miércoles, 30 de septiembre de 2009

Mencer en Sanxenxo

Bueno.. máis concretamente en Areas, ó ladiño.
Cal vos gusta máis? eu non o teño moi claro aínda...
Photobucket
Photobucket
Son moi parecidas... pero non iguales :)

Polo de pronto.. vou a abordar un novo dibuxo no mural...
Apertaaass

martes, 29 de septiembre de 2009

Foto currando...

Mama, por aquí o traballo é demasiado duro. Nas rías baixas fai demasiada calor. Por momentos tórnase insoportable.

Estou traballando bastante duro, pero bueno, estame saíndo algunha que outra oferta profesional relacionada coa pintura... xa che contarei...

De vez en cando doume un descansiño pero non moi grande porque quero acabar o mural antes de que veña o mal tempo. Os xefes asobállanme. As condicións laborais son penosas pero.. échoqueai.

Photobucket
Un biquiño
;)

Evolución do mural de Sanxenxo




Despois de estar 3 días pintando aquí en Sanxenxo, así é como vai quedando o muro. Non se ven moi ben as fotos porque era prácticamente de noite cando as saquei. Pero a ver se hoxe lle pego un adianto á auga e saco fotos con boa luz.
Polo de pronto estou contento porque pensaba que me ía a levar máis tempo o que levo feito. O resto do muro, os 50 metros cadrados, xa está todo pintado de ceo e mar. Pero ó mar quérolle facer máis brillos para que quede máis realista... a ver como queda. Vou a poñerme mans á obra que xa hai luz :)

Unha aperta!

domingo, 27 de septiembre de 2009

Regata da amizade

Despois dunha semana que se resume en risas, olas, amigos e tenda de campaña... Decidimos ir de festa a Coruña a disfrutar da súa última noite en Galicia. Pasámolo en grande. Rímonos a fartar. Foi a despedida perfecta...

E despois de durmir unhas horiñas (non vou a dicir cantas) arranquei para o barco a participar na regata. Que foi, pola nosa parte, un pouco catastrófica.

Para comezar, antes de desamarrar, non chegaba electricidade ó barco e as baterías estaban descargadas, polo que non podíamos arrincar o motor e saír do pantalán. A través do walkie escoitábamos como todos estaban preparados para saír, xa navegando e nós aínda non soltáramos amarras.

Despois de facer vintemil probas con empalmes, medindo co polímetro en diferentes puntos, reiniciando cargador, leds, xerador... etc.. alguén lle pegou un meneo con algo de mala leche a algún aparello, e todo se puxo a funcionar. Mentres quedaban menos de 10 minutos para comezala regata, nós estábamos en terra cargando baterías para arrincalo motor e saír de aí.

Cando quedaban 4 minutos para o bocinazo de saída, desamarramos e saltamos ó barco. Xa coas velas listas, en canto saímos do porto izámolas e pasamos pola liña de saída só un minuto despois que o resto. Pero oes, tamén da gustirrinín saír de últimos e ir adiantando a todos pouquiño a pouco antes de pasar pola primeira boia. Debido ás dimensions do barco, podemos adiantar por sotavento dos barcos que non nos desventan, e cando pasamos a barlovento, quedan tambaleando de mala maneira.

Deunos algo de guerra o Mirfak, o barco da armada española que no seu momento foi tecnoloxía punteira, do mellorciño, onde navegaba o príncipe non fai moito seica. Pero despois da primeira boia xa empezamos a sacarlle ventaxa.

Tropezamos bastante nun izado de spi, onde as escotas estaban cruzadas e a "vela con forma de globo" saíu feita un churro. Tivemos que arriar, trimala ben tendo coidado de que non portase (diso encargábame eu, e non vexades o que acojona estar agarrado a unnha vela de tropecentos metros cadrados que ameaza con cargarse de vento e sabendo que si se che escapa, líase gorda).
Nesa manobra debimos perder un minuto.

E como consecuencia do cristo que se montou desa, e non todo quedou como tiña que quedar, na trasluchada montamos o seguinte chocho. Máis grave.
Photobucket
O tangón non quedou enganchado no mastro e non o quitamos para a manobra, unha vez no novo rumbo, co spi doutro lado, o tangón quedouse enganchado a sabedios que, e quería tirarse pola borda. Mentres un intentaba agarralo, eu intentaba desenganchalo do mastro colgado da coz, pero coa presión que iso facía era tarefa imposible.

