miércoles, 6 de noviembre de 2013

Presentación da miña web www.rubenprieto.com

Moi boas!

Pois resulta que hoxe atopeime cun amigo pola rúa e pegoume un tironciño de orellas por ter o blog tan abandonado; que llo ensinaba ás veces aos seus alumnos e un deles dixo "Ei profe, pero esa última entrada é moi antiga!" jajaja, así que hoxe díxenme "e qué poño?".

 Pasaron tantas cousas tan importantes que un non sabe por onde empezar, que non me casei nin teño fillos eh, pero quitando iso... viaxes potentes, proxectos novos, infinidade de sesións cunha rapaza moi juapa que ven sendo a miña moza. En fin, que decidín, para comezar, ensinarvos o meu otro "proxecto web" que me levou moito tempiño facer e que irá gañando cousiñas pouco a pouco. Trátase dunha web que reúne tódalas cousas nas que traballo dunha forma máis ou menos ordenada a pesar do distintas que son unhas das outras:
www.rubenprieto.com

Pantallazo do "hall" de entrada. Se clickades na bandeiriña galega na esquina inferior dereita teredes toda a web en galego

Deseñei un logo inspirado na miña firma, un logo que se puidese "disfrazar" para as diferentes disciplinas. O primeiro conflicto que me atopei á hora de facela foi dar na mesma páxina a imaxe de seriedade que debe dar unha empresa de servicios de imaxes aéreas, a frescura dunha páxina de surf, mostrar videos de murais, con cadros, fotografías de traballos en documentais, e ofrecer cursos sin que parecese un batuburrillo de moito coidao.

Recomendábanme que fixera unha páxina distinta para cada cousa, pero se xa non teño tempo para facer todo o que teño que facer, e atender un blog... imaxina se ademáis teño 6 páxinas diferentes a maiores. Un caos. Así que fixen como un "hall" de entrada, e aí como 6 páxinas independentes pero cun mismo estilo, na mesma liña estética e podendo ir de unha a outra facilmente, clickando no logo simple.

Así temos a subpáxina de fotografía...




A de actor...


...e así todas.

Tamén unha sección de "about me" que deberedes atopar (non está difícil) que vos acabará redireccionando a este blog, pois aquí hai máis sobre min que en calquer outro lado.

En fin, espero que vos guste! 

Unha aperta forte

pd. Un saúdo aos alumnos de Iván do instituto de Fisterra, a ver se nos vemos a final de curso ;)


4 comentarios:

Fran dijo...

Que tal Ruben!
Alegrome de ver que fiseches caso dos rapazes. Vexo que un tren ha volto a pasar pola vella estación...jeje Ainda que non actualizes o blog este sempre estara entre os meus favoritos, como te comentei foi culpa tua que me picase o gusanillo e me animase a facer o meu. Celebro que as cousas esten ben, o mereces. Anduve un pouca pola tua web e gustame, sinxela e atractiva.
Pois nada, xa iremos sabendo de ti, unha aperta!
Pd.- O dos fillos dalle tempo...

PATT dijo...

de parte de unha alumna do instituto de fisterra (que veño sendo eu,Patricia) mandoche un saudo e unha aperta :-D

Rubén Prieto dijo...

Moitas gracias Fran! Seguidor fiel coma poucos! Que gustazo :) pois outro tren que pasou jeje. Unha aperta forte!!

Rubén Prieto dijo...

Jaja outra aperta Patricia!