martes, 12 de junio de 2012

SURF COSTA DA MORTE

Moi boas a todos!!

 Quero presentarvos o novo proxecto no que me embarco!

 Trátase de unha especie de surfcamp pensado para todo tipo de público. Moitos dos que pasábades por aquí saberíades que me dedicaba a dar cursos de surf todo o ano. Pois ben, vista e estudiada a clientela que tiven ata o momento, (familias, pandillas, pais con fillos e primos e amigos dos fillos...) vin que non había no mercado un formato de actividades de verán que estivese enfocada para menores e maiores, mulleres e homes, vellos e nenos... vamos, todos xuntiños en familia.

 Resultaba moi difícil pensar nun tipo de aloxamento "bonito y barato" para aloxalos a todos. Unha pandilla de amigos ou unha parella non teñen porque desexar compartir habitacións con literas con outra xente como na maioría dos surfcamps.
Por iso me currei uns convenios con distintos tipos de aloxamentos de toda a zona para que os meus clientes poidan escoller onde durmir a un precio súpercompetitivo.

 Ofrezo principalmente un curso de surf de catro días (o que xa viña ofrecendo ata o momento), máis un paquete de actividades. Pódese coller o surf (115€), as actividades (150€), ou o surf+actividades (225€). Que son respectivamente os módulos SURF, COSTADAMORTE, e SURFCOSTADAMORTE. E ademáis, os descontos en tódolos aloxamentos que aparecen AQUÍ por ser un dos nosos.

 A WEB É: WWW.SURFCOSTADAMORTE.COM e está feita e deseñada polo GRANDÍSIMO CARLOS LORENZO de www.adesgana.com ao igual que o logo da empresa.





Espero que vos guste!!!!

 Unha aperta forte e saúdos á familia!

Ru