O tangón, que é un pau que sae do mastro cara proa, caeu á auga e coa velocidade que levábamos comezou a irse hacia popa (enganchado aínda ó mastro) ata que topou cos obenques e o partiu en dous. Aló vai un pauiño de carbono que pode chegar ós 6000 euros, así, en menos do que canta un galo. A cara que se lle queda a un é digna de ver.
Gracias a quen sexa, non lle pasou nada a ninguén. O que nos outros barcos é unha anécdota, no Hansa, pódese convertir nun accidente grave. Un botavarazo nun barco de 10 metros pódeche facer un bo chichón, neste pódete matar.

Así é todo... quedamos de primeiros en tempo real, pero "só" a uns 7 minutos por diante do segundo, que non foron suficientes para gañar en tempo compensado. Así que, outro segundo posto para o Hansa.

Despois da regata tomámolos pinchiños obrigados, coa súa cerveza e/ou mojito...
Photobucket
Onde realmente se toma máis en serio a 3ª palabra da Regata da Amizade. Bo rollo a pesar das desfeitas, vaciles ós responsables da manobra (safei), comentando xogadas e charlando un pouquiño de todo.

Despois fun sacar un par de fotos do barco dende un punto onde se pode ver de cabo a rabo o "jarandísimo" que é.
Photobucket
É o primeiro da dereita.

A ver o que fan hoxe, o segundo día da regata, que eu non podo asistir xa que marcho agora mesmo para Sanxenxo a pintar o mural da piscina. Por alí andarei esta/s semaniña/s

Apertas!

viernes, 25 de septiembre de 2009

Baño de antonte...

...cos valencianos en Rostro.
Hai un montón de fotos gracias a que Javi e Damián saíron antes da auga e colleron a cámara para afotar as últimas olas dos que quedábamos na auga.

Colgo esta así rápidamente que volvo pitando para o campamento base, non vaia a ser que me estea perdendo un baño mañaneiro :)

Photobucket

Apertas!

miércoles, 23 de septiembre de 2009

Posta de sol en Nemiña

Cear con estas vistas son destas cousas que, recordalas, fanche camiñar sorrindo e mirando o chan...
Photobucket

martes, 22 de septiembre de 2009

Máis da viaxe

Photobucket
Anque non o pareza, probamos a ir casi todo o rato a 110, e chegar, chegamos igual.
Como na vida mesma, é moi importante pasalo ben no camiño...
Photobucket
E no caso de ir dous coches... un par de walkies son ideais para ir charlando polo camiño, gastando bromas, facendo coñas... comentando pifias da viaxe como:
- bugs buny o paco tulas? (Rosi)
ou
- unha autocaravana con bacho e duña (velajandre)
....etc...

irei colgando máis cando teña tempo :)
Polo de pronto estarei un pouco off. Viñeron os valencianos co seu surfari sagrado á costa da morte e un ten que facer de anfitrión como dios manda jeje
así que no que queda de días toca tenda de campaña, olas, postas de sol, espaguetis, bocatas, long, risas, fotos, comer, durmir, rir, despertar, surfear, bis....

lunes, 21 de septiembre de 2009

Escapada a Madrid

Photobucket
De dereita a esquerda: David, Raquel, Rosi, Tei, Diego e eu

4 días libres, 6 persoas, 2 coches, 2 walkies e moitas ganas de pasalo o mellor posible na capital.

Agora, despois de tanto kilómetro, tanta activividade, tanta atracción e tanto de todo, estou que non podo coa alma, así que colgo unhas fotos, coméntoas así por riba, e cando poida xa entrarei en detalles.

O venres tocou Xanadú, compras, facer snowboard (non hai fotos decentes), e pola tarde fumos ó circuito de karts de Carlos Sainz onde intentei practicar algún barrido
Photobucket


O sábado fumos ó Parque Warner
Photobucket

Photobucket
Tei, despois da molladura que collimos nunha das atraccións de auga, non tiña nada para cambiarse así que tocoulle a meu pantalón de snow. E eu, que non tiña calzado, acabei camiñando coa parte interna das botas de snow o que quedou de día.

