lunes, 22 de febrero de 2010

Secuencia en Ne miña

Canto máis surfeo menos sei. E refírome, sobretodo, ás posibilidades de que haxa un bo baño ou non en función das condicións meteorolóxicas.
Cantas máis veces vas a unha praia, máis veces che sorprende para ben ou para mal; O que fai que cada vez esteas menos seguro das posibilidades de baño.

Moitas veces, chámanme amigos preguntándome como están as praias de por aquí para non pegarse a kilometrada de balde, e atópome co dilema. Se lles digo que non creo que haxa nada, e paso eu de casualidade porque vivo ao lado e hai olazas... síntome mal claro! e se digo que se veñan porque creo que pode haber algo e ao final quedamos todos en terra coméndonos os mocos...mal asunto tamén.

En fin...

Que o outro día achegueime a Nemiña sabendo que non a ía a coller no punto de marea adecuado... e había baño igual.

Houbo un pico en marea alta, outro en media e outro en baixa. Cando normalmente só hai un piquiño en alta (e con moita sorte).

Xa saíran todos da auga, e bañeime eu só. Bueno, non tan só: Cando o sol comezou a sumerxirse no horizonte, acompañáronme unha bandada de golfiños que saltaban e surfeaba moi preto de min. Un auténtico espectáculo natural. Sen adestradores nin elementos artificiais. Neses momentos, por un lado sínteste en total harmonía coa natureza, integrado molécula a molécula, e por outro sínteste un pouco intruso, por pertencer á raza animal que pretende destruílo todo.



Suso Tudor, que andaba por alí, quedouse coa miña cámara e sacoume un par de secuencias:




Non hai nada como verse (en foto ou video) para darse conta de todo o que un fai mal, ou todo o que se podería ter intentado e non se intentou.
Neste caso, ademais de correxir a postura, penso que o que se podería ter intentado sería un reentry aproveitando o punto vertical da onda, non? Porque fun demasiado optimista pensando que o tubo sería o suficientemente grande para entrar. E digo "intentar" por decir algo... é como mercar un boleto do euromillón. Se non se merca non toca non? :)

Unha aperta!

E esta semana disfrutádea, mirádea, e saboreádea como se fósedes nenos...

jueves, 18 de febrero de 2010

Outro video que non debes ver

Nada interesante. Non di nada que sirva de moito na vida así que, para que velo?
Mira algunha que outra foto, non leas moito non vaia ser que atopes algo interesante, e se ves algún video, que non che quite máis de dous minutos.

Outro video dos que non vale a pena ver. Visto nun blog que da asco entrar nel www.adesgana.com Blog dun amigo dos que cando os ves te cambias de acera. Destes que xa non sabes que inventar para non ter que quedar con el.

Alguén dixo que para que os malos triunfen basta con que os bos non fagan nada.

Ubha aperta

martes, 16 de febrero de 2010

Disfraz de Avatar: Resultado

Bueno amigos, pois aquí está o resultado. Son un pedazo friki baquesí?

Hoxe intentarei mellorar a maquillaxe da cara dibuxando tamén os ollos, a ver si me sae.
É unha auténtica "guayada" o tema dos zancos. Moito máis fácil do que me esperaba, en serio. É como camiñar normal! só hai que ter un pouco de coidado coas escaleiras e punto. Pola noite incluso podía entrar nos locais aínda que estiveran cheos de xente sin medo a caer. Por certo, falando de pubs! gañei un concurso de disfraces individuais organizado polos locais de cee! :)

Alucinoume a participación da xente. Tanto en Fisterra como en Cee, máis do 90% das persoas estaban disfrazadas. E TODOS facían o mesmo comentario: "Dioss..que fríoo!" (cando saín de casa marcaba o coche -1Cº) porque poucos disfraces esceptuando os de viquingo e de vello serven para ir ben abrigadiño. Así que, partindo desta demanda de calor por parte de todos, ocorréuseme organizar unha festa de disfraces no verán. Nalgunha praia, con música, churrascada, bebida, posiblemente algún concerto e caloorrrr! Para iso creei un grupo en facebook que se chama: "Eu tamén quero unha festa de disfraces no verán! O CARNAVRÁN" Buscádeo e unídevos se vos gusta a idea.

Bueno, espero que o pasedes moi ben nestas festas, comades moitas filloas (mmmm...) e orellas

Apertas!

viernes, 12 de febrero de 2010

Disfraz de Avatar

Ou mellor dito, de Na`vi.

