miércoles, 14 de mayo de 2014

Estrenando ombro en Nemiña

Moi boas!

Despois de case medio ano en dique seco (húmedo) por unha maldita, agotadora, cansina e inmerecida tendinitis no ombro (subescapular)... tiven permiso oficialmente do fisioterapeuta para ir surfear!

E tal que así me fun directo para auga correndo


Sobretodo ao ver esta dereitiña que de vez en cando nos daba unha alegría aos catro gatos que a disfrutábamos


Boteime coa minisimons porque non todas eran verticais, ademáis, necesito volume ao perder completamente a forma física.

Paseino coma un enano. O día anterior, antonte, salían esquerdiñas, pero entre que eran pequenas, rápidas, que me botei coa shortboard, e o que me pesaban os quiliños que collín de máis, foi un baño un pelín frustrante... pero onte a cara do can de arriba é co que me sinto identificado. Ademáis, bos amigos na auga para compartir as olas e as risas. Que máis se pode pedir!



Ao sair disparei un par de fotos a Brais, que sigue mellorando á velocidade da luz e logo de cháchara ata que asomou a lúa (e o frío)


Agora que collín pisiño en Santiago (gracias ao cal puiden portarme ben e non surfear tan a miúdo), ando co ordenador de mesa dun lado para outro, deixándoo sempre no lugar onde non me fai falta, dificultándome un pouco o traballo (si, seino, xa ando buscando portatil), así que estas fotos que vedes foron procesadas co móvil, unha aplicación chamada snapseed que vai moi ben para as fotos de móvil pero quédase corto nas fotos "grandes" obviamente. Pero mira, máis vale algo que nada.

Ademáis, foi moi guay porque pilleime cámara nova (unha 6D) e permíteme conectarme co móvil a ela por wifi e vou mirando e seleccionando as fotos que quero sen ter que volcar material ningún.

Bueno, non enredo máis
Unha aperta forte e a disfrutar que son dous días!