viernes, 31 de julio de 2009

Proxectos "dibujiles": Motivos de aquí ou de alá?

Un muraliño máis para pintar...
Photobucket
Xa teño ganas de poñerme mans á obra.

Nos comentarios da entrada anterior, falábase que quedarían mellor paisaxes nosas, que as hai ben bonitas, en lugar de recurrir ás típicas fotos paradisiacas. Considero que hai gran parte de razón niso. Sempre fun dos que "critiquei" ós que se gastan auténticas fortunas en viaxes cando aínda non se coñece ben a costa galega e os rincóns tan bonitos que esta ten. É máis, apostome algo a que se lle ensino algún rincón que coñezo a algún "trotamundos", clasificarao entre os 5 sitios máis bonitos que viu na súa vida. O que pasa é que.. como están ó lado de casa.. pois non ten tanto mérito.

E con respecto a facer murais de paisaxes exóticas nunha piscina galega... pois mira, tampouco o atopo tan ridículo. De feito, cando alguén se casa e quere facer unha boa viaxe de mel, pois non se vai ós cantís de Rostro, á praia das Catedrais, á fervenza de Ézaro ou ó coto de Verdes... Vaise ó Caribe, Punta cana, Indonesia... E se se colga algunha foto por casa, seguramente sexa dalgún paraíso (extranxeiro) visitado, en vez de colgar unha do propio pobo no que se vive. (aínda que eu teño fotos colgadas de Lires e Ézaro)
É dicir, que si a praia que está ó lado dese chalet fose moi bonita, (que o é) non creo que tivese moito sentido dibuxarlla no muro que se ve dende a piscina. Porque precisamente se se quere ver esa praia, so hai que camiñar 20 metros ou levantarse e mirar por encima do muro.

E digo esto sentado debaixo dun cadro que fixo meu pai do mar batendo nas pedras da Virxe da Barca, en Muxía. E no pasillo hai un cadro de Rostro e outro das caldeiras do río Castro. Pero bueno tamén é por saber as vosas opinións ó respecto. :)

Unha aperta!

miércoles, 29 de julio de 2009

Novo blog, proxección de curta, e futuro mural


Fai pouco ensinábache un trailer dunha das curtas nas que participei.
Photobucket
Pois ben, o venres tivo lugar en Areas (Sanxenxo) unha churrascada/festa, na casaza de Águeda (graciñas), na que estreamos a curta oficialmente. Acudimos todos os que participamos nela e algúns amigos máis.

(Onte quedeime durmido escribindo a entrada, e sigo hoxe pola mañá jeje, menos mal que non me caeu o portatil da cama)

Aproveitouse tamén para anunciar a inauguración dun novo blog dedicado exclusivamente a esta curta e a tódalas novidades que vaia surxindo sobre ela.
Photobucket
Para acceder ó blog fai click AQUÍ

E como o sitio onde se fixo a celebración non estaba nada nada mal... funme para alí 3 días antes, máis que nada por motivos de traballo jeje

Resulta que hai un muro rodeando a piscina que hai que pintar, e ocorréuselle á filla do dono que se podía facer un mural.

A parte frontal do muro sería esta, despois hai outro pouco para á dereita e para a esquerda. En total uns 22 metros de largo por dous de alto

Photobucket

E estiven fedellando no photoshop para facer unha especie de boceto do que vou a intentar facer alí

Estou pensando en dúas opcións para dous presupostos distintos. Unha cousiña simple, de poucas cores como esta

Photobucket
intentando sobretodo pintar unha continuación do céspede para darlle máis profundidade e sensación de amplitude

E algo máis complexo, con detalles realistas do estilo de esto
Photobucket

coa intención de darlle continuidade polos laterais.
Photobucket

e aínda me queda espacio para intentar dibuxar estes fotóns por algún lado
Photobucket
Photobucket


A miña intención é que desde un punto de vista, pareza que estás no paraíso, rodeado palmeriñas e auga cristalina, pero o difícil é encaixar as fotos para que parezan que están no mesmo plano, xa que unhas están sacadas dende unha altura, outras dende outra, e ó "plantalas" na parede, hai un engaño ó ollo un tanto extraño. Vamos, que non parece que todo pertenza á mesma paisaxe, senon distintos paisaxes uns ó lado dos outros. Pero aí recae o traballo previo.

Para conseguir ese efecto, no borrador "realista" xa tiven que poñer a auga dunha foto e o ceo de outra en tódalas fotos. Porque me atopaba con que cada foto tiña un ceo e unha cor de auga distintos... vamos un cacao mental que me tivo toda a tarde co cu planchado na silla diante do cacharro este

En setembro poreime con el... a ver que sae (esperemos que saia máis traballo do estilo jeje)

Apertas a todos, e disculpas se te atopaches esta entrada a medio facer. Son as consecuencias de fedellar no ordenador tumbado na cama co portatil no colo.

Que teñas bo día!

domingo, 26 de julio de 2009

Video de skimboard

Aquí vos deixo un video de skimboard que me ensinou Brais.
A música está moi ben, así que recoméndovos acender os altofalantes. A canción é Road to Zion de Damian Marley


Apertas!

miércoles, 22 de julio de 2009

Máis kitesurf

Bos días amigoos!!
antes de nada desexarvos un día cojonudo! non vos deixedes levar pola chuvia :) que é boa para as plantas e para este verde galego que tanto nos gusta.