(Carlos, aínda non a viches?) ;)
Se non víches a película en 3D, estás tardando. É unha auténtica pasada. Eu fun ao cine medio mosca (porque non me soen gustar as típicas películas ás que lle dan tanto bombo, tipo señor de los anillos ou harry potter) pero saín ENCANTADO. De feito, ó día seguinte volvín a vela dende uns asentos que vibraban...e volvería a vela por 3ª vez.

Dito isto, ao que ía. Supoño que a todo o mundo se lle ocorrería disfrazarse en carnavais de Avatar, porque saes do cine desexando ser un Na`vi, indíxena de Pandora.

A min xuntáronseme as ganas de ser un Na`vi, coas que tiña (dende fai anos) de facer uns zancos (dos de atar ás pernas). Así que púxenme mans á obra. Se me da tempo de facer o disfraz, ben, e senon... pois teño uns zancos.

Dispoñíame a encargar uns na carpintería pero pensei que ao mellor apañaba co que tiña por casa. Así que aquí explico como fixen (en plan chapuzas) uns zancos aquelando con tódolos aqueles que teñas para aquelar no teu aquel.

Atopei iso (á estructura de madeira vinlle forma de caballete e pensei que era unha señal para que pintase a táboa dunha vez) e coa axuda dun machete, unha serra e un martelo quedeime co que me interesaba...

Cunha serra de calar recortei dunha madeira máis grosa estes tacos

que soportarán a maior parte do peso.
Medín a altura desexada tendo en conta que o sobrante de arriba non pode ser nin moi corto (para que faga ben firme) nin que pase dos xeonllos.
E a base de puntas e martelazos fixen esta chapuzada de zancos. 4 puntas pola parte de abaixo do taco (cunha inclinación perpendicular á forza que exerceremos ao subirnos), unha por cada lado en diagonal para que o taco non se separe de pau, e dúas grandes por arriba para o mesmo. Despois 4 puntas en zig zag clavando a táboa na que irá o pé ao taco.

O meu benquerido proxenitor dime que iso vai aguantar 20 pasos, con moita sorte. Eu xa os probei e penso que como moito pode escachar a táboa onde vai o pé, xa que fai firme en pouca superfice. Pero o taco, aposto a que non cae, cajona`ví. De todas formas, para reforzar o un e o outro, farei o que me propuxo: colocar dous "ángulos" de madeira máis en cada zanco, un a cada lado.
Ah, e atopei un cacho dunha tubería da auga, corteina ao medio e fixen unha especie de protector/abrazadeira para os xemelgos. Cubrireinos dalgunha tea ou espuma, fareille unhas ranuras e pasarei por elas unhas cinchas de belcro para fixar os zancos ás pernas.
Algo tal que así

Aproveito para presentarvos a miña táboa recén pintada. Púxenme a pintala sin saber o que ía a facer. Foi fruto da máis pura improvisación, pero non me disgusta de todo o resultado. É que se esperaba a que se me ocorrese o debuxo perfecto non a pintaba nunca (Chus! cando querias laminámola!). Os bordes brancos e a parte de abaixo irá con resina tintada de amarelo e laranxa.

Seguindo co disfraz de Avatar...
Buscando tutoriais de maquillaxe atopei cousas como este personaje que di que se maquilla en 10 segundos...son unhas risas (a partir do segundo 35)


E outros máis currados como este (moi longo)


Para a cabeza pensei en mercar unha peluca e facerlle trenzas. Se non é o suficientemente longa, engancharlle unha trenza feita con lá. Para facer como si estivese rapado polos lados, tratarei de buscar un gorro de piscina azul (ou branco para pintalo) e cortar a peluca e pegala nel.

Para o corpo, o propio sería ir con taparrabos e pintado, pero como somos humanos, e imos pasar frío... Buscarei uns leggins ou mallas de tía azuis, taparrabos e licras ou camisetas de manga longa apretadas.

E se alguén me presta un cabalo, póñolle atrás dúas patas máis e bueno, xa non falta detalle :)

E ti? de que vas ir?

Unha aperta!!

miércoles, 10 de febrero de 2010

Nemiña, se mira pero no se toca...

Dani, Anahí e eu atopámonos hoxe a Nemiña dun humor moi común nela. Trátase do típico baño no que, ou che dificulta moito a chegada ao pico (marea baixa), ou te lanza sin dudalo mar adentro impedíndoche situarte ben (marea alta).

(experimento de foto)
Un baño no que, ao estar só, aumenta a dificultade para estar no sitio oportuno no momento adecuado...

E se non estás ben colocado... toca comer de lo lindo. Porque Nemiña soe funcionar pequeno, pero cando ten xenio... ten xenio. E das de "de facer as cousas facelas ben".

