martes, 30 de junio de 2009

kitesurf en Cee

Hoxe despois de traballar un pouquiño pola mañá, dirixíame a casa para comer...
Peeero, cando pasei pola ría de Corcubión, vin que había un vento bonito e constante. E dirás, cómo é un vento bonito? pois duns 15 nudos.

Chamada a David, e puxémonos a navegar. Saímos dende a "praia" de Cee. E póñoo entrecomillado porque a area parece gravilla, e na auga atopamos dende cabezas de porco, pasando por redes ata congrios mortos. Pero o importante era que o vento estaba como nunca.

Photobucket
Aquí Sara, unha promesa do kitesurf galego femenino :)

David, (o irmán) voando baixo ou saltando alto...como queirades
Photobucket

Aquí un menda facendo o pinzo
Photobucket

e saltando chalanas
Photobucket

Estivemos navegando casi unhas 4 horas sen deixar de planear en ningún momento. Creo que nunca disfrutara dun día de kite cunhas condicións tan boas.

Houbo saltos altos nos que o único que escoitas é o vento silvarche nos oídos a nas liñas da cometa, algún que outro truco, e bordos a toda velocidade en compañía.

Para rematar, nada mellor que unha clariña e uns pinchiños de tortilla e empanada para esquecer por momentos o agotamento e a dor das talladas que levo na planta dos pes... (calzando un 47/48 é difícil non atoparse un mexilón polo camiño)

Apertas e disculpas por ter o blog tan abandonadiño!

PD: mañá a ver se colgo máis fotos que hai un carro delas!

martes, 23 de junio de 2009

Teatro aficcionado: Frankenstein!!

Arrincoulle o corazón porque llo negaba, por ter algo seu.
El so quería a súa compañía e o seu amor. Queríaa máis que a nada no mundo, non podía deixar que se fora. Agora, irán xuntos a todas partes.

A criatura vaise atopando con distintos personaxes da vida cotiá, aos que estamos acostumados a ver, e que, realmente, son máis monstros que o propio Frankenstein.

Photobucket
(O sábado estreamos en Cee, e o domingo repetimos función)

Ás veces, cando un se ten que levantar do cómodo sofá, un luns, ás 9 da noite, para ir a ensaiar... pódese chegar a preguntar "bo! para que me apuntaría a teatro?".

O certo é que, anque algunha vez se teña o día vago, na maior parte das veces, os ensaios son divertidos. Sempre hai algunha pifia dun compañeiro ou propia que nos arrinca unha gargallada, e é satisfactorio ver como un traballo de equipo vai evolucionando pouco a pouco. Todo isto, gracias a Artur Trillo, o noso director/mestre/gurú da interpretación. O culpable de que estea anotado ó grupo da escola de teatro do concello de Cee dende que tiña 9 anos.

Para min, o verdadeiro disfrute da interpretación, está no momento en que se perde totalmente o sentido do ridículo; no momento en que te olvidas de quen eres ti para ser outro e che dá igual o que os outros pensen. Cando disfrutas movéndote, falando, xestualizando e mirando doutra maneira totalmente distinta á que estás acostumado e aínda así che resulta familiar. Porque te acabas crendo todo o que o personaxe sinte. Disfrútase cando ademais de dicir o texto tal e como pide a obra, acabas pensando todo o que o personaxe debe de estar pensando para dicir o que di e sentir o que sinte.

Por momentos, a compenetración entre persona e personaxe é tal, que cando o meu personaxe (Frankenstein) presenciaba algo que o aterraba, a min (a Rubén) poñíanseme todos os pelos do corpo como escarpias. Cando vexo que me creo o que lle pasa ao meu personaxe, é cando penso que hai máis posibilidades de resultar creíble para o que me está vendo, e iso tamén é satisfactorio.

Photobucket

E se por un casual, a obra fai que os espectadores disfruten, e se olviden por momentos de que ao día seguinte teñen que ir a traballar..."apaga y vámonos".


Quería darlle un millón de gracias a Marcos Rodríguez polas fotos. Aquí tedes a súa web onde ten unha pila de fotos moi boas marcosrodriguez.eu
Publicaron unha nova sobre a estrea no portal !quepasanacosta.com

Apertas para todos!

sábado, 20 de junio de 2009

Criaturas....

A Escola Municipal de Teatro de Cee presenta:
Photobucket
de Roberto Vidal Bolaño, dirixida por Artur Trillo (de Talía teatro)

A función é hoxe ás 21:00 no salón de actos do concello de Cee;
e mañá, domingo 21 de Xuño repetimos función á mesma hora.

Se estades interesados en vernos en "acsión" recoméndovos vir con algo de antelación.
Animádevos!

Unha aperta

martes, 16 de junio de 2009

Voar

Cando vou facer algo que sempre quixen...intento non facerme ilusións, non crearme unhas expectativas moi altas por se despois non se cumplen.
Voar en parapente era unha desas cousas que tiña na lista de "facer antes de morrer", e o finde pasado puiden tachalo.

Esperaba estar algo nervioso antes de saltar e ter formiguiñas na barriga como cando te asomas moito pola ventana dun noveno... e nada.

Cero nervios antes de saír, cero nervios saltando e cero medo alí arriba. A sensación de confort é incrible. Estás máis cómodo que no sofá da túa casa, e máis tranquilo que escoitando enya tirado na praia. Parece que estás vendo un documental, porque o ollo non está acostumado a esa "perspectiva", e o máis parecido que viches a iso foi na tele.

A sensación de flotar é tan similar á dos soños, que te cuestionas cómo a mente pode ter gardado no subconsciente esa información tan aproximada á realidade antes de experimentala.

A paz o silencio e a emoción serían as palabras coas que definiría un vóo.
Pero ademais disto, o parapente ten outra cara totalmente distinta.

E é que, co parapente, tanto te podes quedar totalmente parado no aire, como baixar a toda velocidade, facendo círculos en barrena. Baixamos de uns 100 metros ata casi o chan. Só deu tempo a facer 3 círculos porque co cuarto estaríamos feitos "fográs". A aceleración é incrible, e ó dar voltas (imaxínate que un tiovivo se estropea e acelera ata que as cadeas se poñen casi horizontais) notas unha forza centrífuga que te aplasta contra a confortable silla ata sentir o teu peso duplicado por 2 ou 3 (2 ou 3 G). Chegamos a estar en horicontal o parapente e nós.

Á hora de aterrar, hai que "baixarse da silla" antes de tocar o chan. Polo que quedas de pé, colgado polo arnés. Esa é a posición na que voaba nos meus soños. E ó non ver nin ó instructor, nin o parapente nin nada... é tal cual como se voases. Vas colgado a uns 15 metros de altura, ves todo pasar por debaixo das túas pernas dos teus brazos ata que se fai un vóo a ras de chan para volver a subir un pouco e baixar casi con velocidade cero e tocar o chan cual "mari popins".

Graciñas Patri por este regalazo de cumpreanos.

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

Photobucket

O ruído do vento óese solo a través da grabación. Alí arriba, silencio absoluto.


Photobucket


Recoméndollo a todo o mundo. Nós fixémolo a través de www.parapentegalicia.com

Apertas!

lunes, 15 de junio de 2009

Proximamente....."O pracer de voar "

(avance)

O cansancio/sono/picordeollos non me permite pensar nin escribir nada agora mesmo...Pero a modo de avance, cóntovos que onte tiven a oportunidade de facer un vóo biplaza en parapente, e a sensación é parecidísima á dos soños. Incrible. Recoméndollo a todo o mundo.
Photobucket
Photobucket
e hoxe, baño multitudinario en Nemiña
Photobucket

viernes, 12 de junio de 2009

Foto da lingua dunha bolboreta

Foi sacando estas fotos cando vin por primeira vez, e en directo, a forma da lingua das bolboretas
Photobucket

Photobucket
Hai que levar sempre os ollos ben abertos, porque nunca se sabe onde vai a estar a seguinte foto. Estas, foron sacadas nunha estación de servicio dunha autopista.

Photobucket

Apertas!

martes, 9 de junio de 2009

Busco botavara de wind

Busco botavara de windsurf de medidas aproximadamente 220-270 cm (para vela de 12 m cadrados)barateira. Se sabedes de alguén agradezo que mo fagades saber.
último dia. Se non aparece nada non me queda máis remedio que mercar mañá unha nova.
Saúdos e graciñas!
Photobucket
chamar ó 655 578 5catro catro
ou correo a carpediemsempre@hotmail.com

Foto sosa

Aquí vai unha foto sosa para romper este silencio blogueiro do que son o único responsable...
Photobucket
foi sacada nunha estación de servicio dunha autopista. Polo que recomendo que levedes os ollos sempre ben abertos, porque nunca sabedes onde podedes atopar algún momento bonito para cazar. A foto non me di gran cousa, pero bueno, aquí queda

miércoles, 3 de junio de 2009

III Limpeza de Nemiña

O Sábado 30 de Maio, o club de surf Os Tombos, organizou a III limpeza da praia de Nemiña...e por terceira vez consecutiva, o karma correspondeunos cun sol precioso e unhas olas perfectas para pasalo ben cos amigos.

O día foi así de ben:

Antes de limpar, cando cheguei, xa estaban todos na auga. Decidiran aplazar a limpeza unha hora para disfrutar das oliñas que Nemiña nos estaba regalando. Como eu xa viña preparado para a faena, decidín esperalos mentres lles sacaba unhas fotos...

En primeiro plano, Susoben, quen nos sacou as fotos da entrada anterior. E ó fondo, Fonso
Photobucket

Suso, realizando un precioso cutback, co seu estilazo que mellora cada día
Photobucket

Alfonso de novo, asasinando fríamente ó seu compañeiro Alex
Photobucket

A iso das 11 e media, comezaron a saír todos da auga co mesmo obxectivo: limpar
Repartíronse os guantes, as bolsas e mans á obra. En menos do que canta un galo xa había un montón de bolsas cheas ó longo da praia.
Photobucket

Pero non vai ser todo traballo. Tamén había tempo para as coñas. Aquí están Alex e Suso Tudor posando cunha "pitón estachamarinus"
Photobucket

Chegamos ata Lires recollendo plásticos e porquería de todo tipo. Dende tubos halóxenos, pasando por envoltorios de fardo, ata bombillas e cordas. Aquí temos a Rueda cargando un bolsón cheo de basura coa axuda de Aitor
Photobucket

Brais cunha boa pelota de chapapote que non para de saír do mar e do fondo da area.
Photobucket

Gustaríame facer mención especial a casos como o de Risos, que veu a limpeza a pesar de rematar de traballar as 4 da mañán, da noite anterior e ter que volver ó curro ás 6 da tarde (cos seus 200 km correspondentes) Todo un xesto.

Tamén foi un detallazo o de uns alemáns que estaban surfeando cando nos puxemos a limpar, e non tardaron un minuto en saír da auga, tiralas táboas e pedirnos unhas bolsas. Non se quitaron nin o traxe para limpar....Photobucket
Xa quería ver eu a moitos "locales" portarse así nunha praia allea.

A praia quedou impecable. Unha vez rematamos, rápidamente nos organizamos para comer unha boa churrascada...
Photobucket
cos seus criolliños, as súas pataquiñas, os seus pementos de Padrón, a súa cerveciña fresca, o seu viño, chupitos de licor café, xupitos de grema de orujho...xupits de grema...ligor gaffé...
(menos os que conducíamos claro jeje)

Despois da comilona... para a praia de novo
Photobucket
a pasear... a durmila siesta... a surfear....

Photobucket

A verdade é que foi un fin de semana para recordar...
Ás veces penso que son a persona máis afortunada do mundo por poder disfrutar dun paraíso así, entre amigos, entre risas... inmerso nunha nube de boa onda, surfeando enerxía positiva, saboreando cada sorriso, coidando o noso paraíso particular, disfrutando das olas e da amizade

Cando non existen as malas intencións, cando todo o que se fai é por pasalo ben, cando palabras como "saltada" "local" ou "preferencia" non existen....cando as miradas transmiten esa felicidade do neno que levamos dentro.... é entonces cando un lugar bonito, se converte nun paraíso

Photobucket

Photobucket

martes, 2 de junio de 2009

Tandem surf

Este finde, entre outras cousas, surfeamos olas moi pequeniñas (gracias ó longboard). Este tipo de olas "biplaza" son as ideais para facer un pouco o cabra e botarse unhas risas cos compañeiros.

Libertad, rindo, coma sempre, ata non poder máis :)
Photobucket
que encanto de rapasa! :)

Eu empeñeime en surfear compartindo onda e táboa.
Os primeiros intentos resultaron fallidos...
Photobucket
Intentaba traer á xente ó meu tablonaco, pero non había forma...

Así que optei por cambiar, e ser eu o que me mudase de táboa.
Photobucket
Suso, Jose Ángel e eu. Morrendo coa risa.

Proba conseguida...
Photobucket
fúmolos dous na táboa un bo cacho.
Ademais de botarnos unhas risas.. experimentei unhas ssenacións moi chulas. Porque no lugar de intentar imitarnos os movementos para non caer.. había que limitarse a miralo mar e a ola e responder como se fósemos solos. Pois ben, por iso foi que nos cordinamos bastante ben. É incluso camiñamos os dous xuntos pola taboa cara diante

lunes, 1 de junio de 2009

Pedazo de finde

Limpieza de praia, churrascada, risas, amigos, sol, olas, surf, tablons, cervezas, cacahuetes, acampada, nemiña, baño mañanero, olas compartidas, boa compañía, bob marley, bos amigos, palas, auga fresca, fotos...


falando de fotos... a modo de avance, colgo esta que me sacou Suso.
Photobucket
Podedes ver máis fotos súas dalgún dos baños deste finde no seu blog: surf e fotos na costa verdecente

hai unha remesa delas, así que, en breves comezarei a colgar algunha por aquí...

Apertas