domingo, 26 de abril de 2009

Cando o pobo cala...

Cando remata o día, cando o silencio empeza a inundalo todo, cando os comercios cerran, os bares cerran, os ollos cerran...

As persoas acaban coa rutina do día, e túmbanse igual que o día anterior, mirando o mesmo teito, para descansar e afrontar o día seguinte que será igual de igual que o día presente.

Os coches calan, o pobo cala... O silencio loita co frío mentres o vento os empuxa cun abrazo que esvara entre as ramas... que cale o mundo, que lle toca falar ó monte; que cale o mundo que lle toca susurrar ó mar...

Cando todos entran... eu saio...

Photobucket
Brandomil, río Xallas.

corcubion
Praia de Quenxe, Corcubión.

Photobucket
Corcubión

miércoles, 22 de abril de 2009

Saltando olas na Costa da Morte

Eu sempre digo que non se deben de saltar olas, pero de facelo, facelo cun pouco de estilo non?
Photobucket
jajaja... En fin... hoxe o pobre de Uxío tivo que aturar o meu frenesí por coller moitas olas en pouco tempo antes de ir a traballar (si, a traballar, liches ben... os martes toca teatro cos nenos de Corcubión).

Bueno, na miña defensa dicir que estes días, nos que as olas son diminutas, levo tablón, e todos na auga somos amigos...
Photobucket (Marcos, Uxío e Alex, creo)
... eu sempre cambio o berro "voou!" por "imoos imoos!!" :) e invítoos a todos a subirse ó meu barco :)
Photobucket

Si é que, estes días que entras por mollar o traxe, acaban sendo divertidos e todo. Hoxe, gracias ó longboard, puiden disfrutar dun día precioso de olas pequenas, fofas, tendidas e vento "imperfecto".

Unha a aperta a todos!

Pd. Grazañas a Juanma por estar aí ó pé da "canon"

martes, 21 de abril de 2009

Ruta turística pola costa da morte

Imaxínate que te encontras a alguén (ou alguenha) sentada nunha cadeira á beira da estrada, e che pide que lle ensines os sitios máis bonitos que coñeces da zona.

Photobucket

Como as tardes non son infinitas, hai que escoller ben. Ter en conta as horas que quedan de sol, e o tempo que leva ir de un sitio a outro. Eu na miña zona, teríao bastante claro...

Por proximidade, en primeiro lugar, escollería "o sitiazo" do faro de fisterra que tantos e tantos peregrinos de nuestro señor se perderon.

Photobucket

Para ir ata el, hai que estar atentos e antes de chegar ó faro de Fisterra, uns 100 metros antes, coller unha pista que sube. Subir ata onde acaba a carretera asfaltada e continuar por unha pista de terra ata onde te atrevas a chegar co coche. Se chegaches ó final, noraboa; e se non, a camiñar un pouquiño que non fai mal ningún. Que despois só queda pincharse un pouco cos toxos para chegar "á pedra do rei león" como digo eu...

Despois, acercaríame ata o Ézaro; pero de camiño, hai un sitio no que vale a pena parar un ratiño: Os muíños de Toba

Photobucket
Un bo sitio para facerse unha churrascada no verán os días de calor.
Photobucket

Seguímos a ruta cara Ézaro, onde se atopa, para min, un dos sitios máis bonitos que coñezo. Falo da desembocadura do río Xallas. O único de toda Europa que desemboca no mar en forma de fervenza.
Photobucket
(Aquí fóiseme un pouco a pinza coas cores no procesado... pero bueno.. aí queda)

Photobucket
Un recuncho espectacular
E se atravesas este minilago para meterte no embudo de pedra... podes alucinar
Photobucket
Creo que había algunha foto do "interior" do embudo na minireportaxe que fixera do descenso de barranco que fixemos por este mesmo río (preme aquí

Esta caída de auga foi aproveitada para construír unha central hidroeléctrica, da que aínda quedan motores antigos por aí estrados. Un deles chamoume a atención
Photobucket
Photobucket

Despois so queda subir ó mirador de Ézaro, que está aí ó lado
Photobucket

e esperar para vela posta de sol
Photobucket

Estas fotos foron sacadas coa 400D que me prestou Patricia e coa que estou sacando unha media de 300 fotos por día jeje.. así que hai material para próximas entradas...
Photobucket
Un millón de gracias!!

pd. Nalgún lado lin como quitar a linea esa que cubre a montaña...era algo de quitar "halos" pero non o atopo, se alguén me di onde está agradézollo :)

sábado, 18 de abril de 2009

Debuxo Ducati ACABADO!!!