Photobucket

Apertas para todos!

viernes, 18 de septiembre de 2009

Primeiras probas coa cámara

O xardín de casa foi máis que suficiente para probar se a cámara funcionaba ou non. Queiras que non, conseguir algo á metade de precio sempre levanta algunha sospeita, anque aparentemente estea todo o equipo como recén estreado. Perto tiven sorte, todo vai como a seda :)
Photobucket

Photobucket
as hortensias de miña nai, que están grandes coma repolos :)

apertas para todos dende Madrid!

miércoles, 16 de septiembre de 2009

Por fin teño cámara!!!

Levaba tempo esperando este momento!
Dende segundo de carreira (xa fai 5 anos) que foi cando me deu a febre pola fotografía e me puxen a fedellar en internet para aprender algo sobre o tema.


O equipo comprado foi unha Canon EOS 400D con dous obxectivos, o 18-55 e o 55-200 con grip e un trípode (pataqueiro, pero ten tres patas)

O malo era coñecer uns conceptos básicos e non poder levalos á práctica por falta de cámara. Como algún xa saberá, aí atrás andiven uns meses cunha 400D prestada, e o "mono" da fotografía medrou máis aínda. Ata tal punto que non podía soportar a sensación de estarme perdendo "momentos fotografiables" alí por donde ía. Momentos que pasan e non volven.
Photobucket

lunes, 14 de septiembre de 2009

En 6 días....

...no Parque Warner!!

Estamos cos preparativos para pegarnos unnha escapadiña o finde que ven a Madrid. O venres tocará facer snow e botar unhas carreiriñas cos karts no Xanadú. E Sábado e Domingo a probar tódolos cacharros posibles no parque Warner. Xa había tempo que non me facía unha viaxe así "organizada" con hotel e fisnuras deste tipo jeje, pero a verdade é que de vez en cando tamén apetece.

Esto de mirar e preparar o equipo de snow o mesmo día que disfrutaches da praia coa familia e amigos (Maika, Juan unha aperta!) faise bastante raro a verdade. Pero mola.

Teño unhas ganas que non vexo de subirme á lanzadera esta...
Photobucket
E a esto

e esto...

bueno.. querer quero probalo todo!

Xa vos contarei para a semana que ven como nos foi. Espero vir recomendándovos ir.

Unha aperta!

sábado, 12 de septiembre de 2009

Educación


Sin comentarios

streamlined 08

Impresionante video de parapente

Streamlined 08 from Team Silver on Vimeo.


Non vos perdades algo que hai polo minuto 5.30 e no 8
Canto máis o vexo máis me tarda facelo curso. Mesi, Deivis, Dani...algún día estaremos nós facendo esas toleiradas?

(Xa abro nova etiqueta co tema)

Apertas para todos e que teñades un moi bo finde

jueves, 10 de septiembre de 2009

Novedades no blog e video para rirse un pouco

Pois ben, agora no blog tedes á vosa disposición un buscador. Está na parte da esquerda (xusto encima do archivo)e serve para realizar búsquedas dentro do propio blog.

Por exemplo, se queredes volver a ver unhas fotos ou algo que vístedes fai tempo pero esa entrada anda perdida polo archivo e non sabedes en que mes foi publicado, só tedes que poñer unha palabra clave e apareceranvos as entradas relacionadas con esa palabra. Vamos, que hai un buscador para o mesmo blog. Ben sabedes o que é, se poñedes barranco apareceranvos tódalas entradas nas que falo de barrancos.

E por outro lado engadín o gadget de "seguidores", ao que vos podedes unir se visitades con frecuencia este blog, posto que vos avisará de novas actualizacións etc... E ademais será unha forma de coñecer mellor esta "pequena" familia de máis de 100 persoas que se pasan a diario polo blog. Que ti de min xa sabes unhas cuantas cousas... pero eu de ti... pouquiño :) Ademais, se tedes blog, é unha forma de promocionalo porque aparece o link se fan click na vosa imaxe.

E para rematar... un recopilatorio dos sketchs de pasapalabra

a min mátame o minuto 3:33 :)

Apertas!

martes, 8 de septiembre de 2009

Ruta ó pico Mustallar (Reedit)

Hoxe chegamos Dani (Facede click AQUÍ para ver a súa reportaxe) e eu dunha bonita excursión que fixemos ós Ancares.

