volta e decidiu dunha vez alistarse, tal como fixera seu pai, e desixar todo aquelo atrás...

Rubén
xD
...antes de subirse ao avión... Ver máisón, quédase durante un minuto mirando a papelera co mobil na man. Tras un momento de valentía, decide tirar o mobil na papelera para romper totalmente o contacto co pasado, e trazar unha liña no presente para crear un novo futuro, o seu futuro, e non o que o seu padrastro quería nin con un corazón partido.
(primer plano do mobil no fondo da papelera de rejilla... mentres se ve como as antigas zapatillas marróns de Jack se alonxan hacia unha desenfocada porta de embarque....O mobil comeza a vibrar en modo silencio.. drrrr drrrr drrr, drrr drrr drrr, a pantalla ilumínase e aparece un nome: "sally"...

Carolina
bueno poñer poñía Sally Bitch porque cando se enfadou con ela, nun momento de rabia cambiuolle o nome.
Mentres, na casa a nai, que poñía outra tarta de mazán na ventana a enfriar, só pensaba no seu filliño e na sorte q ía correr. E entrou na cociña o padrastro e......unha vez mais, coa macheta de cortar leña na man, pegoulle á nai unha paliza brutal, como aquelas que Jimmy sempre levaba (Jimmy veáse chico da foto)

Rubén Prieto Tomé
Jimmy sentiu que algo pasaba no seu interior, e eses pes desenfocados que estaban ao pe da porta de embarque qued... Ver máisáronse parados.... era un apretón. deu media volta e foi correndo a uns baños auxiliares portatiles, desabotonándose o pantalón polo camiño mentres cagaba peidos qeu se confundían polo ruido entre gaseoso ou solido/liquido...
sentouse, fixo a súa primeira e explosiva deposición diarreica, e despois do apurado momento, sacou o libro que casi estaba acabando. Ese tan emocionante. Estaba tan inmerso na lectura que non se decatou que de un peido tremebundo, derrubou as finas paredes do cuarto de baño e quedaba alí, á vista de todos cagando en pleno aeroporto.(Véase foto)
Correndo por un pasillo chegaba ela, Sally, que non podía soportar a idea de qeu o ser amado Jimmy se fose para non volver. Ao ver o panorama, e o que cheiraba... deu media volta, mentres o chuleta popular do insti a esperaba victorioso co seu bmw descapotable na porta do aeroporto

Carolina Rodríguez
(ahora que cheguen os clientes e vexan á recepcionista a carcajadas diante do ordenador). A jimmy doulle tempo de medio vestirse e sair ó pasillo e co pantaclón collido cas mans, viu como Sally se metia no bmw..........acabarase..todo se acababa polo apreton..

Rubén Prieto Tomé
a súa expresión non podía ser outra: vaya cagada...

jueves, 26 de noviembre de 2009

Marcho!!

Rapaces, a partir de mañá esto vai a quedar parado por uns 12 días.
Motivo? Surfari a Marrocos.
Mañá estarei cos preparativos, pedirei as sudaderas para telas á volta, o venres grabo un anuncio para a consellería de pesca, e a madrugada do sábado...hacia rutas salvaxes.

De ruta por África cara o Sáhara en busca de olas e praias perdidas.
Area, dunas, calor, sol, olas, auga morna, surf, bocatas, tendas de campaña, risas, polis corruptos, bañador, camellos, durmir, estrelas, ceo, macarróns, paseos, fotos, rutas, amigos, furgón, salitre, menceres, atardeceres, charlas, deserto, area fina, silencio, ceo, silencio, estrelas, silencio...

Retratos por Santiago

O día 24, facendo tempo por Santiago, agazapeime para cazar humanos...As presas máis ricas... os máis débiles. Vellos e nenos.

Bella
Photobucket

Este en canto veu a cámara empezouse a descojonar de risa :)
Photobucket


Photobucket

Agarrando forte, medo a perder, cariño, dependencia, fráxil
Photobucket

E por último un autorretrato no reflexo dun escaparate
Photobucket

Máis fotos dese día AQUÍ

miércoles, 25 de noviembre de 2009

escolle prenda!

Bueno... Mañá vou a facer o primeiro pedido. Así que esta última entrada para ultimar detalles.
O deseño escollido para a sudadera é este
Photobucket

As súas características técnicas son:
Photobucket
As tallas hai as que vedes. E a min dame a sensación de que tallan pequeno, é dicir, a min faime falta unha XL. A "L" sírveme perfectamente pero algo xusta nas mangas. E como este tipo de prenda penso qeu é mellor que qeude grande que pequena.. non vos cortedes.

O o prezo é de 20 €
Había sudaderas co mesmo formato de capucha e bolsillo máis baratas, pero de peor calidade. Así que preferín este modelo, xa que coñezo a moitos que levan tempo con esta mesma sudadera e nin fai bolitas, nin encolle nin nada. É boa.

As cores a escoller poden ser estas
Photobucket
A os que non viran esta entrada antes da tarde do xoves e non especificaran color collereina negra, como a da foto inicial. Ou gris.. non sei.. como me dea a venada :)

Se algunha quere unha camiseta co mesmo deseño pode escoller entre estes modelos
Photobucket
Photobucket

E se alguén quere unha camiseta normal de tio, co deseño minimalista, que avise tamén.

Anque mañá faga un pedido podédesvos seguir anotando nesta entrada para os seguintes que se fagan. Paso para aquí a lista. Vou a deixar un comentario cos nomes dos que están anotados (non escribo aquí para que non aparezan os vosos nomes nos resultados de búsqueda de google).