Despois de tódalas peripecias que vos contei nas entradas anteriores... aquí está a foto final do debuxo. Está feita con mobil, e colle algún reflexo, pero é o que hai. A ver se este domingo lles podo sacar algúnha foto decente cunha boa iluminación para empezar a enseñar e buscar máis curreles por aí :)

Este é o resultado

Photobucket

Mañá a ver se lle saco algunha foto detalle. Polo de pronto vouvos anunciando unha nova...
Photobucket
;) aínda non funciona, teño que lincalo...a ver se me bota unha man meu pai que non controlo do tema


Polo de pronto surxíronme dous debuxos máis en dous pubs de Coruña. Un no "old school" (en división azul) e outro en "la fvndación" (na zona vella).

O sábado negociarei cal lles fago, pero teño pensado facerlles unha oferta especial para intentar lucirme ou poñer punto final a miña carreira como pintor co intento de pintar esta moto

Photobucket

Que vos parece?

Unha aperta!!!

viernes, 17 de abril de 2009

24000 palabras por segundo

Hai videos que non só gustan por como son, polo que teñen ou por como sonan... senon porque recordan ou nos transportan a tempos, momentos, lugares...

Iso é o que me pasa con este video que atopei (gracias Giannina)


Teño vivido moitos momentos como os deste video, uns fai moito tempo, de enano; e outro non fai tanto (no último san froilan en Lugo por exemplo). E son momentos tan especiais e divertidos que sempre se recordan con cariño. Todos baixando xuntos, en plan Californiano, como tolos polas rúas ou carreteras...arriscándonos todos xuntos... moi bonito. Non vou escribir nada porque se unha imaxe vale máis que mil palabras, un video debe valer 24000 palabras por segundo, así que.. mellor vede o video e non me fagades moito caso, que hoxe durmín moi pouco.

E xa postos, outro video que me transmite un bo rollo tremendo, que sempre me gustou e no que aparecen os deportes que practico (sustituíndo o trimaran por un monocasco) é este. Xa o puxera.. pero póñoo outra vez.. pasa algo? (Ui, a neurona ten falta de descanso)

jueves, 16 de abril de 2009

Lugar de "traballo"

Hoxe estiven parte da mañá pintando o fondo do debuxo.
Pensei que cuns sprays acabaría antes a carretera gris e o céspede... pero ó final quedoume o que parecía un xardín de chernobil, con herba verde radioactiva, e unha carretera gris plata brillante... Un fracaso, non me gustaba nada. Polo que optei por volver a pintalo todo con pincel e pintura de esmalte sintético como estiven facendo ata agora.

Pola tarde acerqueime a Rostro pero estaba xusto no límite de tamaño/desfase. Estaba algo revolto e con moito vento, polo que pasei de botarme a pesar de caer algún pepino moooi interesante, con sifonazos de película. O feito de estar completamente so, na auga e en terra, e non confiar moito nos meus inventos, foi outro factor (xunto coa chuvia) que me animou a seguir pintando a Ducati.

Photobucket

Este debuxo estouno facendo a uns 2.5 metros de altura, e como o andamio o estaba usando miña irmá (que tamén fixo uns murais) a miña zona de traballo é un tanto curiosa. Aquí vola ensino:



Pois ben, cando xa daba por rematado o debuxo chamoume unha amiga e estivemos de palique bastante tempo. Pois mentres falaba, aproveitei para ir retocando detalliños, e perfeccionando o que daba por rematado...Para que logo digan que os homes non damos feito dúas cousas á vez. Anque certo é que tirei un par de cousas, casi estropeo o debuxo cando un gotón de pintura ameazaba con atravesala moto enteira, e un par de incidentes máis... pero esas cousas pásanme anque non fale por teléfono, así que non contan :)

En fin, que ó final quedei bastante contento co resultado, sobretodo despois dos retoques. Pero claro, despois de tanto falar, quedeime sen batería no mobil, e non puiden sacarlle a foto co resultado final, así que haberá que esperar a mañá.

