martes, 29 de junio de 2010

Cutrestop-motion do mural de Saburil

Non sei como mas arreglo pero sempre acabo editando estes videos as tantas da noite, entre cabeceo e cabeceo diante do ordenador. Así quedaron os créditos que parecen unha sopa de letras.


Debido a que estaba nun sitio público e ás veces había xente comendo no restaurante, non tiña nin o espacio nin a liberdade para facer o pinzo como de costume.
A maior parte das fotos quedaron oscuras. A próxima, aínda que sexan para stop motion (fotos de baixa calidade) fareinas en formato RAW para poder procesalas xuntas. Que se hai unha forma de procesar moitas fotos JPG ao mesmo tempo non a coñezo.

Bueno, como xa vos comentei, o mural está feito no restaurante Saburil, na praia de Nemiña. Dicir (e non levo comisión) que se come de pu*Ǩ^*tísima madre. Con productos da casa, todo cociñado "como hai cen anos" que diría meu avó.
Como vivo a 5 minutos nunca comera alí, pero esa semana que pintei e comín no Saburil engordei 3 kilos, non vos digo máis.

lunes, 28 de junio de 2010

Yo no soy marinero!!!...

Yo no soy marinero!!...
soy un delfín... soy un delfín soy un delfín
xD
Photobucket

(como me rin con este anuncio de Mixta)

(Para quen non o vira)

Onte veu a Nemiña o meu amigo delalma Dani Temprano , alias Danix, excompañeiro de piso da etapa universitaria lucense, que tempos, que recuerdosss, que risas...

Un artista que rebosa talento polas orellas (pinta, fai música, saca fotos...), surfista con estilazo, amigo co que te irías de viaxe a unha illa deserta.

Aproveito para facervos unha presentación formal do seu blog VIENTOSURF. Un blog con encanto.

Pois onte houbo un momento no que saiu unha orillera xoguetona e mentres eu me poñía morado a comer area, golpes, trastazos e auga... o meu querido amigo sacoume unhas cantas fotos xD. Graciñas Danix! Hai que aproveitar que os que temos cámara poucas veces estamos diante dela

Photobucket

Photobucket

Photobucket
A comer areaaaa!!

Photobucket

miércoles, 23 de junio de 2010

Mural do Saburil (Nemiña) rematado!

Teóricamente. E dígoo porque hoxe xa me fun contento de alí. Pero cando volva seguro que cae algún retoquiño. Poruqe estas cousas... canto máis as miras máis defectos lles atopas.
E téñolle ganas de facer unhas plantiñas máis.
Aquí van unhas fotos

Photobucket
Iago

Photobucket

Photobucket

Photobucket

martes, 22 de junio de 2010

Documental surfeiro da costa coruñesa

Moi boas!

Ángel Galindo, Katia Romeu Caamaño e Lucía Tamayo Prieto son uns alumnos da universidade de Comunicación audiovisual que fixeron un pequeno documental sobre o surf. Supoño que por proximidade entrevistaron a surfistas da provincia de Coruña, entre os que estamos Pablo Vaquero, Manel toja, Pablo Montero, Pepo figueroa, Fernando Mosquera, Alberto Rodríguez, Antón hermida e un servidor.
Photobucket
Por se a alguén lle interesa velo pode descargalo no seguinte link: http://www.megaupload.com/?d=2DG2NCJM

Apertas fortes e que teñas un bo martes!

miércoles, 16 de junio de 2010

Pintando no Saburil

Onte comecei un mural no Saburil, o restaurante de Nemiña.

Vaia gozada iso de estar traballando, comer mentres lle vas pegando un vistazo ao mellor pico, pintar un pouquiño, saír e, sen movelo coche, poñelo traxe, coller unhas oliñas, volver, seguir pintando... que juay. Vaia sitio privilexiado no que vive o colega Iago :)

Bueno, pois este era o mural que tiñan alí dende fai case 30 anos... (normal que tiveran ganas de cambialo)
Photobucket

e así é como vai despois do primeiro día de traballo. A ver si en 3 ou 4 días máis o dou rematado
mural,caballo,blanco
Se me notades unha postura un tanto rara, é porque, como de costume, estou facendo o pinzo para un video stop motion. Aínda que tiña un par de ideas que non podo levar a cabo porque teño moi pouco espacio coas mesas do comedor.. e ás veces hai clientes e non os quero asustar. Que a min non me da vergonza pero a eles igual si e non quero espantarlles a clientela jeje


Unha saúdo a Antonio & Co. de Pontevedra! encantado de coñecervos ;)

Apertaaas!

viernes, 11 de junio de 2010

costa da morte kayaksurf

Moi boas!

Sorpresa a miña cando abro a bandexa de entrada e me atopo un correo de Jose Piñeiro que me descubre o seu blog costadamortekayaksurf.blogspot.com tamén sobre surf, tamén da costa da morte e tamén en galego... peeeero estes amigos nosos surfean con kayak e non con táboa.

Photobucket

Como é un tema non moi coñecido, polo menos por esta zona, pareceume interesante que nos mostrase algunhas fotos ou videos do que se pode chegar a facer con eses aparatos.

Photobucket

Eu pensaba que a maniobrabilidade do kayak era bastante reducida, pero polo que vin nalgún video, xa fan xiros máis cerrados que os que podo facer eu coa táboa... (aínda que xa sei que superarme niso tampouco é moi complicado jeje)

Podedes ver fotos dos rapaces deste clube facendo click AQUÍ



E este é o dono do blog nunha das nosas praias favoritas

lunes, 7 de junio de 2010

De cumple!! Regaliño para o visitante 101.101

Bueno amiguiños e amiguiñas!!

Aquí un menda chegou aos 25 aniños!

Photobucket

Aquí me tedes celebrándoo onte ao máis puro estilo "teenager" cos amijiños no porche da casa e con TARTA DA MIÑA SANTA NAI! destas de galleta/crema/galleta/chocolate/galleta/crema/chocolate aaaaaaaaaaiidiosmioquerrricaqueestámadrequemepariónuncamejordicho!

Coincidindo con este día, tiña pensado regalar unha camiseta "surf costa da morte" ao visitante 100.000 pero xa nos pasamos!!! :) Si, si, estaba todo pensado dende que fixen o blog...con 23 anos recén cumpridos xa calculei... A ver se para o 25 cumpreanos teño 100.000 visitas jajaja...

En fin, que un millón de gracias a todos e cada un dos que vos pasades por este superhumilde caderniño de bitácora.

Así que, como quería ter un minidetalle con vós, a camiseta oficial do blog vai para o visitante número: 101.101 (podédelo ver abaixo de todo, nun recadriño amarelo)

E diredes vós... e como sei eu se o que me avise (mandándome un correo a carpediemsempre@hotmail.com) é ou non é realmente o visitante número 101.101?? pois non, non o podo saber. Podería decir que se fixese unha captura de pantalla ou algo así... pero sei que non é necesario, fíome plenamente da bondade dos meus benqueridos lectores :)

Unha aperta forte a todos!!!