sábado, 29 de enero de 2011

Nemiña, surfeando a contraluz

Normalmente, surfear en Nemiña significa acabar cos ollos ben encarnados.

E non me refiro ao cabreo por haber saltadas de máis nin nada polo estilo (que algunha que outra sempre hai); senon que, como as condicións idóneas de vento para Nemiña son as de vento Nordés, e co nordés soe haber bo tempo, temos sol. Vale, e? Pois que precisamente debido á orientación da praia, o sol ponse polo mar. Xustiño por onde veñen as ondas, e máis no verán.
Resultado? que se queres ver se ven a serie, tes que estar mirando para o sol, coa conseguinte resposta fisiolóxica. Ollos encarnados como tomates.

Recordo que, de adolescente, cando me vían cos ollos encarnadísimos sempre me dicían:
- Eh! fumaches porros!!
- que no, que veño de surfear
- si si xa, agora chámanlle así...

(lei de vida)

Todo isto tamén significa que, a maior parte das veces, as fotos teñen que saír, si ou si, a contraluz.

(Fotos moi boas feitas por Maria Ledo, graciñas! en nada estás mercando cámara xa verás :)
Photobucket
Peroo... e o bonitas que quedan?
Aquí temos a Suso facendo un floater ben bonitiño. Acabaríao? non? si? que máis da. Carpe Diem :)


Aquí está Toño collendo un dos seus mellores paredóns
Photobucket
Recordade que colleu unha táboa por primeira vez en Outubro! ou eu son moi bo profe, ou el moi bo alumno. Ou as dúas cousas claro jaja.

E aquí un descoñecido xirando
Photobucket
(ou é o portugués?)

Hoxe á tarde por alí nos veremos, que hai xente que quere aprender a surfear a golpe de xaneiro! como ten que ser! :)

Apertas!!

martes, 25 de enero de 2011

Ondalongaaaaa!!! :D

Achégase o Ondalonga 2011!!



Paseino tan tan ben o ano pasado, que por nada do mundo me volvo a perder esta quedada.
Por se non liches a crónica que me encargaron escribir os da organización o ano pasado ESTÁ AQUÍ. Se despois de lela non che apetece vir...vaite mirar porque é que non tes sangue no corpo! :)

Dende a WEB OFICIAL informan:

"Fechas provisionales del esperado festival reunión longuera de Galicia, este año las fecha elegidas serán del 12 de febrero al 27 de marzo.( Estas fechas pueden sufrir cambios ya que aun no están confirmadas)

Como el año pasado este primer evento será una manera de reunir a todo aquel que quiera pasar un buen rato con otros longboarders y poder surfear , tal vez, la ola mas larga que se puede surfear por estos lares"

Eu volverei co meu stand de roupa surfcostadamorte e cunha novidade: Pintarei alí un cadro nun lenzo de dous metros (posiblemente un tubo visto dende dentro) e subastarase alí a partir do prezo do lenzo. Admítense "foto-suxerencias" para pintar :)

Apertaaaas!!!

miércoles, 19 de enero de 2011

Casa dos Noche

Video promocional da casa rural dunha amiga feito por amigos :)

CASA DOS NOCHE from Mandeo Records on Vimeo.



Unha casa con encanto. Tanto encanto como ten a caseira (Elena, a que aparece no video). Decorada con gusto e con moitísimo mimo.

Visitade a súa web:
CASA DOS NOCHE

lunes, 17 de enero de 2011

Onte, 4m en Rostro. Misturando surf co audiovisual

Iso era o que marcaba windguru para onte pola mañá. Un día dos longos.

Pola mañá cediño tocou grabar coa luz do mencer un anuncio dun GPS. Supostamente un aparato tan chachi guay que me leva ata a praia máis recóndita para surfear ondas perdidas, alonxadas de toda civilización. Pois ben, diso se trataba. Grabar unha "chegada á praia" grazas ao aparatiño e coa conseguinte surfeada.

Photobucket

Levei ao equipo ata a praia de Rostro primeiro pola súa pureza en canto á ausencia de "ladrillo" e segundo porque co vento sur que zoaba... as ondas serían mellores.

Sabía que ía a ser un baño peleón, pero tiña esperanzas de que estivera algo ordenado. E finalmente non foi así a pesar do que poida parecer na foto. O canal parecía un río dos rápidos con olas cruzadas que viñan por todos lados.

Debido aos tempos de espera, ademais de disfrutalos entre risa e risa co magnífico equipo de Mandeo Records, aproveitei para ir olleando os picos e sacar algunha foto

IMG_1914
O puntiño negro é unha gaivota.
(Ten moito ruído porque ao haber pouca luz tiven que tirar moito da ISO)

Despois de estar un cachazo co traxe posto grabando unhas secuencias en terra(que frrrrío), lanceime á auga a intentar coller algunha.
As ondas xa baixaran un pouquiño de tamaño pero aínda así deume tempo a coller dúas oliñas que me deron a miña dosis de adrenalina para esta semana que ven cargadiña de traballo.

