viernes, 2 de septiembre de 2011

Rematando un peeaaso de verán...

Boas de novo!

Por aquí andamos despois deste mesiño de agosto pasado por auga. E non o digo polas chuvias, que tamén, (as plantas tamén teñen dereito a hidratarse, pensemos nelas), senon pola cantidade de persoas que este verán se animaron a aprender a facer surf, e por todas esas horas que pasamos na auga.

escola surf costa da morte

Uns repetiron de anos pasados, unha gran maioría comezaron de cero e algúns viñan de experimentar este deporte noutras escolas... en total unhas 55 persoas que cataron as ondiñas que a Costa da Morte nos foi regalando aos pouquiños.

Aprendimos en Mar de fóra, Carnota, Area Maior, Nemiña e Rostro. Ao non depender dun local fixo instalado na praia, collía a peaso furgo
_MG_7580
(amigos... o meu prietomóbil, prietomóbil... amigos)

e quedaba cos alumnos na praia escollida...Alí onde as condicións fosen as mellores para iniciar aos rapaces. Bueno, rapaces e non tan rapaces, porque este verán tiven alumnos dende os 7 anos ata os 54, pasando por moito adolescente e por algunhas chicas majísimas que tamén rozaban a cincuentena

_MG_8303
(Aquí Chelo e Victoria, dúas delas)

Un verán moi bonito, onde coñecín a unhas persoas estupendísimas, moito mar, moito surf, kayak, paseos, campamento de viveiro, windsurf, zodiac, xogos, veladas, rapazada, festas, furgoneteo para aquí e para alá, tamén bastante burocracia, amigos, mostra de teatro de Cee, pero sobretodo boa enerxía.

Ademais, a nivel interpretación tiven bastante sorte, porque ao acabar a rodaxe de Vilamor (a de hippies comuneiros), funme de campamento a Viveiro (que esto merécese outra entrada), pero en canto acabei o campa, o día seguinte funme a pontevedra a gravar unha curta; despois en agosto tivemos función de teatro con Volpone en Cee, e agora que estou acabando cos cursos de surf teño unha convocatoria para un micromicropapeliño na película de Jose Luis Cuerda ("Todo es silencio") e o 18 arrancamos a rodaxe dunha película na que estou como protagonista!! E incluso ao acabar a rodaxe da peli pode que teña algo máis pero isto xa o confirmarei cando poida confirmalo.

Vamos, que entre todo esto, as novas amizades, a furgo, e todo... pff, vamos, que estou que non cago, falando en plata.

Quero mandarlle unha apertaza tremenda a todos os que, por pouquiño tempo que pasárades comigo, formástedes parte do meu verán.