Apertaass!

martes, 14 de abril de 2009

Evolución da Ducati (II)

Bueno, hoxe ataqueille ó debuxo pola mañá e pola tarde un ratiño, e o avance foi este...
Centreime bastante no que era a zona do motor
Photobucket

e agora ó final púxenme co mono, que me vai a dar bastante chollo se o quero deixar como a foto.. non sei se darlle un par de retoques e centrarme máis no fondo ou darlle caña... non sei, depende das ganas/inspiración que teña mañá pola mañá
Photobucket

Anque agora que acabo de miralo windguru.. mañá igual me pego unha escapadiña a ver se Rostro aguanta estes 4 metros que entran...esperemos que non desfase

Apertaaasss

PD. Xa está correxido o "gran erro" que había na entrada anterior.. só é xogar ás diferencias, seguro que o atopades :)

lunes, 13 de abril de 2009

Evolución da hypermotard Ducati

O que pensei que me ía a levar pouco tempo, estame dando bastante traballo. O que pensaba que estaba chupado, é difífil, e o que me parecía complicado, non o era tanto.
Esto é un mundo.

Antes do finde, deixei o debuxo así
Photobucket

Non o puiden tocar entre outras cousas porque non abriron o taller, e porque houbo outras actividades alternativas como forixempol, bañiño tablonero en nemiña e con vento cruzado. (vaia trompazo que me din nunha orillera na que se me puxo o tablón de canto despois dun bache e decidín castigala dándolle un golpazo no canto co antebrazo)

Pero hoxe paseime polo taller pensando que a ía a rematar.. e resulta que aínda me queda máis da metade. A ver se en dous días máis a remato.
Así a deixei hoxe
Photobucket

Anímovos a descubrir os fallos máis gordos que ten por ahora.. que haberlos hailos

Como coloca a pintura; teño o olor metido ata curuto do cerebro, téñoa penetrándome dende detrás dos globos oculares ata o occipital atravesándome o cerebro polo medio a través de un fío de dor.

apertas!!

viernes, 10 de abril de 2009

Novo proxecto...esta vez Ducati

Despois de rematar a moto acuática surxiume outro encargo. Tras acabar co stand oficial de kawasaki, agora voume a poñer co de Ducati; E a foto escollida para pintar na parede é esta...
Photobucket

A ver como queda, pena que ata a semana que ben non vou a poder acabala porque non abren o taller.... ui... É raro que a un lle de pena non poder ir a traballar non?

Onte pasoume algo curioso, estaba comezando a pintar (xa fixen os vermellos e as rodas) e chamoume Mesi avisándome de que había olas; normalmente, se un está nun traballo no que ten total liberdade para parar, seguir, marchar cando queira, un collería os bártulos e iría escopetado para a praia...non? en cambio, decidín quedarme.

Cando volvín a collelos pinceis ata me preocupei. Pensei...estarei enfermo?
E é que a satisfacción de ver como vai evolucionando o debuxo e collendo vida con cada pincelada... é tan gratificante como ...(non vou a decir coma o surf porque senon miña nai tiraríame coas táboas e cambiaríamas por pinceis, que é un hobby menos perigoso) pero... casi; deixémolo en que é mooi gratificante. Moito máis do que imaxinaba. O suficiente como para preferir pintar a ir a surfear un día no que graniza e as olas están ben pero non espectaculares.

E ademais, estou contento por partida doble...explícome:
Eu sempre dibuxei con lapiz e papel, os que me seguides dende fai tempo xa sabedes que teño feito algún debuxiño explicativo, ou intentos de retrato como estes:
Photobucket
Photobucket

Pero sempre me considerei totalmente incapaz de usar as pinturas, e admirei moitísimo esa capacidade de plaxiar a realidade con 5 cores. Dunha vez, na carreira, intentara pintar unha persoa con pinceis, e, como me di agora o meu xefe:"calquer parecido coa realidade era pura coincidencia".
Pois eso, que me lio, o feito de pensar que era negado para algo, e agora ver que pouquiño a pouco vou aprendendo algo... é moi gratificante.

Anímovos a que probedes esas cousas que admirades e que vedes inalcanzables, porque seguramente, se vos poñedes con ganas, estaredes máis cerca do que vos imaxinades...

unha aperta!

miércoles, 8 de abril de 2009

Moto de auga acabada!

