sábado, 28 de febrero de 2009

Un pouco de skimboard


Sempre me chamou a atención este deporte. Anque vexo nel máis posibilidades de lesionarse que co surf.
Nunca vos pasou o de saltar a toda velocidade encima da táboa e tras un pequeno fallo de cálculo, a perna de adiante queda na táboa e a de atrás na aréa. Dada a diferencia de velocidade existente entre as pernas...tenden a separarse drásticamente, provocando sensacións non moi agradables. Aposto a que a Perry algo así lle tuvo que pasar algún día jeje

viernes, 27 de febrero de 2009

VIAXAZO Á NEVE POR 300 €!!!! CHÁMAME

BOAS!

ACABO DE ANULAR UNHA VIAXE QUE TIÑA PENSADA PARA A SEMANA QUE VEN Á FORMIGAL POR UN TRABALLO QUE ME SAÍU.

PERO ALGÚEN PODE IR NO MEU LUGAR!

INCLÚE:

UNHA SEMANA ESQUIANDO EN FORMIGAL, VIAXE EN AVIÓN QUE SAE DE CORUÑA O SÁBADO ÁS 7
FORFAIT PAGADO PARA TODA A SEMANA
MEDIDA PENSIÓN
HOTEL A PE DE PISTA

TODO POR 300 EUROS.

PERO TEÑO QUE SABELO XA! ANTES DAS 2
CHAMÁDEME 655 578 544

jueves, 26 de febrero de 2009

Semana de paseo

O martes, tal e como temos por costume, fumos en familia a Lugo, a terra de onde procede a nosa árbore xenealóxica.
Ademáis do que aleda atoparse cos familiares que ves un par de veces ó ano, é un día especial pola cantidade e calidade da comiiidaaa!! jeje. Particularmente, os postres, son os que máis me gustan de tódalas festas gastronómicas do ano. As orellas e as filloas...aaahhhggshssshh
que cousa máis rica dios mio..
Photobucket
Photobucket
Porque só se farán nestas datas??

Se alguén me quere facer un regalo.. con un platiño destes vou máis que agradecido jaja

Despois da comilona dimos un paseo por Lugo, onde facían unha pasarela de disfraces.
Fixéronme gracia estas dúas rapazas que, independientemente da pasarela, fora de todo concurso, colleron as súas sillas e puxéronse alí toda a tarde a morenear as súas celulíticas pernas jeje
Photobucket

O mércores funme ata Santiago.
Unha nave con material do audiovisual e do teatro regalaba o que lles quedaba para que "llo quitaran de diante" antes de mudarse de sitio.
Alí atopeime a Ton, un amigo que coñecín en Lugo, co que fixen un número de Mimo para o concello, nos días da seguridade vial.

Facía tempo que non nos víamos, así que acabamolo día xuntos. Fumos comer unha pasta al pesto (nunca a probara, está cojonuda!) e despois de paseo por Santiago. Liándoa un pouco...
Photobucket
ata acabar no parque de garabolos? (sempre me confundo). Un sitio moi bonito ó que nunca fora onde recordamos vellos tempos, fixemos acrossport, practicamos xestos do munda da pantomima... é dicir, fixemos o tonto ata non poder máis

Photobucket

martes, 24 de febrero de 2009

Un día no fin do mundo

Hoxe fun ata a praia pola mañá, alí xa estaba Dani na auga (surfinglifebydani.blogspot.com) Collimos unhas oliñas decentes con pouquiño vento e moito sol. Eu de cara a el cual cormorán secando as ás, e Dani de espaldas xa que se queimou a cara os días anteriores...

Despois de coller un par de esquerdiñas... fumos ós coches e estivemos alí un rato de palique, tomando o sol tumbado sobre o coche e con Bob Marley cantando para nós.
Photobucket

Despois de relaxalos músculos tralo baño... chegou a hora de comer. Outro dos grandes placeres da vida, despois do surf e o sexo.