Por petición popular, aquí vai unha remesa máis das fotos que sacamos o día da última entrada de kite. ;)
Dende aquela, entre o curso da casa rural, outro en Vigo con La Fura dels Baus, pitos e flautas... so volvín á auga dúas veces, e foi para practicar "flysurf" como se dicía antes.

Onte intenteino en Nemiña, pero despois de voar a cometa un bo rato na area, decidín que era demasiado arriscado. Vento side-off shore e moi racheado. Por momentos casi caía a cometa por falta de vento, e ás veces a cometa levantábate literalmente do chan. Para pegar uns botes na praia serviu, pero para pouco máis
Photobucket
(foto by Felipe Trum)

Despois, á hora de desmontala cometa, foi a primeira vez que un "non humano" me axudou a desinflar un lado da cometa sin que se me inflase o contrario
Photobucket

aaaiii (suspiro) co bonita que é a cadela, e o riquiño que é o meu sobriño.. cando se xuntan cáeme a baba
Photobucket

Bueno, ó tema! que ó final so fixemos kite dous días máis. Un día na parte sur da praia de Carnota, en Maceiras (porque había vento norte) e hoxe na lagoa da mesma praia, situada ó norte (porque había vendabal).Pero como dicía, as fotos son de Xuño, cando navegamos polas contaminadas augas de Cee

David
Photobucket

Preséntovos a Sara, a irmá de David
Photobucket
Sen dúbida a mellor kitesurfer da costa da morte. (Creo que é a única) pero non é por quitarche mérito eh Sariña! que xa me pasaches en nivel fai tempo, pero non en web..valor para voar alto! jeje ;) (esto de picarse con menores de idade non ten moito sentido, pero que lle queres... nós pasámolo ben)

"He aquí", a susodicha condenada facendo un bo frontloop
Photobucket

David saltando Corcubión
Photobucket
Un espectáculo velo navegar. As veces non sei si montar a cometa ou quedarme mirando.

David facendo "un pé" ou "one foot" (que manía temos de empregar nas maniobras palabras inglesas que temos dende fai tempo)
Photobucket

Este podería ser eu tranquilamente
Photobucket
Pero salveime porque estaba sacando a foto.

Este si que son eu
Photobucket

Apertas e que teñas bo día!

domingo, 19 de julio de 2009

2 videos de parapente

Espero que disfrutedes con estes videos:

Este ten unha canción preciosa, e as imaxes non se quedan atrás


e este é espectacular...


Sempre que se proban cousas novas, vives algunha sensación coa que non contabas. Co parapente pasoume, e vou a intetar explicalo:

Algo no que non reparara antes de subirme a un cacharro destes, é que cando estás no aire, olvídaste de que encima túa tes "semejante" bicho de vela. Quero dicir que, cando vémolos videos, o ollo "non distingue" entre persoa e parapente, senon que o vemos como un conxunto. En cambio, cando estás arriba, dache a sensación de que quen voa es ti só. Olvídaste do parapente porque só o ves si queres velo, se miras para arriba. Por exemplo, normalmente, cando camiñamos imos calzados, pero mentres paseamos non somos conscientes de que levamos zapatos (ou o que sexa), simplemente camiñamos sin pensar que é o que levamos nos pes. Somos conscientes de que camiñamos sen a axuda de ninguén. Bueno, pois algo parecido me pasou co parapente. Incluso fácilmente te podías "olvidar" de que detrás de ti estaba o instructor, incrementando en intensidade a sensación de liberdade de poder voar a donde ti queres. Creo que foi por iso polo que me sorprendeu tanto que a sensación se semellase tanto á dos soños.

Xuro que en menos de 2 anos estou surfeando correntes de aire... alucinoume a experiencia e non me vou a quedar sin ter como hobbie poder voar. Ecuestre lo que cuestre.

Biquiños pa todos e abrazos pa todas

"Bajo la piel" + trailer de corto

Ese é o nome do que posiblemente sexa unha futura serie/culebrón tipo "al salir de clase" ou "dawson crece" solo apta para menores de 16 anos :)

Polo de pronto só estamos cos borradores para a preparación dun capítulo piloto que esperemos se poida vender á tvg ou outras canles. Grábase sen audio coa intención de doblar a varios idiomas nun futuro. A ver se cando estea todo listo non somos moi maiores e nos cambian a tódolos actores por uns adolescentes jeje.



O guión escribiuse o mércores, o xoves grabámolo, e o venres estaba montado. Todo un xenio o Zeibe :)
Zeibiafilms

E a continuasión... o trailer da última curta na que actuei:
Momentos captados dunha realidade xa inexistente

Apertas para todos!

lunes, 13 de julio de 2009

Non teño perdón!

14 días sen actualizalo blog, en fin. Non teño remedio.
Hoxe volvín a casa despois de unha intensa semana de curso intensivo de interpretación e un "paseo" polo festival de Ortigueira. Por certo, un saúdo ó rapaz que me recoñeceu na multitude jeje.

Fai click e poderás lelo.

Estivemos dende o domingo ata o sábado na Casa do Pacio, en Cospeito. Convivindo 14 actores e actrices, disfrutando dun curso impartido por Eva Lesmes e Javier Gancedo. Había moito tempo que non o pasaba tan ben nin me ría tanto nun curso. Un encanto de compañeiros, de mestres, de cociñeiras/camarera, e de profesionais cos que tivemos o gusto de compartir algunha tarde, como Jorge Coira (director de pelis como "el año de la garrapata"), Marta Fernandez Muro (actriz) ou Macarena Pombo (directora de casting en Madrid).

Teño centos de fotos... así que a ver si esta semana me poño as pilas
Unha aperta a todos!!