Onte, despois de todo o día colocándome cos olores da pintura e rompéndome a cabeza para facer colores para brillos, sombras e detalles... O debuxo quedou así

Photobucket

Máis de cerca...
Photobucket
Photobucket

Para que se vexa o tamaño real do debuxo... sempre é necesario unha referencia. Aquí, un pintor pouco manchado (encántame enzoufarme)
Photobucket

Despois unhas letriñas por arriba... (fáltanme por pintar de verde e amarelo os 3 barrotes)
Photobucket

E listo, o rincón de exposición oficial da marca kawasaki vai a quedar máis ou menos así (O debuxo da ninja está sen acabar)
Photobucket
Despois de que lle poñan a moqueta no chan e un par de motazas.. penso que pode quedar vistoso

Espero que vos guste..
E xa sabedes, se queredes un debuxo de calquer tipo na vosa fachada/parede do negocio, ou pintar a vosa furgo/autocaravana/barco falade ;)

Unha aperta!

martes, 7 de abril de 2009

Evolución da moto acuática

Hoxe retomei o encargo do mural da moto de auga que vos ensinei o outro día...
Photobucket

e así é como a deixei hoxe
Photobucket

Aínda lle queda moito. O único que está acabado é o casco... e o que máis urxe son os brazos e chaleco.
E aínda así, no casco misturei sen darme conta dous tipos de pintura distintas, por iso un negro é mate (o que parece máis claro) e o outro é brilante. Vou ter que amañalo tamén..

Xa teño ganas de rematalos...

lunes, 6 de abril de 2009

Vaia semaniña...

Tes que perdoar...
Sei que baixou bastante o ritmo de actualización, pero non é por falta de ganas senon por falta de tempo e "organización" nesta vida que levo...
Cheguei hoxe a casa despois de andar dende finais de finais de Marzo por Coruña, Lugo, Santiago... Tiven un par de bolos, actuei nun par de cortos, asistín a un par estrenos de cortos, e un estreno no auditorio de Mera da serie "Matalobos" (13 de abril estreno na galega).

Comecei a semana cunha curta en Coruña dos rapaces da escola de imaxe e son de Coruña
Photobucket
Paseino xenial. Un trato excepcional e unha rodaxe moi relaxada que durou dous días, entre risas e bromas pero con moita profesionalidade.

A miña compañeira, Cristina Ramallal, unha excelente actriz coa que me encantou traballar e da que aprendín moito.
Photobucket

O mércores e xoves, outra Curta. Tamén doutro grupo de rapaces da Eis da coruña.
Photobucket
A mellor xefa de producción improvisada, sempre é algunha Mamá preocupada...jeje

E en canto acabámola rodaxe, pitando para Lugo a ver a estrea da curta Campelo, no círculo das artes.
Photobucket

Vaia sorpresa me levei cando vin tanta xente!
Photobucket
Estes rapaces da fundación TIC son uns cracks. Tomáronse todo moi en serio e curraron bastante. Nun futuro seguramente estaremos comendo unhas palomitas e vendo no cine algunha longametraxe feita e dirixida por algunha destas futuras promesas.

Ese xoves tocou un pouco de festa por Lugo con vellos amigos da vida universitaria e o venres, de volta para A Coruña. Á estrea dunha curtametraxe cómica na que actuei a finais de novembro "gracias pola súa visita". Unha curta dun taller dirixido por Jairo Iglesias "el nuevo Amenabar"
Photobucket

En canto rematou a proxección desta curta, correndo pitando para Mera, onde houbo un pedazo de acto para a presentación da serie "Matalobos" (onde estou de extra) e a proxección do primeiro capítulo que se estrea o 13 de abril. Recomendada (http://www.lavozdegalicia.es/genteytelevision/2009/04/04/0003_7633937.htm). En canto acabou a proxección, correndo pitando para coruña de novo onde tiña un bolo. E en canto acabou o bolo, xunto os amigos que xa andaban de festa pola zonda vella.

Onde visitei a un gran amigo, Manel, no seu gran local "la Fvndación". Sempre cheo e cun ambiente tremendo...

O sábado levei a casa un dos mellores regalos que me fixeron...(xa vos contarei) e aproveitei para continuar co mural da moto, e o Domingo de volta para Santiago a grabar unhas cousiñas...

Bueno, isto foi máis ben unha especie de repaso mental que me fixen para reordenar a cantidade de recordos e novos amigos que teño desta semana...Síntoo se non foi do teu interese. Pero a min axudoume jeje. Non tiven que deixar a boa costume de escribir nun bloc de notas un micro resumo do que facía cada día...

Agora vou a seguir cos murais, e se me da tempo aínda me pego unha escapada á praia polo medio.

Sede moi felices