Entre pitos e flautas déronnos ás 3 da tarde. Comimos un churrasquiño e tirei para Estorde onde me estaban esperando os rapaces/a para rematar un curso de surf (a golpe de xaneiro, uns valentes!)

Ah! certo, antes de chegar, paráronme uns señores de verde moi amables. Pedíronme a documentación, permiso de conducir... e dime:
-sabe el motivo de la parada?
-(eu pensaba: porque viña rápido? porque levo dúas tablas de iniciación na baca e 3 dentro do coche? polo sucio e revolto que o teño todo?) respondo: - Non (cunha cara de inocente que ao meu lado o osito de mimosín parecía un asesino en serie)
- Le paro a usted por tener la ITV caducada (e señalándome a pegatina do parabrisas)
- (me caaaagoentodoo! pero como me cazaches así al vuelo? pero como tes tanta vista condenado?.....) Anda! non me dera conta.

Despois de facer a denuncia volveu para o coche e cando ma entregou díxenlle:

"- E si che cambio a multa por un curso de surf?"

Sorriu, palpou as táboas que levaba na baca... e pensei: nada, agora ou me di que si, ou me multa por levar as tablas incorrectamente.

- Das cursos de surf?
- (buah, que me di que si, que me di que si...) Si si, de feito vou agora a traballar...
- (pausa)..... pff... Que che vou a dicir? (con sorriso amable todo hai que dicilo)
- A multa xa está posta verdade?
asentiu coa cabeza e despedímonos coa sensación de que algo bonito puido ter comezado...pero que se quedou en un "ataloguiño, graciñas..." e en 200 euros de multa.


Apertas!!

miércoles, 12 de enero de 2011

1º Mural infantil: O Principiño

Despois de dous días de traballo...


principiño 2

principiño1

...este é o resultado do primeiro mural que me encargan para alguén que aínda non naceu :)

principiño red


Así estaba antes a habitación
antes
simplemente branca.

Os encuadres son un pouco raros porque a habitación era pequeniña e o 18 mm non me deixaba abarcar toda a parede. (Rediosss...necesito un obxectivo angular ou ollo de peixe)
Noraboa a Yoli e Fran pola pequecha/o e graciñas por ser taaaan amables comigo! :)


Apertaaas!!

miércoles, 5 de enero de 2011

Baño de Nemiña 2-1-11

O primeiro día do ano Nemiña estaba intratable. Pero, un día despois, cunha disposición mental e corporal bastante distinta, decidimos volver a intentar pegarnos o primeiro chapuzón do ano.

Por alí estaban todos, ou case todos. Despois de charlar un rato comentando a noite de fin de ano, fomos entrando á auga pouco a pouco...

O tamaño baixara unha animalada comparado coa víspera, e entre barra e barra saía algunha oliña.

Xuntiños para a auga fómonos Dani Toño e eu, os mesmos que despedimos o ano na mesma praia brindando e surfeando (xunto con Antonio e Felipe)

María quedou en terra coa miña cámara e sacounos estas fotos e moitas máis. Moitas graciñaas María!! Permitinme procesalas pero a materia prima é súa. María, agora tócache ir aprendendo co photoshop para cando teñádela cámara! :) Eu tamén tería que aprender que boa falta me fai.

Durante os cursillos de surf sempre estiramos antes de entrar á auga (e eles agora fano sempre) , pero na vida real cóstame bastante poñelo en práctica. Por iso aquí é aplicable iso de "fai o que digo e non o que fago" :)
nemiña

Aquí Toño, nunha das súas mellores paredes ata o momento, afotado pola moza, visto pola nai e animado polos amigos. Todo un luxo para levar tan pouco tempo surfeando! A min nunca tal me pasou despois de 7 anos surfeando!
nemiña

Aquí Pablo agarrando canto intentando atrapar a parede
nemiña


Marcos, mellorando cada día o seu droopknee
nemiña

Luis Más, Camariñas crew
nemiña

nemiña


Gero, outro "recén" enganchado a este deporte
nemiña

Este son eu, executando unha maniobra que se chama "sacamocos outwave"
nemiña
(á espera de que Álvaro me mande un par de fotos que me cazou jeje)

E Brais, que lle da a todo, non vaia a ser que abra unha sección e poida apañar algún xiro :)
nemiña

Pero desta vez, tocou cerrote. Que por certo, non escaseaban.
nemiña

O próximo baño? nin idea, gracias a dios teño bastante curro e non teño tempo nin pa ca... cabecear un rato.

Apertas a todos e a cumprir os propósitos do novo ano! (eu estouno intentando!)

domingo, 2 de enero de 2011

Nemiña de resaca

O día 1-1-11 medio mundo está de resaca, e Nemiña non ía a ser menos.

Nós achegámonos por alí a ver se podíamos surfear, pero a ela non lle apetecía que lle tocaran as..... olas.

Entre barrote e barrote de vez en cando caía algunha xoia como esta

nemiña de resaca

E Deivis, Tei e eu... non tíñamolo corpo para andar peleando co mar.
Así que... a durmir outro pouco que mañá será outro día ;)

Carpe Diem