Nada mellor que un bo bocata de calamares da típica taberna de fisterra medio escondida e medio cutre, pero que fai os mellores bocatas da comarca. Invitou Dani porque un minuto antes de comprobalo euromillón díxome: si me toca, te invito. E cumpliu a palabra jeje

E que mellor sitio para comer? pois un sitio que, para min, é un dos máis bonitos da costa da morte. O cumio do monte Facho, dende onde divisamos a un lado a salvaxe praia de mar de fora, e ó outro o pobo de Fisterra

Esta foto saíu mal porque se me nublaba a vista coas ganas de jalarme o bocata...
Photobucket

Despois do bocata, charlas e fotos.
Photobucket
Aquí tedes ó cazador cazado. Xa veredes as fotos que sacou o fenómeno este... Casi igualan en calidade ás miñas feitas co mobil jaja

Despois volvimos á praia a sacarnos unhas fotos moi curiosas... a ver se me pasa Dani algunhas das que fixen ca súa cámara, e senón xa as veredes no seu blog :)

Despois da posta de sol, un biscoito de chocolate riquisisisísimo (leader price) un sandwich e para casa.

Balance do día: Surf, bocata riquisimo en sitio cojonudo, fotos e charlas con amigos, posta de sol incrible no fin do mundo, e algo novo aprendido para casa (é difícil non aprender algo de fotografía con este home). Que máis se pode pedir?

Se algún filósofo sigue dicindo que non existe a felicidade, que se pase por aquí.

domingo, 22 de febrero de 2009

unha prima no himalaya

Un amigo (Juanma) envioume unha foto na que, según el, aparece unha prima que teño no himalaya
Photobucket

A verdade é que o parecido é considerable jejeje

lunes, 16 de febrero de 2009

E o vello dixo...

vello 1: Pero loho... se a terra vira, haberá veses que taremos patas parriba e outras patas pabaixo non?
vello 2: Non oh! que non ossilamos* tanto

(*.Do verbo oscilar)

Basado en feitos reais. Conversación escoitada en Corcubión

sábado, 14 de febrero de 2009

Por ti

É tan difícil escribir isto...

Ocorréronseme tantas cousas que dicir... e agora...

...agora as palabras afogan no propio pensamento que as crea.

Só quería que todos soupesen que en Corcubión non perdimos a "un joven de 22 años"...

Perdimos a un amigo.

Podería escribir sobre o que vivimos. Sobre o que fuches e serás para nós... pero non serviría de nada.

Porque os que te coñecemos non necesitamos recordalo. Recordarémolo sempre.

E porque os que non te coñeceron, nunca o saberán. Hai persoas, recordos e sensacións que están a anos luz do que unhas palabras poden transmitir.

Iago, non te olvidaremos

martes, 10 de febrero de 2009

De escapada ós Madriles

A asociación de actores e actrices de Galicia (www.aaag.es) organizou xunto con Aisge (www.aisge.es) a presentación do catálogo de actores galegos en Madrid.

A tódolos socios nos chegou unha invitación de Vicente Montoto e Pilar Bardem (presidenta de AISGE), e como non é cousa que pase tódolos días... deume a arroutada e decidín ir. Xunto con outra actriz que coñecía collín un billete de ida e volta a Madrid. Ida o día 3 e volta o 4.

Anque pareza mentira, con 23 anos que teño, nunca fora en avión; un motivo máis que me animou a ir. Ademais, cos temporais que estaban caendo malo sería que o vóo non fose animadiño e así levaba algunha descarga de adrenalina no pack.

Por desgracia.. case non houbo nin turbulencias. Fun coa compañía Rynair, e o vóo foi do máis tranquiliño. Anque fomos máis da metade da viaxe con nubes...
Photobucket
Por momentos despexou para que puidéramos ver tódalas montañas nevadas. Intentei divisar algunha estación de esquí pero non fun quen.
Photobucket

Pensei que o tirón do despegue iba a ser máis potente, que as ás ían a flexar máis, que iba a haber máis turbulencias, e que na aterraxe, a sensación de descenso ía a ser máis forte... pero bueno, estivo ben. Todos estaban moi contentos polo relaxado da viaxe así que non imos a ser egoístas :) Como 1ª viaxe en avión estivo ben.