É o típico baño no que te botas cando che apetece castaña porque te atopas en forma. E como hoxe non era o caso... (levo un mesiño surfeando moi pouco) pois pasamos. Ademais, non atopei o pincho por casa (xa ten tela o asunto) e alí só tiña a vella 6,3. Outro tema importante, co meu nivel medio-cre creo que sería unha auténtica lotería coller ben unha onda.
Ademais non era baño para que disfrutásemos os tres. Aínda que agora que o penso Anahí seguro que nos sacaba unhas fotos de campionato :) (si dábamos pillado algunha)

E non sei si vos soe pasar, pero cando estás a punto de entrar nun baño destes, xa case decidido, quédase o mar en calma chicha... e despois aparece un seriote que arrasa con todo incluída a zona onde deberíamos estar colocados para coller o resto das olas.
O bo destes baños? que colles unha ola boa e vale por tódalas olas que poidas coller en medio inverno. E será da que te acordes por moitos anos...

martes, 9 de febrero de 2010

pupurri manualidades

Hoxe tocou poñerse de faena! Encántame.
Puxémonos Tamara e eu a pintar un teatriño para facer numeros titiriteiros e a cousa quedou así :)

E como en casa de ferreiro coitelo de pau.... aínda teño en casa a miña táboa recién shapeada esperando a que me decida que pintarlle. Para as táboas dos demais, paredes, etc... non tardo nada en decir "eu faría esto, aquilo ou aqueloutro..." pero para as miñas cousas non sei porque sempre tardo máis en decidirme.

O outro día nunha reunión, comecei a garabatear nunha folla, fixen unha cabeza dun cabalo e despois emocioneime e seguín... :)



E agora á noite acabo de facer un deseño para unha tatuaxe dun bo amigo (Arturo, unha aperta!)
As pistas que tiña para facer algo que lle gustase a él(hai xente que se empeña en pensar en un mesmo para deseñar as cousas, e o tema non é así) eran as seguintes:
- Un tribal no que se adiviñe unha calavera
- Calavera mala (en realidade poucas calaveras transmiten bo rollito non?)
- E que fose alargado dando casi aspecto de calavera de Alien...

Garabateando saíu isto...

a ver si era algo así o que tiña na cabeza

Que será remodificado, sobretodo no que é o interior da liña, que irá igual que outra tatuaxe que ten no hombro. E xa postos.. tal e como fago cos murales, fixen unha pequena montaxe para que se faga unha lixeira idea de como lle pode quedar


Unha aperta Arturo!!!

sábado, 6 de febrero de 2010

A veciña...

Aproveitando unha raiola de luz que entrou pola fiestra...


Yaiza

Tamén quería compartir contigo esta canción que me engaiolou no momento

Descoñecía totalmente este grupo "The Fray" pero polo que puiden ler por AQUÍ comprendín os dous millóns de reproduccións que ten o video. Cancións súas foron empregadas nos videos promocionais de Anatomía de Grey e a 5ª temporada de Lost

Saúdos e que teñas moi bo finde!
Disfruta desta semana como se fose a última ;)

miércoles, 3 de febrero de 2010

Depende de como se mire...

Moi bos días!

Para hoxe déixovos un video la mar de curioso. Ao principio parece incrible que a bailarina non xire sempre no mesmo sentido. Cando me ensinaron o video pensei que se querían quedar comigo. Pero despois de velo un par de veces....

...concentrándome consigo cambiar o sentido de xiro da bailarina. Eu creo que o truco está en pensar que a perna levantada é un péndulo e cando lle toca pasar por detrás da perna "fixa" imaxinar que está pasando por diante...e viceversa. Eu imaxínome iso e en cuestión de 2 ou 3 voltas, xa a fixen cambiar de sentido.

Ao final axúdanche a ver a bailarina xirando nos dous sentidos coa axuda dunhas liñas e "arrancando" o xiro dende unha posición concreta. Pero a min confúndeme o que di a voz... eu diría que xira para a dereita cando xira en sentido horario e á esquerda cando xira en sentido antihorario non?

Vós para onde a vedes xirar ao principio?
Eu víaa sempre xirando no sentido das agullas do reloxo. (Cara a dereita)

Unha aperta e que teñades bo día!

lunes, 1 de febrero de 2010

Estorde



Dúas fotos que saquei en Estorde uns días antes de marchar para Marrocos



Molesta que a música comece en canto entres no blog? ou axuda a crear atmosfera?
Que teñades bo luns!