miércoles, 29 de julio de 2009

Novo blog, proxección de curta, e futuro mural


Fai pouco ensinábache un trailer dunha das curtas nas que participei.
Photobucket
Pois ben, o venres tivo lugar en Areas (Sanxenxo) unha churrascada/festa, na casaza de Águeda (graciñas), na que estreamos a curta oficialmente. Acudimos todos os que participamos nela e algúns amigos máis.

(Onte quedeime durmido escribindo a entrada, e sigo hoxe pola mañá jeje, menos mal que non me caeu o portatil da cama)

Aproveitouse tamén para anunciar a inauguración dun novo blog dedicado exclusivamente a esta curta e a tódalas novidades que vaia surxindo sobre ela.
Photobucket
Para acceder ó blog fai click AQUÍ

E como o sitio onde se fixo a celebración non estaba nada nada mal... funme para alí 3 días antes, máis que nada por motivos de traballo jeje

Resulta que hai un muro rodeando a piscina que hai que pintar, e ocorréuselle á filla do dono que se podía facer un mural.

A parte frontal do muro sería esta, despois hai outro pouco para á dereita e para a esquerda. En total uns 22 metros de largo por dous de alto

Photobucket

E estiven fedellando no photoshop para facer unha especie de boceto do que vou a intentar facer alí

Estou pensando en dúas opcións para dous presupostos distintos. Unha cousiña simple, de poucas cores como esta

Photobucket
intentando sobretodo pintar unha continuación do céspede para darlle máis profundidade e sensación de amplitude

E algo máis complexo, con detalles realistas do estilo de esto
Photobucket

coa intención de darlle continuidade polos laterais.
Photobucket

e aínda me queda espacio para intentar dibuxar estes fotóns por algún lado
Photobucket
Photobucket


A miña intención é que desde un punto de vista, pareza que estás no paraíso, rodeado palmeriñas e auga cristalina, pero o difícil é encaixar as fotos para que parezan que están no mesmo plano, xa que unhas están sacadas dende unha altura, outras dende outra, e ó "plantalas" na parede, hai un engaño ó ollo un tanto extraño. Vamos, que non parece que todo pertenza á mesma paisaxe, senon distintos paisaxes uns ó lado dos outros. Pero aí recae o traballo previo.

Para conseguir ese efecto, no borrador "realista" xa tiven que poñer a auga dunha foto e o ceo de outra en tódalas fotos. Porque me atopaba con que cada foto tiña un ceo e unha cor de auga distintos... vamos un cacao mental que me tivo toda a tarde co cu planchado na silla diante do cacharro este

En setembro poreime con el... a ver que sae (esperemos que saia máis traballo do estilo jeje)

Apertas a todos, e disculpas se te atopaches esta entrada a medio facer. Son as consecuencias de fedellar no ordenador tumbado na cama co portatil no colo.

Que teñas bo día!

7 comentarios:

peter p. de mille dijo...

Quédome co primeiro. O das nubes e a palmeira tumbada.
Non o dubides, Oh artista ínclito!!

Rubén Prieto dijo...

Bueno, o "realista" non está cerrado, tiña pensao poñerlle nubes tamén, o que pasa que o borrador fíxeno así para non ter un motivo máis para comerme o tarro. despois é copiar e pegar nubes :) pero non acabo de ver esa illa ó lado deses pedruscos tampouco. unha está moito máis lonxe que a outra.. fai un efecto extraño..

Anónimo dijo...

Ola neno!!!
mandeiche un mail
falabamos de quedar hoxe por compos, anímaste???

peazo fotos que tes, cabronazo!!!
cando me ensinas???

beijos muitos

Ah, son a iria (roblesitooooooo)

Anónimo dijo...

Esta bien tener un dibujo grande para ver como te sale, pero a mi me parece como pintarle a un canario en su jaula un bosque por las cuatro paredes... dale una patada en el culo a los dueños y dile que salgan a la playa que aqui las tenemos incluso mejor que las de las fotografias y a tiro de piedra. el mundo al reves, los caanarios queriendo escapar y otros queriendo entrar.
Miguel

Rubén Prieto dijo...

Ola Iriaa! Graciñaas! sabes que che ensino cando queiras... :) estame entrando a pereza para ir a santiago! pero a ver si me animo (é que ceei moito) :)

Miguel, está claro, las rubias quieren ser morenas, las morenas rubias, las de pelo liso se lo rizan, y las de rizo se lo alisan.
Los de montaña van al mar y los del mar... se quedan en el mar :)
Pero el tema es que estes tienen la playa a 15 pasos, así que pueden estar bailando entre playa y piscina toda la tarde... si sube el viento, si el agua está fría.. el tema es tener ese sitio preparado lo mejor posible.. y yo ganar unas perrillas así que.. casi que no los voya convencer para que no se haggan el mural.
Además.. ese muro gris cemento queda fatal :)

Anónimo dijo...

yo pienso lo mismo..el mural quedaria muy chulo ahí, aun así el contraste en invierno to el dia lloviendo y gris nose como quedaría, pienso que podrían poner otro tipo de paisaje o dibujo que sea afín a todas las estaciones, osea mas gallego pienso yo que pa eso tenemos unas costas preciosas..

saúdos y un abrazo rubensiño-alis

Rubén Prieto dijo...

Puede ser.. conozco rincones que aí dibujados podrían quedar muy bien. Pero creo que todo paisaje es "aestacional" exceptuando un monte con colorido primaveral.
Quiero decir, que donde hay palmeras, en los paisajes tropicales, en realidad es casi donde más llueve...Allí tambien hay inviernos jeje. Pero entiendo lo que quieres decir :)

Biquiños!