Aterramos na T2 e tiven que ir ata a T4 que foi onde aterrara a miña amiga no vóo anterior. Cando preguntei como ir da T2 á T4, insinuando que ía a ir camiñando, miráronme raro. ¿como iba a saber eu que había uns 8 km de distancia entre unha e outra? Bus gratuíto e listo. O que non foi tan fácil foi reencontrarme con Elena unha vez que os dous estábamos na mesma terminal, levounos media hora e unhas cuantas chamadas.

Atravesamos Madrid a base de metro, e chegamos á Rúa onde se ía a celebrala presentación (c/Ruiz de Alarcón). Era hora de comer así que xantamos nun restaurante que estaba alí ó lado (de menú, por 10€, todo riquísimo) e despois fumos a facela dixestión paseando polo parque do retiro que estaba alí ó lado.

Photobucket

Preséntovos a Elena Couto. Ademais de facer cousiñas de interpretación ten unha casa rural en Coirós impresionante. Pegádelle un vistazo www.casadosnoche.com
Photobucket

Photobucket

Photobucket

Presentaron a ceremonia Isabel Blanco e Camila Bossa (María e a moza de Petroleo en mareas vivas, respectivamente) e despois falaron Pilar Bardem, Vicente Montoto (presidente da AAAG) e o presidente Touriño.
Photobucket
Photobucket

Había unha cantidade inxente de periodistas, cámaras de fotos e tv
Photobucket

Alí reencontreime coa miña "veciña" e actriz Sara Casasnovas, de "amar en tiempos revueltos".
Photobucket

A sorpresa do día foi que levaron como convidado especial a Martin Sheen (de apocalypse now, pai do de hot shot II) e o fillo Emilio Estevez.
Photobucket
Photobucket

Despois da ceremonia houbo unha festa destas como as das películas.
Foi o momento no que todos charlaban con todos e as risas e voces comezaban a igualar o volume da música.
Había pinchos riquisísimos e camareros paseando continuamente con bandexas cheas de cava, cubatas, cervezas, zumos, cocacolas... de todo.
Photobucket
Eu, acostumado as miñas viaxes a baixo coste, comendo e ceando bocatas de xamón york...disfrutei dunha forma especial iso de beber do mesmo champán que Touriño e Pilar Bardem... daba o seu gustirrinín, para que negalo jeje
Photobucket

Majísimo o actor galego Xulio Abonjo (cuestión de sexo), botámonos unhas boas risas charlando con el.
Photobucket

Aquí están Camila Bossa e Victoria Perez
Photobucket

Uxía Blanco, Belén Constenla e.... (non me lembro da terceira!)
Photobucket

As traballadoras de AISGE tamén eran moi... simpáticas :)
Photobucket

E despois había outros actores do panorama nacional dos que non teño fotos.
Cando xa nos botaban de alí, Sergio Pazos (caiga quien caiga) colleu o rol de guía e levounos a todos de marcha por Madrid adiante.

Fumos ó "Lacón"
Photobucket
E despois ó "negro" onde nos atopamos a Pepe Viyuela (Aída), colega tamén de Sergio Pazos
Photobucket

Xa a iso das 6 e pico, Elena e eu decidimos ir tirando porque o avión dela saía en cuestión de hora e media, así que acompañeina ata a T4, durmimos unha hora escasa tirados no chan cual vagabundos, e a almorzar.
Photobucket
Eu estaba especialmente cansado porque o día anterior, estivera en santiago e tamén durmira unha hora escasa antes de collelo avión...(mala vida) jeje.
Despois de que Elena collera o seu avión, eu dirixinme á T2, terminal dende onde saía o meu avión 3 horas máis tarde.