Saímos onte pola tarde de Coruña rumbo Piornedo, cargados de boa música, comida, bebida e ganas de comernos a montaña.

Cando chegamos dimos un paseíño pola aillada aldea e alucinamos coas pallozas, cabazos, casiñas, capela...

Despois de cear estivemos un bo rato na furgo de cháchara e saímos de noite a sacar unhas fotos. Estivemos moi entretidos buscando composicións, ideas e momentos que inmortalizar ata que algo interrumpeu o que estabamos a facer. Escoitamos cómo un atni (animal terrestre non identificado) se acercaba sixilosamente cara nós (a son dun cencerro inundábao todo dende que o animal tiña posto o obxectivo en nós a un km de distancia). Finalmente vimos como o animal (que superaría os 400 kg) surxía da oscuridade e estaba disposto a atacarnos (viña con total parsimonia pero o ruído que facía o pedazo de cencerro parecía insinuar que estaba disposta a facernos algo)... pero salvou a nosa integridade o noso amigo pastobrador. Un can medio labrador medio pastor nejro comaopecado que decidiu facernos compañía nas nosas conversas fotofrikis e espantar ó atni cencerráceo a risco de recibir a couce que este amablemente lle mandou gratuítamente polo aire.

Despois de durmir na furgo a unha temperatura máis que ideal, despertámonos ás 7 para almorzar e comezala ruta.

Partimos dende unha altura inicial de uns 1200 metros ata chegar os 1924 metros da cima do Mustallar. É unha auténtica gozada recorrerse 16 km sin ver un só eucalipto. Todo monte autóctono, galego.

Ó ver os tremendos cantís, pradeiras e brisas suaves que subían pola montaña permitindolle ós buitres subir centos de metros en círculos sen darlle unha sóa vez ás ás...acordeime moi moito do parapente que aínda non teño. Pero a próxima vez que vaia... ou levo un parapente ou será para baixala facendo snow.

Arriba estivemos un par de horas, charlando, case durmindo, comendo, bebendo, e disfrutando do silencio absoluto que en tan poucos sitios se pode chegar a "oír". Se tivese que escoller unha palabra para describir aquel momento, escollería "Paz".

Ó baixar, deixei saír o animal que levaba dentro e bebín de regatos a catro patas, peguei carreiras prados abaixo nas que o 80 % do tempo estaba intentando frenar... e intentei integrarme coa fauna autóctona
Photobucket
(Máis fotos da excursión no blog de Dani, fai click AQUÍ
Cousa que debín de conseguir á perfección xa que a unhas décimas de sacala foto, a vaca pegoume un par de lengüetazos importantes. Vaia risas.

Continuamos ruta abaixo sacando algunha que outra foto ata chegar a furgo... repuxemos líquidos, picoteamos algo e volta pacasa. Disfrutando da música, charlas, vistas...e atopándonos con incendios provocados por algún malnacido.

Que ben se queda un despois dunha excursión así. Moitas paisaxes bonitas nos quedan por ver na nosa terra antes de ir buscalas a outros países. Cando te das conta de que gastaches menos que un día saíndo de festa, viches paisaxes increíbles, fixeches exercicio e ligaches con unha boa rubia...quédanche máis ganas aínda de non parar o cu en casa e aproveitar ben o tempo. Para unha excursión coma esta só fan falta uns 30 euros para comida e gasolina, un día libre e ganas de facer algo.
Así que anímovos a despegar o cu do asiento (a non ser que estés traballando, claro), deixar de leer blogs coma este e pasar a ser o protagonista das vosas propias historias.


Unha aperta moi forte patí

jueves, 3 de septiembre de 2009

Vixiade as vosas costas!

Non sabedes o que me rin con esta tontería...

Xa sabedes que non é bo quedar apampado tanto tempo diante do ordenador.
Boísima

Outro de vela...

...que vale a pena ver

Como vedes, eu son moito de rachas/venadas. Cando me dá pola vela, non vexo outra cousa, coa pintura outro tanto, coa fotografía máis do mesmo... e así todo. Despois pásaseme unha temporada ata que o retomo con ganas. Digamos que son pouco constante, pero... é que ser constante é moi aburrido!!