viernes, 31 de diciembre de 2010

De traxe e corbata dicímosvos: Feliz ano e Boa/s Onda/s!!

Feliz ano a todos os que de vez en cando pasades por aquí!!

Hoxe non puidemos faltar a nosa cita surfeira en fin de ano. Esta vez tocoulle a Nemiña e con dous bos amigos, neosurfers e compañeiros de traballo.

IMG_0427

Que o 2011 veña cargado de boas experiencias, de sorrisos, de miradas, de sensacións, de forza de vontade, ilusión, adrenalina, ganas, familia, boas ondas, traballo, música, motivación, saúde, gargalladas, festa, boas vibracións, sexo, optimismo, deporte, familia, chistes, apertas, bicos e..... ah!! amor, claro :)

Apertas e boa onda ;)

lunes, 27 de diciembre de 2010

O baño de hoxe en Rostro

Hoxe dirixíame a pegarme un baño solitario en Rostro...
De camiño cruceime cuns amigos que comezaron comigo a surfear este inverno e xa teñen o veneno máis metido no corpo que eu que sei. Andaban vagabundeando como drogadictos en busca da súa dose cos seus novos longboards na baca do coche.

Ao final acabámolos 3 en Rosro e cando xa decidíramos botarnos, aparece Brais. Este rapaz cada día anda mellor. Cousa boa. Así a ver se se nos pega aos máis patosos algo del e máis do portugués.

Sabedes cando tédelo día especialmente tonto/torpe no que non vos sae nada. Bueno, pois hoxe tiven un. Serían os 4 kilos de tortilla que me zampei antes? será simplemente a miña simple e pura paquetancia? (sustantivación do adxectivo "paquete") Deixarémoslle o caso a "malder" e "escali"

Bueno, imos con algunha fotiño que é o que interesa non?
Que vai pasar aquí?...
eu
-Que esa sección cae e a paso entubando coas mans tocando o labio por dentro e saio escupido por un sifonazo da ola?....uiissshh casi
-Que me meto de pleno no tubiño que viña rompendo de frente a lo kamikaze total? correct...


Aquí temos a Brais


cut

Agarimosos agradecementos a María por sacar as fotos dende terra a pesar do frío e dos case 3 kg de cámara.

Ah! e noraboa a Toño por sus bowlings... aínda que sexa remontar co tablón un día como hoxe sen ter sequera uns 30 días de surf no lombo, tenche bastante mérito.

Bicoloos!!

martes, 21 de diciembre de 2010

Fotos presentadas no maratón...

...fotográfico de Camariñas.

Debido ao pouco que actualizo últimamente, non vos costará atopar a entrada na que falaba da miña participación neste concurso (dúas entradas máis abaixo).

A temática estaba relacionada coa igualdade entre homes e mulleres, invisibilidade (con respecto ás desigualdades, inxustizas...) violencia de xénero etc. Un tema bastante trillado e con poucas posibilidades nun día chuvioso. Pero bueno, pasar pasámolo moi ben. E o meu flash tamén o pasou ben facendo puenting sen corda. Así que, todos contentos jeje

4ruben prieto

5ruben prieto

2ruben prieto

1ruben prieto

Esta non a presentei, porque so había que entregar 4, pero non me disgusta. Así que compártoa tamén
3ruben prieto

Bueno, por hoxe nada máis.
Apertas e a pasalo ben!

viernes, 17 de diciembre de 2010

vai de anuncios...

Póñovos en antecedentes... bueno, mellor que o faga Dani jeje.

A rodaxe comezaba o día 27 de novembro, e o día anterior tiña función de teatro (Volpone) con Talía en Riveira. Ao acabar a función, entre desmonte da escenografía, transporte, pasar por Santiago etc... tiña previsto chegar a casa ás 3:30 da noite aproximadamente

O tema é que estábamos a punto de vestirnos para comezar a función a iso das 20:30 cando me chaman da productora e me din:
- Hola Rubén, mañana empezamos el rodaje...
- Seino :) (sorride cando faledes por teléfono porque se nota moito :)
- Tienes que estar en Cariño (cerca de Ortigueira, outra punta de Galicia) a las 07:00 de la mañana...
-...
-... Rubén?...
- :O
- Hola?
-... Coooooooooooomooo?? pero... se tardo 3 horas en chegar dende a miña casa! en canto chegue da función xa teño que marchar para aí! imposible... o sono obrigarame a parar nalgunha estación de servicio a durmir e chego tarde á rodaxe... Non chego nin de coña.

(a transcrición da conversa non é textual, pero máis ou menos)

Ao final, atopamos solución. En canto acabámola función, recollinme e arranquei para Santiago. Alí estábame esperando un taxi para levarme ata Cariño. A iso das 2:30 cheguei ao hotel onde se hospedaba todo o equipo. Durmimos unhas pouquiñas horas, e parriba! a rodar!

Nunca traballara nun proxecto no que se rodase en cine. Por primeira vez escoitábase antes de cada toma iso de: motoreees.... (trrrrrrrrrrrr)... acción!

