domingo, 20 de marzo de 2011

Roubos en Mar de fóra

Coidadiño!

Ao meu amigo Brais rompéronlle un cristal do coche en Mar de Fóra para roubar. Sorte que só lle colleron o móbil e non tiña táboas nin nada de valor...

E onte parece ser que a un rapaz de coruña tamén lle entraron no coche para roubarlle unha carteira na mesma praia.

Vai a haber que andar con coidadiño.... que rabia.

Por outra banda... ao amigo Fran roubáronlle do seu garaxe en Vigo as súas dúas táboas de surf

Photobucket

Photobucket

Photobucket



Se alguén ve nalgunha web ou tenda de segunda man estas táboas que se poña en contacto. Fran, se queres deixa nun comentario o teu mail por se queres que se poñan en contacto contigo en caso de que aparezan.
Síntoo moito Fran, imaxino o que ten que fastidiar

Apertas!

domingo, 13 de marzo de 2011

BAÑAZO

Por se queres escoitar mentres...
(vale a pena)


Os "bañazos" son moi relativos.

Cando alguén di que en tal praia ou en tal outra houbo un "bañazo"... normalmente tratas de calcular as ondas que te perdiches facendo unha media entre: as olas que cres realmente que houbo en función das condicións meteorolóxicas e a fiabilidade do emisor.

Con isto non quero dicir que haxa "emisores" pouco fiables (que tamén), pero o que para unha persoa é un bañazo, para outros pode ser un baño mediocre. Eu penso que isto en parte vese influenciado polo nivel do surfista, xa que como ben di o refrán "cada un conta da feira como lle foi nela" e o que ten bo nivel disfruta ata na onda máis mediocre.
Debe de ser por isto que son moi poucos os baños que califico desta maneira :)

Por outro lado, agora que o penso, hai moitos "pros" que se volven uns inconformistas e quéixanse de vicio cando teñen olas decentes pero non lles da para entubar ou para facer aéreos (teño escoitado a algún berrando na ola, ou máis ben, berrándolle á ola), e hai moitos que se inician no deporte que con calquer espumiña se van para casa máis felices que ninguén...polo tanto, o argumento citado anteriormente perde todo o sentido e podería eliminar estes dous parágrafos dun plumazo que a entrada quedaría exactamente igual. E ti non terías perdido dous minutos. Pero a vida éche así de dura amijiño xD

Conclusión? pois que hai que facer un esforzo e intentar ser obxectivos.

Obxectivamente, para min este foi un bo baño:

IMG_5035

IMG_5036

IMG_5037
(Son eu intentando pillarlle o punto ao longboard. María graciñas pola secuencia!!)

Nun baño así estás agradecendo aos deuses ese regalo da natureza, pero dona Felicidade non é capaz de calar á señorita Avaricia cando a condenada comenta: Dios, se estivera un pelín máis grande sería un BAÑAZO!

E de alí a uns días chega isto
dereitolo

Dereitaza para un lado e esquerda para o outro

IMG_8875

IMG_8876

IMG_8877

IMG_8878


IMG_8879


IMG_8880

IMG_8881

Tubo do portugués que se marcou en canto collín a cámara namais chegar. Como comprenderás, non aguantei un minuto máis coa cámara. As miñas pernas case me deixan atrás cando marcharon correndo a vestirse o traxe de neopreno para non perderse nin unha soa serie.

Na auga éramos tres e case nunca coincidíamos no pico. Sempre había unha ola que desexaba transportarnos ao ceo. E nós, encantados de deixarnos levar, por suposto.

Apertas!
felicidade e paz para todos :)