Peeero, cando fun a collelo billete....sorpresa:
- Perdone caballero, pero su vuelo no existe.
- ¿Cooooooooomo??
- Es más, hoy desde esta compañía no sale ningún vuelo a Santiago de Compostela
- Cajinanaiquemepariu....

Despois de un par de chamadas, comprobación de códigos, pitos e flautas... chegamos a unha conclusión. Houbo un erro na reserva do billete por internet...

- Caballero, tiene usted razón, el vuelo está reservado para el día cuatro, para las 11.30 pero del mes que viene. Lo siento. No podemos hacer nada.
- Coooooooomooo???
- Lo único que puede hacer es ir a otra compañía y comprar un billete de ida a Santiago
Cajinanaiquemepariu.....

(Iberia)
- Hola muy buenas, quería un billete para santiago de compostela
- Si, ahora mismo..... le sale en 320 euros
- Coooooooomo??
- y a Coruña?
- 280
- Mecaaaaa....*^Ǩ¨Ç

A todo esto mencionar que eu fun a Madrid SOLO co posto. Por levar non levaba nin bolso. Carteira nun bolsillo da chaqueta, cámara noutro e veña, "poavión".

Nada... pensei que era unha señal para vivir unha aventura máis e decidin ir á dedo. Rollo Pekín Expréss ou "la vuelta al mundo en 80 días"

Cando xa estaba buscando un mapa para ver en que carretera colocarme para empezar a miña aventura, e recordando que media España debía estar nevada co frío que había.... acordeime de que houbera xente que fora á presentación en coche dende Galicia. Un par de chamadiñas e asunto amañado. Volvín a Galicia en coche con Fernando Morán, Vicente de Souza e Victoria Pérez. Ata agradecín a volta en coche porque aproveitei para durmir un bo cacho, charlamos e rimos, pasamos por neve e comimos de marabilla nun sitio do que non recordo nin o lugar nin o local, polo que vexo difícil que volva.

En definitiva, unha viaxe/aventura na que coñecín moitísima xente en pouco tempo, paseino xenial e vivín experiencias novas.
Nada mal para escaparse co posto a golpe de martes

Pd. Os actores dos que dixen nome e apelidos, poderédelos encontrar no catálogo de actores da asociación

Un abrazo moi forte a todos!

domingo, 1 de febrero de 2009

Curtametraxe: A dúas velas

Moi boas

Gustaríame que vises esta curta, xa que, a ademais de ser moi "galega", fai unha moi boa crítica ó mundo que vivimos. Anque non é de recente creación, está moi relacionada coa actualidade. E se non, que llo digan ós miles de familias que estiveron sin luz moitos días por culpa do temporal


No medio dun apagón, dous irmáns despídense na casa da aldea onde vive un deles. O outro regresa ao lugar onde está emigrado. Os apagóns seica son continuos na zona, e non é tan doado poñerse de acordo para reclamarlle a Fenosa...

Curtametraxe incluída no proxecto "Hai que botalos", que recuperamos en Flocos pola súa oportunidade no medio dos problemas no subministro eléctrico que causaron en Galicia os temporais de xaneiro.

Director:
Enrique Otero
Intérpretes:
Miguel de Lira, Víctor Mosqueira

Duración:
4:57
Ano:
2005


Flocos.tv

Rafa Nadal

Dende o meu humilde blog, gustaríame quitarme o sombreiro ante Nadal e Federer. Non só polo bos xogadores que son e o partidazo co que nos deleitaron, senón tamén polas boas palabras que se dirixiron un ó outro ó rematar.
Uns auténticos cabaleiros.

Photobucket

Iso son deportistas e personazas. Porque non ten que ser nada fácil manter esa humildade cando se está na cúpula mundial do deporte.

Xa podían ter algúns campións do surf a educación e o saber ganar/perder destes dous rapaces

Hala, aí queda iso