Durante 3 días de rodaxe nin me acordo de tódolos sitios nos que estivemos. Pero pateámonos Galicia de arriba abaixo: Cariño, Ortigueira, Outariz (Ourense), Razo...

Pasámolo xenial. Houbo tempo para charlas, risas, copas, frio, frío, frrrrrrríiioo e máis frío.
Cando todos estaban abrigados como se estivesen na neve (a cero ou un par de grados) Lucía (a outra actriz) e eu, tíñamos que estar en manga corta e simulando que disfrutábamos de las cálidas temperaturas veraniegas de Galicia, mojándonos disfrutando bajo la lluvia...
Ah! e comendo cubitos de xeo para non botar vaho pola boca. (A min non me funcionaba, tiña que grabar sen respirar) e eu aínda teño o meu texido adiposo, pero Lucía case nos morre alí tesa.

O equipo portouse xenial. Entre toma e toma abalanzábanse sobre nós cubríndonos de mantas e traéndonos cousiñas quentes. É xenial todo o mimo que se nota nas rodaxes.
Sempre se crea un bo rollo tremendo. Porque, aínda que sexan poucos días, son moi intensos. Almorzando, traballando, comendo, ceando, de copas, nos hoteis, moitos tempos mortos de cháchara...
Todo isto fai que, cando días despois, te volves a atopar a algún dos compañeiros... o saúdes cun forte abrazo.



Bueno... pois despois de 3 largos días (catro para eles), rodouse por completo o anuncio (de 45 segundos) no que.... trrrr...sorpresa sorpresaaaa.. apenas se me ve!!!!! jajaja
Teredes que adiviñarme...


Acertástedes, o pelo, os pés, e o brazo eran meus! sodes uns máquinas. Xusto! o coche tamén o conducía eu! matricula de honor para quen o dixo!

Pero bueno, como dixo o outro... "o conto é que che pajen"

En publicidade vou a coller o síndrome do actor desmembrado, xa que nestoutro, que en principio ía a facer de ingeniero, puxéronme de barman. Eu non sei vos, pero a min paréceme unha interpretación maxistral. O pelo fala por si solo xD


Hala, a tomarse a vida con humor amigos!

Apertas fortes para todos!!!

domingo, 5 de diciembre de 2010

Mónica de Camariñas

O 21 de Novembro celebrouse en Camariñas un concurso/maratón fotográfico chamado "implícate" relacionado coa igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
(Un artigo da voz de galicia AQUÍ)

Nunca participara nun evento dese tipo así que decidín inscribirme para ver como era e mais para practicar un dos meus hobbies favoritos: "coñecer moita xente" :)

Antes de ir xa tiña na miña cabeciña algunha foto pensada, e para facelas, contaba coa colaboración dunha boa amiga actriz. Pero no último momento surxíronlle uns contratempos e non puido vir.

Así pois, alí me vexo, xa en Camariñas, en pleno maratón fotográfico (había que pasar alí o día dende as 10 da mañá ata as 20:00 e sacar as fotos nese intervalo de tempo) e sen modelo!

Chamei a Luis Más comentándolle a situación por se coñecía a alguén que puidese estar interesada en ser afotada (déboche unha meu! jeje) e facilitoume o número de Mónica Lista.

Mentres esperaba a que ela chegase, perdín o tempo por alí sacándome fotos aproveitando o mando a distancia por frecuencia de radio que lle collín a cámara.

elojo ti r

De alí a uns minutos chegou ela

moni bn
A Sara Carbonero da Costa da Morte! jaja

Dende aquí quero mandarlle moitos ánimos para que se recupere pronto!! que tivo un accidente en Vimianzo (seguramente oístedes falar del) e está coa pelvis rota. E por suposto tamén a María, a súa acompañante que está máis grave pero recuperándose. Un paquetiño de enerxía positiva para vós!

No concurso tíñamos que entregar catro fotos, pero ao final sobrounos o tempo e puidemos sacar fotos de todo tipo

monica lista

Non poderei colgar as que presentei ata despois do día da entrega de premios (o sábado que ven)

A anécdota negativa do día foi que, estando no Cabo Vilano sacando unha foto, o flash externo que tiña colocado nun trípode propio, decidiu suicidarse tirándose polas pedras abaixo, rebotando como se fose unha saltarina. Que doloorrr!!!!

Un Metz 48 de máis de 200 euros que apenas tiña un par de meses desgraciado por un descuido. Sorprendeume a súa resistencia estructural (puiden recuperalo) e estaba máis ou menos enteiro... pero as pilas, tapa, e reflector saíron voando polo aire, e por dentro ten que ter cousas soltas porque se o axitas, sona máis a sonajero que a flash. Vamos, que non funciona.

Unha vez asimilado que non volvería a estar con nós.... merquei outro

falsh roto
Estou contentísimo con el. Relación calidade precio paréceme boísimo, e iso que aínda non o puiden exprimir de todo por non ter tempo a lelo manual de instruccións :)

Por certo, se o queredes mercar, non vaiades ao Corte Inglés, que está 50 € máis caro que en Foto Artus. Corte inglés- 260€ Foto Artus- 210€

Unha aperta forte!!!
e coidadiño na estrada!