sábado, 4 de enero de 2014

Séguriño! séguriño!

Olaaa!

que tal? todo ben? a familia? por certo FELIZ ANO!! :D

Non sei se recordades a cancionciña que botaban no Xabarín Club, pero se non o recordades aquí vai.

Isto ven a conto dunha anécdota que sucedeu hoxe e que seguramente pase en numerosas ocasións.

Resulta que hoxe surfeamos unha ola que rompe unha vez cada 3 (ou máis) anos. Precisa unhas condicións de mar, vento e marea que moi poucas veces se dan. De feito só a vin FUNCIONANDO AO 100%  unha vez en toda a miña vida... e hoxe que prometía... estaba ao 35% do seu potencial.

Ao tema! que me lío:

Saíamos da auga, aínda con restos de adrenalina correndo polas veas, e buscábamos o sitio para saír da auga polas pedras sen ser triturados por unha serie. Uns amigos decidiron ir polo "camiño corto" cara onde tíñamolos coches pero as olas rompían con forza nas pedras e non me parecía a mellor opción. Recomendeilles que me seguiran por un sitio máis abrigado do mar de fondo a pesar de ter que cruzar un monte de toxos e silvas... pero non me fixeron caso.

Un dos amigos, tras subirse a unha das rochas, quitouse as aletas créndose a salvo e veu unha ola que o asustou, e a seguinte que o merendou. Agarrouse moi forte a unha rocha pero tirón que lle pegou a táboa de body dislocoulle o hombro e quedou con cortes nos dedos. Trala serie puido sair sen demasiado problema pero o susto non llo quitou ninguén (media hora despois aínda temblaba jeje)

Está claro que nestes deportes sempre hai un factor risco, e se un sempre se pon no peor, non sae nin da casa... pero os riscos evitables é mellor evitalos. (Sempre e cando non supoñan unha diminución considerable no disfrute jeje)

A saída por ese sitio era posible sempre e cando "non haxa fallo". Pero se o hai... ten que seguir sendo posible. Non quero imaxinarme eu nesa situación cun pe roto (non sería raro sufrir unha rotura subindo rápido por pedras húmidas que non ves por culpa das olas que as cubren e te empuxan).
É como cruzar correndo a carretera cando ven un coche a toda velocidade:

-Non pasa nada, non hai fallo, dábame tempo de sobra
- Si, pero se tropezases e caeses no medio da carretera, daríalle tempo ao coche a frear?
- Ehmmm...estooo... mi.




No hay comentarios: