sábado, 14 de febrero de 2009

Por ti

É tan difícil escribir isto...

Ocorréronseme tantas cousas que dicir... e agora...

...agora as palabras afogan no propio pensamento que as crea.

Só quería que todos soupesen que en Corcubión non perdimos a "un joven de 22 años"...

Perdimos a un amigo.

Podería escribir sobre o que vivimos. Sobre o que fuches e serás para nós... pero non serviría de nada.

Porque os que te coñecemos non necesitamos recordalo. Recordarémolo sempre.

E porque os que non te coñeceron, nunca o saberán. Hai persoas, recordos e sensacións que están a anos luz do que unhas palabras poden transmitir.

Iago, non te olvidaremos

4 comentarios:

KingMatt dijo...

Pois xa o sinto, Ruben, leino ayer na prensa, e pensei se o coñecerias, pola cercania de idade.

Unha pena.

Apertas.

Rubén Prieto dijo...

graciñas Edu. Aproveito para darlle todo o meu apoio á familia.

apertas

Anónimo dijo...

Cuando alguien se nos va siempre permanece entre nosotros con los buenos recuerdos, pues son como un bálsamo diario que nesecitamos para seguir adelante y ser mejores personas, yo no conocía a este chico pero siento mucho su perdida y por la familia y amigos.

un fuerte abrazo rubén
P.D: saúdos dsd fuerteventura

Anónimo dijo...

.... lo siento tio, aqui hace un par de meses tambien paso algo parecido.. y se siente... venga tio